Leopoldo Calvo Sotelo, despedida en Ribadeo (crónica de Xaime da Pena)
Fora xa do boato da Vila e Corte, chegaron polo mediodía os restos de Leopoldo Calvo Sotelo a Ribadeo.
Repousaron ata as seis nun engalanado Concello de Ribadeo do que é ademais de fillo predilecto, alcalde honorario.
Dicir que Calvo Sotelo tivo relación con Ribadeo, degradaría a paixon que sempre sentiu pola vila. Alí estivo na súa nenez, levou a súa noiva e logo muller a coñecer o rompente do Cantábrico e cos seus fillos no verán foron unha familia que se esperaba, ademais de por ser numerosísima e que non pasaba desapercibida, tamén pola categoría dos invitados e convidados que se caían por Ribadeo por mar e terra. O Rei estivo invitado en varias ocasións na súa casa e sen dubida de aí lle ven o título real de Marques da Ría de Ribadeo, e se non houbo algún Consello de Ministros foi sen dúbida por que era algo lacazán o bo do Leopoldo e prefería a orde de Madrid que a desorde mariñán.
Onte, por tanto a vila que tanto gabou deulle o derradeiro adeus, e verdadeiramente sentido polo que se viu, xa que pecharon practicamente todos os locais comerciais, e congregou as autoridades civís e militares de Galicia, que ollaron como oito membros das diferentes armas do exército portaban sobor dos seus ombreiros o cadaleito cuberto cunha bandeira de España.
Estivo a Xunta ó seu máis alto nivel con Touriño e o Parlamento representado por Dolores Villarino. O Estado polo Delegado de Goberno e tamén a Provincia polo Subdelegado.
Tamén estiveron alcaldes e ex alcaldes, case todos da UCD que logo repetiron no PP, con Alberto Núñez Feijoo a cabeza, e un pequeno grupo de ex-compañeiros de partido. José María Pardo Montero, Antonio Díaz Fuentes, Cándido Sánchez Castiñeiras entre outros.
Celebrou un funeral de corpo presente o Bispo de Mondoñedo na Capela de Santa María do Campo, que se desfixo en citas para xustificar a bonhomía do defunto, namentres un coro de voces brancas axudaba a canta-la misa, na que puidemos ver a Landelino Lavilla, Martín Villa , a ministra Cabrera, e os seus fillos cun aspecto grave e desolado, acompañaban na dor a dona de Calvo Sotelo que se lle notaba que o óbito foi inesperado xa que estaba realmente afectada.
Fixeron posteriormente na intimidade un enterro no Cemiterio municipal, e nós deixamos Ribadeo nunha tarde gris, cas ganas de entonar unha habanera na honra dun bo home, despois dunha pequena tertulia vespertina nunha terraza baixo a Torre dos Moreno.

9 comentarios:
Alguén tería que explicar que "razones de estado" levou a Calvo Sotelo a pactar co PSOE a liquidación da UCD, o ingreso de España na OTAN ("Otan, de entrada no", como moi cucamente disimularon os socialistas) e a LOAPA do café para todos.
Artículo de Valentí Puig en la Tercera de ABC de 4-5-2008
El entonces niño Leopoldo tuvo que escuchar al pasar por el Cantón de Ribadeo, el 18 de julio de 1936: "Mataron a Calvo- Sotelo. ¡FIXERON BEN!". Su tío, Don José Calvo Sotelo, había sido asesinado en Madrid, de dos tiros en la nuca........
Felicidades, don Xaime, por tan fantástica crónica. Moi agradecido.
A casa dos Bustelo ocupa parte non desprezable do casco vello ribadense (silandeira e fermosísimo tecido de rúas e prazas que baixan do Campo da Vila ao mar de Porcillán). É un pazo de forma algo estraña, dificilmente definible pola situación, con saída a varios espazos urbanos e necesariamente salvando encosta.
A casa (chalé, en expresión local) de Calvo Sotelo está en Guimarán, preto de onde se criou Ibáñez, o despois Marqués de Sargadelos. Realizárao nos setenta unha grande empresa da construción (Entrecanales, paréceme, ou igual MZV) e corría especie de que a pedra fora regalada; don Leopoldo fora (anteriormente?) ministro de Obras Públicas.
O falecido pasa por ter sido un dos "descubridores" (ou sexa: imán para visitantes) da Praia das Catedrais, daquela un dificilmente accesible areal que cubría (supoño que segue cubrindo) totalmente a auga en preamar; a pista que pasaba por riba do cantil era de terra.
Hoxe, a praia das Catedrais ten pista asfaltada e é ben concorrida; seguen en Ribadeo o casco vello e Guimarán. Lembra un episodios da gobernación de Calvo Sotelo, e o enfrontamento con Bandrés no Parlamento. En paz estea, fose o que for.
A mi pesar, Filomeno, contestareille: a represión fascista en Ribadeo foi bestial. Algo diso sei. Que lle pregunten, por acaso, ao asasinado (e magnífico) mestre Margolles. Ou ao asasino exclaustrado Tito Cuervo. Leopoldito tivo que soportar... unha "placidez extraordinaria" durante o franquismo. Outros nenos, de apelidos non tan ilustres, soportaron que lles matasen aos seus pais ou que os encarcerasen sen motivo. E sacas, requisas,abusos. Canto á praia de Augasantas, Calvo-Sotelo foi o responsable, unicamente, do estúpido cambio de nome. A ver se imos facer coma Fraga e inaugurar a natureza. Se antes non ía a xente é porque non había "posibles". Diso tamén sei algo. A miña familia organizou excursións de Lugo a Reinante durante moitos anos. Por certo, el nunca lle chamou "praia das catedrais". Como moito, playa de las catedrales.
Leopoldo dijo una vez que admiraba el periódico La Región (Orense)
Está claro, señores: as feridas non estiñan nin coa morte na cama despois dos gloriosos servizos á Patria e á Democracia, por suposto.
Os que temos certa idade imos pasar os restos enterrando mortos sen sepultura, como os da obra de Sartre. Enterramos uns e desenterramos outros.
Pero non por heroismo, senón por pura inercia histórica. E, parece, teremos que admitir que para ben.
So podo dicir que atópome dacordo co xa dito por Xose da Casanova.
Augasantas hay anos que estaba inventada xa.
Vergoñosamente, foi inda no 2006 cando se comenzou a dar voz de xeito público (porque de xeito privado xa sabiamos o que pasara), a bestial represión que tivo Ribadeo. Tal e o poder de Leopoldo e outros en Ribadeo.
Leopoldo foi soterrado con negra sombra, mais no seu derradeiro libro de platicas de familia, as tres veces que cita ou utiliza a lingua galega, e para referirse a asasinos ou ignorantes
Ese foi o aprezo que lle tiña a nosa cultura
Publicar un comentario