8 mar 2008


UNAMUNO EN OURENSE. O SEU EPISTOLARIO GALEGO

(AS UVAS NA SOLAINA, La Región. 2002)
Saiu o nome de Unamuno nun fío e as súas relacións cos escritores galegos. Iso dáme pé a recuperar este artigo, publicado hai anos en LR, nunha sección que xa se chamaba como este blog: a cousa vén de vello. A foto que encabeza, segundo teño entendido, é do fotógrafo ourensán José Suárez, tomada en Salamanca: creo que hai unha copia na Biblioteca da Deputación de Ourense, que era de Blanco Amor.
"O valor dun xesto": De Unamuno e do seu famoso discurso no paraninfo da Universidade de Salamanca xa falamos nesta casa, en data 15-X-2006).

1. A CERNA DA MEMORIA.
Poucos intelectuais do século XX español xeneraron un interese comparable a don Miguel de Unamuno. A súa extensa obra creativa abrangueu campos moi diversos: desde a lírica e a narrativa ata o xornalismo, o teatro e o ensaio. Faremos agora un breve achegamento ás relacións de Unamuno con Ourense e cos ourensáns.
UNHA VISITA A OURENSE
Hai anos soubemos dunha importante visita de don Miguel de Unamuno a Ourense no xa lonxano ano de 1903, en pleno mes de xuño, para presidir e inaugurar, como orador, un Concurso Pedagóxico, que desde aquela data debía sustituir os brillantes Xogos Florais das Festas do Corpus . Otero Pedrayo dedicou un longo artigo a falar de “Don Miguel de Unamuno en Orense” (“Faro de Vigo”, 4 outubro 1964), polo que coñecemos os principais datos desta viaxe. Para o autor de Trasalba, Unamuno era un prototipo de escritor camiñante: “Muchas veces hemos hablado con don Miguel. Su conversación de estudiante en camino que aprovecha el gozo de la posada, se complacía, a través del juego de los detalles, en el descubrimiento de lo pétreo y esencial en el hombre. Caminantes fueron Baroja, Azorín, Unamuno... Los salvadores, no digamos de España, sí de la pureza del anhelo español. Un innato nomadismo les llevó al descubrimiento, a la invención de valores inmortales”. Unamuno parou no hotel Roma e aproveitou a ocasión para hablar “largo y matizado” con don Marcelo Macías, do que don Ramón gaba unha vez máis as súas cualidades oratorias. O autor de “Arredor de si” describe así ó escritor vasco: “La barba breve y férrea, algo de férreo del tono del hierro vizcaíno en el traje, el chaleco cerrado, el sombrero blando, redondo, un “bersagliere” –así, en el gremio de sombrereros-, más simple. Sombrero semejante gastó don Victor Sai Armesto. En éste agresivo, en don Miguel reconcentrado en cúpula o tapadera de marmita. La cara hace el chapeo y no al revés”. A primeira visita ourensá de Unamuno foi de admiración e respeto a Valentín Lamas Carvajal. Visitouno, un día de chuvia mansa, no seu despacho de “El Eco de Orense”. Encontrouse cun home “envejecido, roto, casi ciego en un lóbrego despacho”. Unamuno recitou uns poemas galegos ante un Lamas emocionado. Comentaría logo sobre aquel día: “Sentí todo el heroísmo y desolación del oficio de escritor en nuestra España”.

2. ARREDOR DE NÓS. UNAMUNO NO LICEO.
A visita a Lamas rematou cando Unamuno escoitou naquela casa uns berros e laios airados, que Lamas atribuiu a “un familiar casi loco”. O intelectual marchou apenado e subiu a rúa de Alba para facer outra visita, encargo dun amigo, nunha casa da rúa de Santo Domingo. Unamuno foi introducido nun salón de grandes sillóns e araña de cristal velada, pero non encontrou á señora que ía buscar. A cambio apareceu “un señor pulcro, de babuchas suaves, gorrita de seda” que de súpeto se puxo a exclamar “No, no podrán nada contra mí, ni los pochos ni los childreros, con todas sus maquinaciones y el oro de la pérfida Albión...”. Don Miguel saiu de alí pensativo, dicindo para si: “He caído en un vasto manicomio”. Así contaba Otero esta anécdota que, segundo informacións que recollimos, debía referirse á casa da poeta Filomena Dato, ausente naquela xornada, que tiña un irmán médico disque algo tolo. O resto da visita foi máis oficial: procesión cívica, inauguración de placas conmemorativas e un acto diante da casa antiga do poeta Alberto García Ferreiro onde falou emocionado Xerardo Álvarez Limeses. Don Miguel formou na comitiva con levita e sombreiro de copa, puntual e enigmático, seguido de alumnos do Instituto que comentaban ironía sobre a súa raída indumentaria. No Liceo conversou con Salvador Padilla, con Eduardo Moreno e co xornalista Nomdedeu e impresionou ós tertulianos que tiveron a sorte de compartir aquela xornada.

