Xan Bouzada
Coñecín a nova onte pola tarde a través dunha mensaxe dun amigo da Universidade de Vigo. Xan Bouzada, sociólogo e home comprometido coa nosa cultura e co galleguismo, faleceu onte, vítima dun cancro. Trateino hai anos e coincidimos nalgunhas citas culturais, en múltiples ocasións; tamén colaboramos xuntos nunha comisión cultural que hai anos deseñaba un diagnóstico cultural a petición do CCG (na que tamén estaban C.Casares, Damián Villalaín, H. Monteagudo e M. Vieites, entre outros). Soubemos tamén que deixou escrita a súa petición de que a súa despedida fúnebre fose pronunciada polo seu amigo o poeta Darío Xoán Cabana. Dende aquí, o meu pésame á súa familia e amigos/as.
O sociólogo Xoan Bouzada Fernández nacera en Lugo en 1951. Publicou varios libros sobre a materia da súa especialidade centrados na realidade galega, como Escola, cultura e vida comunitaria nun concello galego: Moaña, A situación socio-cultural dos concellos galegos e O desenvolvemento comunitario local. É autor tamén de Familia e comunidade (Galaxia, Ensaio 2002). Xunto a Anxo M. Lorenzo Suárez escribiu Redes sociais e conxuntos de acción (Galaxia, Igesco, 1996). Pertencía tamén ó consello de redacción da revista Grial. (Na foto, nun acto no CCG, en compaña de Emmanuel Nègrier).
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
6 comentarios:
Sempre o tiven por vigués. A fins dos sesenta pasara un curso en Lugo -se non lembro mal, estudaba sexto de bacharelato ou así-, de Vigo viña e configurouse decontado como unha (a?) clara figura progre na cidade. Souben despois que estaba na UPG, e sospeito que entre el e mailo Darío introduciron a organización aquí. Aclarando un pouco a mente, teño idea de que Bouzada debera vir para iso, e Darío foi o seu prosélito.
No Entre hortas e portas número 24 ("Uns que veñen, outros que se van"), hai referencia dos primeiros panfletos da U que eu vira, deixados na miña aula de Preuniversitario. Non lembro se o Bouzada seguía por aquí, posiblemente non. En paz estea.
Coñecino algo, falei con el en varias ocasións. Era unha persoa con criterio, afable e con sentido de humor. Algúns dos contertulios do blog eran bos amigos seus.
Para eles e para a súa familia, as miñas condolencias. Descanse en paz.
Eu non cheguei a tratalo; simplesmente o coñecía por fortuitos encontros nalgunha terraza do barrio que compartiamos.
Era, sobre todo, entre os meus, o pai de Amanda, unha rapaza encantadora, amiga da miña filla, con quen estivo falando onte polo messenger ata as tantas.
Hoxe irei ao enterro no Vigomemorial, pero desde aquí vaia un bico moi grande para ela e para a súa familia.
http://www.anosaterra.org/nova/google-creou-unha-gran-masa-de-idiotas.html
'Google creou unha gran masa de idiotas'
Redacción . Con esa contundente afirmación se despachou na Feira do Libro de Buenos Aires a filósofa francesa Barbara Cassin durante a presentación da versión en español do seu texto 'Googléame. la segunda misión de Estados Unidos'. Cassin fixo esta crítica a Google, que ten 'unha máscara democrática e universalista parecida á do presidente estadounidense George Bush'.
"O que me impulsou a escribir foi a indignación por esta máscara democrática e universalista, por este carácter misioneiro que lle impón Google á súa tarefa", asegurou Cassin, citando o lema do buscador: "A nosa misión é organizar toda a información do mundo".
"Cultura non é unha masa de información"
No libro, a autora elabora unha crítica ao concepto de "rei da democracia cultural" que se autoimporía Google, debido a que "cultura non é unha masa de información". "Hai que pensar a cultura con Hannah Arendt: ten unha vinculación con obras e cun certo gusto, e o gusto é unha das facultades políticas", explicou.
'Un click, igual a un voto'
"A concepción de democracia como 'un click, igual a un voto' dá como resultado un gran grupo de idiotas, porque ese concepto non constitúe unha construción política". Por outra banda, acusou ao buscador de brindar unha información parcial, citando o exemplo de China. Consultada sobre como contrarrestar esa política de Google, a filósofa considerou que "hai que tomar distancia, pensar cando facemos click".
http://www.archivoconfidencial.com.mx/?c=128&a=6988
Barbara Cassin indaga el costado oculto de Google
(...)
- ¿Qué es lo que esconde?
-Google es un excelente motor de búsqueda. Uno ingresa palabras clave y obtiene gratuita y rápidamente las respuestas que le convienen, no demasiado redundantes y sin ventanas publicitarias invasivas. Esas son las cualidades, pero todas tienen su reverso. Si las respuestas que uno recibe concuerdan perfectamente con lo que uno busca, es porque nos tienen "perfilados", nos hemos convertido en un cliente de quien conocen hábitos y costumbres porque Google ha implantado "cookies" en nuestras computadoras y de este modo puede manejar el flujo de clics. Y si uno utiliza sus servicios (gmail, picassa, desktop, etc), Google se transforma en un Gran Hermano que nos conoce mejor que nosotros mismos.
-Grave...
-Google es el maestro de las reglas de confidencialidad y se da a sí mismo el derecho de subordinar todo a los fines comerciales legítimos. Tiene dos lemas: "Nuestra misión es ordenar toda la información del mundo" y "No seas malo". Este anuncio misionario y moral que da muchísimo dinero me recuerda a otras guerras del bien contra el mal, misiones universales que sirven de tapadera para la economía más dura.
-Se ve la intención de hacernos parecer una gran familia...
-En una entrevista a Sergey Bryn y Larry Page, los dos "Googleguys", dicen: "ustedes son la red". Es verdad, nosotros participamos de ella y nuestros clicks la modifican. Cuando uno busca en Google, ¿qué es lo primero que encuentra? Aquello que la mayoría de la gente ya ha cliqueado. La calidad es una propiedad emergente de la cantidad. Es una concepción estrecha de la búsqueda.
-¿Google es la Verdad?
-No, Google es la opinión. Es la opinión ponderada por la opinión, ya que cuando un sitio que todo el mundo consulta traza un link hacia una página, la página asciende todavía más. Pero a esta opinión la consideramos a menudo como la Verdad. Aunque sea filósofa, no me gusta particularmente la Verdad, sobre todo con mayúscula. Google no me vuelve más capaz de elegir la mejor opinión.
Non lle vexo sentido a colar aquí -nunha entrada dedicada á lembranza de Xan Bouzada- todo ese rollo sobre Google e a rede. Penso que este non é lugar máis axeitado.
Publicar un comentario