Conversas contemporáneas (e 3): serie de entrevistas de MANUEL VIDAL VILLAVERDE en Galicia Hoxe 5 maio. Marcos Valcárcel: "O galego debe ser un valor de mercado no mundo globalizado".
Ao teu ver é posíbel un Estado federal español onde caiba Galicia como nación indiscutíbel?
Sería posible e quizais camiñemos cara a iso a medio prazo, pero sempre será un federalismo especial e un tanto asimétrico. E ademais ese camiño depende tanto da vontade das nacións minorizadas (Galicia, Cataluña, Euscadi) como da receptividade do conxunto do Estado e dun corpus ideolóxico dun posible "nacionalismo español" que vexa esa realidade federal como a máis democrática e progresista para o benestar dos cidadáns de todo o Estado.
Entendes, Marcos, que poida haber unha dereita culta e nacionalista?
Podería e debería habela nunha situación normalizada. Pero é difícil: no plano económico as forzas que a poden apoiar están moi suxeitos a intereses extragalegos, en xeral; no plano ideolóxico, terían que encontrar os pensadores e estrategas axeitados e os que hoxe militan na dereita, na súa inmensa maioría militan tamén no nacionalismo español, mesmo na súa versión menos tolerante.
Cal é a túa relación coa poesía, coa narrativa en xeral?
Pois moi agarimosa, porque traballo na miña profesión con textos literarios todos os días e eles son un apoio fundamental tamén no meu xornalismo ou na preparación de conferencias.
Son un lector moi asiduo de poesía, galega e de todo o mundo, e a poesía sitúame nunha sensación de relaxación e ó tempo reflexión intelectual para min só comparable ó que nos agasalla a música. Na narrativa procuro seguir na medida do posible a obra de autores galegos, onde o nivel é moi alto: sigo con maior fidelidade nomes como Casares, Méndez Ferrín, Manuel Rivas, Bieito Iglesias, Xosé Miranda ou Agustín Fernández Paz, entre outros.
Tes oído falar da asociación "Galicia bilingüe"? Cal é a túa opinión con respecto a esta xente que considera que tamén o castelán é tamén outro idioma da nosa Nación?
Eu creo que realmente esta xente, á marxe da súa opción ideolóxica concreta, teñen un gran medo ós cambios. De feito nacen cando o galego está a dar algúns pasiños, tímidos, no plano legal para a súa recuperación como as Galescolas ou a esixencia do noso idioma no ensino. E tampouco cren nunha Galicia Bilingüe pois non propoñen nin aceptan ningún avance nesa liña: o que queren é unha Galicia Monolingüe en castelán, co galego reducido a un uso folclórico, e iso sería un paso atrás evidente na modernización da nosa sociedade. Seguen atados ós vellos complexos diglósicos.
En que obra ou obras estás a traballar agora?
Teño pendente de saída unha breve Historia de Ourense en Xerais para uso escolar e divulgación en xeral e un traballo sobre un empresario ourensán do transporte, realizado en colaboración co historiador Lois Domínguez Castro. Fóra diso e do xornalismo, que me absorbe moito tempo, prepararei de inmediato a serie Cen Anos de Historia Cultural, publicada neste xornal, para editala en libro, ampliada e revisada.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
9 comentarios:
Interesante a entrevista, mesurado e cerebral nas respostas, pero mantén vostede un silencio sospeitoso sobre esta época da súa vida.
época ecura de Marcos Valcarcel
Xa chegou o pelotas.
Dixo o amargado.
Dixo o neuras que dixo...
...que este conto rematou.
A qué empresario ourensán do transporte se refire, se se pode saber, claro?.
amigo XDC: por discreción, prefiro non dicilo agora, pero vaise enterar nun par de semanas ou pouco máis porque esa empresa estará de aniversario...
Pero supoño que se lle pode dicir a XDC que é case seguro que puxo o cu nun dos seus asentos. Verdade?
E sempre me tocaba ao lado dun gordo e porriba da roda.
Publicar un comentario