DEZAOITO EUROS
Andoliña 6 maio
Andoliña 6 maio
Vin esoutro día a película “As mulleres de verdade teñen curvas” (2002), ópera prima da directora colombiana Patricia Cardoso, que fai cine nos Estados Unidos. Unha ben contada historia, interesante, da inmigración sudamericana, que combina a conquista da propia autoestima sobre o seu físico na moza protagonista, e a súa loita polo dereito a un mellor futuro, a través dunha beca para ir acceder á Universidade, mesmo contra as arelas dunha nai castradora.
As mozas sudamericanas, a medio camiño entre as dúas culturas, traballan ata a extenuación nun taller de costura, atafegadas pola calor, e fan fermosos vestidos de deseño ó custe de 18 euros: os mesmos vestidos que se venderán logo nas tendas máis fashion a 600 euros a peza, segundo se afirma na propia cinta.
O mundo é inxusto: alá e aquí. En Galicia tamén se podería rodar unha historia semellante, quizais coas mozas dalgún taller téxtil semiclandestino. Os nosos labregos e gandeiros recollen unha parte moi cativa do que producen: hai outras mans máis cobizosas. Ó cabo, 6 de cada 10 fogares teñen graves problemas económicos. Un de cada catro vive con menos de mil euros ó mes: cóntano os xornais, todos os días.
9 comentarios:
http://blogs.lavozdegalicia.es/globalgalicia/2008/05/05/que-inventen-ellos/
Esa película viña estes días cun periódico,pero non a collín porque o idioma que puña na contracapa era "spanglish".
Enlace directo do anónimo anterior:PREMER.
XDC. Si, a película era un agasallo do público do pasado venres. Pódese ver en inglés con subtítulos e as intervencións en castelán teñen o seu significado, claro.
Unha curiosa película-cinema verité-reportaxe é "Salt of the earth" (1954), que trata a vida dunha comunidade de mineiros composta por inmigrantes mexicanos.
Dirixiuna Herbert J. Biberman, un guionista "roxo" perseguido polo macartismo, e que non quixo delatar aos seus compañeiros do PC americano (ao contrario do que fixeron outros coma Elia Kazan). Non contou co apopio de ningún estudo de Hollywood, así que a maioría dos actores que aparecen non son profesionais.
A película foi un éxito en Franza, pero tivo moitos problemas para ser distribuída nos Estados Unidos.
Agora é de dominio público, así que pódena baixar gratis de
http://www.archive.org/details/salt_of_the_earth
Que xa a vimos hai moitos anos, Voce na Néboa. Non nos descubras mediterráneos, anda.
Ha! Mira, como a raíña de Inglaterra, fala en plural maiestático!
De plural maiestático, nada.
Que xa a vimos (todos) hai moitos anos, Voce na Néboa. Non nos descubras mediterráneos (ós demais), anda.
Pero que melosiño é mi niño!
Publicar un comentario