3. O ALENTO DO COTIÁN. UN VIZOSO EPISTOLARIO.
Aquela visita a Ourense do ano 1903 foi organizada por Salvador Padilla de Vicente, un granadino que era catedrático de Latín e director do Instituto de Ensino Medio. Colaborou tamén nas xestións Juan Marina Muñoz, amigo e condiscípulo de Unamuno, que estivo naquel ano como profesor no Instituto ourensán. As cartas de ámbolos dous a Unamuno están recollidas por Alexandre Rodríguez Guerra nun valioso “Epistolario galego de Miguel de Unamuno” publicado polo Centro Ramón Piñeiro (2000). Por elas sabemos que unha comisión foi buscar a Unamuno ata Astorga e tamén que o Concurso Pedagóxico non foi un éxito de convocatoria, pois houbo varias categorías desertas. Unamuno recibiu cartas dun total de 208 autores galegos, moitas de gran interese. Por exemplo, Alfonso Pazos escríbelle en 1928 para ofrecerlle a presidencia honoraria da Juventud Republicana da cidade, cando era presidente da mesma (era secretario Mesa Villar) e xefe de redacción de “La República”. Con gran admiración escribiulle tamén Manuel Curros Vázquez, fillo do poeta de Celanova, quen por certo foi citado máis dunha vez nos discursos de Unamuno, mesmo lendo os seus versos. Outras epístolas son de Neira Cancela, Nan de Allariz, Mario Canda, Benito Fernández Alonso ou Primitivo Rodríguez Sanjurjo, moitas veces para enviarlle libros; por certo, este último, amosa o seu desasosego coa visión valleinclanesca de Galiza popularizada no resto de España. Carlos Velo pídelle axuda económica en nome da Unión Federal de Estudiantes Hispanos para un estudiante cubano exiliado en España. Escriben tamén Otero Pedrayo e Blanco Amor, este mándalle copia dun discurso e pídelle un seu retrato para “ocupar un puesto de honor en mi cuarto de estudio”. Do círculo blancoamoriano, diríxense con certa frecuencia ó creador de “San Manuel Bueno, mártir”, poetas como Xavier Bóveda e Francisco Luís Bernárdez; este último relaciona o existencialismo unamuniano coa obra, entón moi popular, de Berdiaeff (tan importante en Otero Pedrayo). De Xavier Bóveda é unha carta abraiante denunciando que Ourense vive “todavía bajo el peso de Torquemada”, a propósito dun suceso polo que un seu irmán, menor de idade, estivo atado e humillado na Catedral por roubar o cepillo das Ánimas, segundo el para “deshonrar así mi querido nombre de intelectual izquierdista”. Outras citas habituais no correo unamuniano foron Roberto Blanco Torres, que escribe desde o seu desterro en A Peroxa (xa temos sinalado a pegada unamuniana na poesía do autor de Cuntis) e o filósofo Eloy Luís André, do que se conservan ata 36 cartas entre 1898 e 1915, de gran interese ideolóxico.

