31 mar 2008



Paisaxes
PAN POR PAN martes 1 abril
Imaxe: linóleum para Terra Brava, de Ánxel Fole, obra de Carlos Maside

“Se a paisaxe non fora como é, a fala galega non sería asina. Tampouco o sería a música do noso pobo. A paisaxe é unha “efusión” que se mete na ialma, sen saber cómo nin por qué. Iste sentimento é unha graza da nosa sensibilidade”, escribiu Fole. Cando se dicía que da paisaxe non se come.Pero hoxe sabemos que si, que da paisaxe tamén se come, porque ten un nidio valor económico. Por iso paréceme ben que Galicia sexa a terceira comunidade, por tras de Valencia e Cataluña, que saque adiante unha Lei da Paisaxe, como anunciou o presidente da Xunta. Que recoñeza o seu valor xurídico e catalogue e delimite os principais valores de cada área. Engaden os xeógrafos que a lei queda curta ó non ir de man do ordenamento e que pode que non se cumpra. Pois haberá que esixilo. E reclamar os medios necesarios para que poidamos traspasar ós noso fillos esa riqueza de noso.

2 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

GALICIA HOXE 3 ABRIL
A paisaxe nunha lei
MARCOS VALCÁRCEL
"Se a paisaxe non fora como é, a fala galega non sería asina. Tampouco o sería a música do noso pobo. A paisaxe é unha ‘efusión’ que se mete na ialma, sen saber cómo nin por qué. Iste sentimento é unha graza da nosa sensibilidade", escribiu Fole. Cando se dicía que da paisaxe non se come: creo que iso dicía un poema de Manuel María comparando as miradas sobre a natureza do turista e do campesiño. E o gran don Ramón pensou toda unha teoría da paisaxe, pero na prensa de dereitas dos anos 30 dicían del que era un lírico e non un político.

Pero hoxe sabemos que si, que da paisaxe tamén se come, porque ten un nidio valor económico e diso dan fe técnicos e cargos de Turismo. Por iso, paréceme ben que Galicia sexa a terceira comunidade, por tras de Valencia e Cataluña, que saque adiante unha Lei da paisaxe, como anunciou o presidente da Xunta nestes días. Que recoñeza o seu valor xurídico e catalogue e delimite os principais valores de cada área.

Engaden os xeógrafos, con todo, que a lei queda curta ó non ir de man do ordenamento e que pode que non se cumpra. Pois haberá que esixir ese cumprimento. E tamén reclamar os medios necesarios para que lles poidamos traspasar ós nosos fillos e e ós nosos netos esa riqueza de noso.

Anónimo dijo...

"A paisaxe é fermosa, nefeuto", dicía o poeta.

Pero hoxe apenas queda nin paisaxe nin paisanaxe.