4. PERSONAXES. SOBRE O IDIOMA.
Tiña tamén Unamuno na súa biblioteca un bo mangado de libros de autores galegos (uns 80). A maioría dos citados mandábanlle os seus poemas e ensaios e así podería ler (anque non hai constancia de que o fixese) títulos como “Montaña de Orense” (1905), de Neira Cancela, ou “Las mesetas ideales” (1912), de Rodríguez Sanjurjo. As súas colaboracións aparecían de cando en vez en “La Zarpa”, como tamén as doutros escritores republicanos españois, e todos admiraban o compromiso intelectual e social do creador de “Nívola”. Pero había un punto de fricción, cando menos cos escritores máis galeguistas: a posición de Unamuno arredor do idioma galego e, en xeral, dos idiomas periféricos. Desde moi cedo Unamuno escribiu contra os desexos de recuperación do vasco, ó que consideraba unha reliquia que só merecía ser enterrada. Cando Unamuno chega ó Parlamento da Segunda República, empuxado polo seu prestixio como referente contra a dictadura de Primo de Rivera, un dos seus temas habituais na Cámara é a súa oposición ós dereitos legais destes idiomas, e por este tema polemizou alí con Castelao e con Otero Pedrayo. Unamuno opúxose á cooficialidade da lingua catalana nun famoso discurso de xuño de 1932, aínda que si votou a favor da aprobación do Estatuto de Cataluña.
Moi recentemente vén de publicarse “Miguel de Unamuno e a lingua galega” (tresCtres), onde Alexandre Rodríguez Guerra fai un exhaustivo percorrido polos textos, abundantes pero dispersos, nos que o escritor fai referencia ás súas posicións arredor do idioma galego, a historia desta lingua, a onomástica ou a dialectoloxía, entre moitos outros aspectos. O galego, dicía Unamuno, era unha lingua melancólica e doce, pero non o consideraba unha lingua de cultura nin merecía ser lingua oficial. É evidente que os prexuízos nacionais poden perturbar as mentes máis sensatas e tamén Unamuno podía equivocarse ó respecto.

19 comentarios:

Anónimo dijo...

Ve, señor Swann? Xa ten un par de libros para agasallar ao seu colega, ese que é tan lúcido.

Anónimo dijo...

Alexandre, grande colega meu. Xa lle pedirei que ilumine estas uvas.

Anónimo dijo...

http://www.segundarepublica.com/index.php?id=57&opcion=7

Unamuno (nun debate sobre a co-oficialidade das linguas "rexionais" na Constitución republicana:

"Yo confieso que no veo muy claro lo de la cooficialidad, pero hay que transigir."

Moi lucido/lúcido o sr. Unamuno, si señor.

Anónimo dijo...

Non llos regale, Swann. Total para qué, se o seu colega xa o sabe todo.

Anónimo dijo...

Prefiro regalar as obras completas (ensaio) da "Generación del 98". Moi estimulantes.

Xosé Manuel Carreira dijo...

Nunca gostei de Unamuno, e especialmente polo seu pouco respeito pola ciencia e a tecnoloxía:
"¿Que ellos inventan cosas? ¡Invéntenlas! La luz eléctrica alumbra aquí tan bien como donde se inventó" Carta a Ortega.

Anónimo dijo...

NãO BEM A CONTA, DESCULPAS, MAS E UMA OPINIãO DUM BLOG (CRITICO) PORGTUGUÊS E PARECE-ME QUE AQUI HOUVER ALGO ..."Os professores perdem autoridade e, para mascarar as estatísticas, são obrigados a passar quase todos os alunos. Se não o fazem hoje têm de apresentar justificações intermináveis e sujeitar-se a sanções. Se não o fizerem no futuro serão penalizados nas avaliações que se aproximam podendo vir a ser despedidos.
Não sei se o leitor entrou numa escola e viu as instalações dos professores: geralmente estão amontoados numa sala comum, com umas mesas e cadeiras, aí têm de ver testes, preparar aulas, estudar e estar de plantão esperando por uma aula de substituição.
As instalações são, na esmagadora maioria dos casos, deprimentes, frias, sem aquecimento no Inverno e sem ar condicionado no Verão, os professores não dispõem de computadores ou de postos de trtabalho. Uma miserável secretária onde coloquem os livros ou pastas é um luxo inacessível e um gabinete de trabalho para os docentes é um mito impossível.
Os professores são sujeitos a pressões constantes do ministério e das múltiplas direcções regionais, não para ensinar melhor, mas para passar os meninos e melhorar as estatísticas. Os professores não são motivados para realizar actividades com os alunos, isso custa dinheiro e dinheiro é tudo o que não se pode gastar.
Diz assim o governo que o insucesso escolar diminuiu drasticamente, eu, como professor universitário, fora do meio do liceu, eu que tenho gabinete, biblioteca, aquecimento e arrefecimento, computador, secretária e estantes para colocar os livros, afirmo que a diminuição do insucesso é mentira, uma descarada e redonda mentira.
Para mim o sucesso é o conhecimento, é a cultura, é a esperança numa educação que, mais do que passar no fim do ano, é preparação para o mundo e uma ética de vida. Os números têm descido mas os alunos que me chegam todos os anos à Universidade são, cada ano que passa, pior preparados. Não falo de meia dúzia de alunos: falo de centenas ou mesmo milhares que passam pela minha cadeira no Instituto Superior Técnico onde tenho, mesmo assim, a sorte de ter os melhores alunos do país. E acuso: acuso estes governantes de mentirem. Mentem ao país, aos pais, aos estudantes e à Europa, ao mascararem os números do insucesso forçando aprovações em massa de alunos que nada sabem. O pior nem é serem tacanhos, mesquinhos, punitivos, persecutórios, o pior é que se andam a enganar a eles próprios e a destruir uma geração com um facilitismo irreal.
Educação não é burocratização e punição. Educação é, sobretudo, motivação e ética. Educar é uma tarefa elevadíssima em que o menor dos bens é o conhecimento puro. Educar é formar cidadãos e essa é a menor das preocupações dos governantes de hoje. E é tão simples: bastaria começar por dar bons exemplos"

Anónimo dijo...

Pois rematei de ler todo o discurso de Unamuno no Congreso máis o enlace " O vasco Unamuno" de outro fío e teño que concluír que o conspicuo intelectual do 98 tiña, en realidade, unha empanada mental de moito carallo. Ou póde que o paso do tempo nono favoreza !.

Anónimo dijo...

Qué pensaba Unamuno sobre as linguas do Estado?:

-Como funcionario de la República , del Estado entonces , yo no admito que se me dirijan en catalán . (...) Si en un tiempo hubo aquello , que indudablemente era algo más que grosero , de "hable usted en cristiano" , ahora puede ser a la inversa ; "¿ No sabe usted catalán ? Apréndalo , y si no , no intente gobernarnos aquí .
Miguel de Unamuno , Diario de sesiones de las Cortes Constituyentes , núm. 188 , pàg. 6414 , 23 de juny de 1932

-Si el Estado no impusiera el castellano en toda España , los dialectos se impondrían al castellano .
Declaracions de Miguel de Unamuno al diari «El Mundo» , 1907

-Se me quejaba un alemán en Barcelona de que los comercios le contestaran en catalán : tenía razón de quejarse ; el catalán será en Cataluña la lengua doméstica para hablar en casa , pero para hablar a un extranjero hay que hablarle en español , que es una lengua internacional .
Declaracions de Miguel de Unamuno al diari «El Mundo» , 1907

Otros puntos de vista interesantes:


El abandono del castellano por los pueblos de la Península es quizá el síntoma más grave de la vesania separatista que padecen todos , a comenzar por Portugal .
Salvador de Madariaga , «España . Ensayo de historia contemporánea» , pàg. 247 ,  1931


-Si esa psicología rencorosa fuese general , si el ensimismado exclusivismo del genial Prat de la Riba fuera a seguir de moda mucho tiempo , no habría sinó que inclinarse y decir tristemente adiós cuanto antes a esos hermanos que reniegan la fraternidad . (...) ¡ Que grave deformidad vendría en el cuerpo de España ! La que simpre fue una nación se convertiría en un simple Estado ; compartimientos estancos , nacioncillas aisladas , cultivadoras del hecho diferencial .
Ramón Menéndez Pidal ,  Revista «La conquista del Estado» , 3 d'octubre de 1931


-Los catalanes han tenido la habilidad de lanzar el sambenito de judíos a los demás españoles , cuando precisamente los judíos son ellos . (...) El aspecto , las aptitudes , la classe de arte que se hace en Cataluña ; todo tiene carácter marcadamente semita .
Pío Baroja , 1907


-A todos los españoles suele indignarnos mucho el que los catalanes hablen catalán . Hay algo , sin embargo , que nos indigna más todavía , y es el que hablen castellano . Pasamos el acento gallego , pasamos la sintaxis vascongada , lo pasamos todo , pero este dejo especial de los catalanes lo tomamos casi como una ofensa . No concebimos que pueda decirse nada espiritual con acento catalán , nada amable ni nada galante . El catalán , por razón de su acento , está incapacitado para la mayoría de las cosas en cuanto sale de Cataluña .
Julio Camba , Diari «ABC» , 24 de juliol de 1917

-Castilla no ha impuesto su lengua - la lengua de España central . El castellano ha triunfado por la superioridad de sus grandes escritores frente a los de las otras regiones .
Claudio Sánchez Albornoz , 1918

-Porque no se le de vueltas : España es una cosa hecha por Castilla , y hay razones para ir sospechando que , en general , sólo cabezas castellanas tiene órganos adecuados para percibir el gran problema de la España integral .
José Ortega y Gasset , «España invertebrada» , 1920

-Desde un principio se advierte que Castilla sabe mandar . No hay más que ver la energía con que acierta a mandarse a sí misma . Ser emperador de sí mismo es la primera condición para imperar a los demás .
José Ortega y Gasset , «España invertebrada» , 1920

-De aquellos que dicen ser gallegos , catalanes , vascos ... antes que españoles , desconfiad siempre . Suelen ser españoles incompletos , insuficientes , de quienes nada grande puede esperarse .
Antonio Machado , «Apuntes y recuerdos de Juan de Mairena» , pàg. 7 , juny del 1937

-¡ Hay que decir español y no castellano ! El español es la lengua de todos . Se ha transformado ya en la lengua de España [...] Haré todo lo posible para evitar que se destruya la unidad nacional [...] Porque Cataluña fue ocupada por Felipe IV , fue ocupada por Felipe V , que la venció , fue bombardeada por el general Espartero , que era un general revolucionario , y la ocupamos en 1939 y ya estamos dispuestos a ocuparla tantas veces como sea necesario y para ello estoy dispuesto a coger el fusil de nuevo . Por consiguiente , ya saben ustedes a que atenerse , y aquí tengo el mosquetón para volverlo a utilizar .
Manuel Fraga , 1967

Anónimo dijo...

Eh, oiga, que se lle colaron outras citas que non son de Unamuno!

É o malo que ten o de copiar e colar da rede sen ter lido o se que copia e cola.

Anónimo dijo...

Se vde lera ben vería a seguinte frase:
"Otros puntos de vista interesantes". Pero vde nono viu.
É o malo que tén pretender ser o prebe en todos os pratos , a noiva en todas as vodas e ate o morto en todos os velorios.
A maior parte das veces dando o coñazo, por certo.

Marcos Valcárcel López dijo...

Por certo, saben que Unamuno tivo unha filla casada cun anarquista galego? Máis tarde separáronse e el foi para Costa Rica onde volveu casar. Trátase do xornalista Néstor Mourelo Vila que fundou dous xornais anarquistas en C. R.
Oxímoro
(Comentario trasladado dende outro fío)

Anónimo dijo...

Lin, señor colgador de citas, si que lin esa frase "Otros puntos de vista interesantes".

Pero como estaba en castelán deducín que non era súa a frase. Pero se é súa felicítoo por ser un exemplar único de bilingüísta harmonioso: unha fraseciña en galego ("Qué pensaba Unamuno sobre as linguas do Estado?"), outra fraseciña en castelán ("Otros puntos de vista interesantes"), ...

Un caso digno de estudo o seu.

Anónimo dijo...

É imposible entrar neste blog para tratar calquera tema (trascendente ou intrascendente) e non acabar enleado nunha loita dialético-pataqueira co señor Apicultor. Xa cansa.
Se considera que todo aquel que entra neste sitio ( asinando como anónimo, nomeadamente ) forma parte dunha conspiración universal contra vostede ou , simplemente , merece unha resposta impertinente pola súa parte, tén vde un grave problema.

Anónimo dijo...

Home, se vostede entende que o simple copiado e colado dun listado, xa feito de citas (descontextualizadas) e tirado da rede, é tratar cun mínimo de seriedade un tema, ten desde logo unha noción moi peculiar do que é tratar un tema. Para min iso é pueril.

Verbo da segunda parte, non proxecte sobre os demais. Deixese de infantilismos, please, que aquí algúns xa somos maiorciños.

Ala, veña, reláxese...

Anónimo dijo...

Eu creo que a Unamuno lle falta pouco para chegar a ocupar na historia da cultura e da literatura española un papel tan relevante como o de Campoamor ou o de Joaquín Costa. A min case me interesa máis Ramiro de Maeztu, que xa é dicir...

Anónimo dijo...

Eu, que me mordín a lingua neste post á vista da defensa unamuniana, sinto non escribir antes as palabras de Leituga, agás a referencia dese Maeztu que o único bó que fixo foi darlle nome ao mítico Instituto do Estudiantes.

Anónimo dijo...

España ten pendente unha revisión a fondo da súa historia intelectual. Algo se vai facendo xa, pero aínda queda moito.

Anónimo dijo...

Eloy Luis André, Españolismo, Galleguismo, Imprenta Murillo, 1931