11 may 2008


Curros Enríquez por sempre. Políticos e intelectuais rendiron unha cálida homenaxe ó poeta en Celanova no centenario da súa morte
(Imaxe: Miriam Gilbertsson, tataraneta de Curros, na homenaxe diante do busto de Asorey, foto da web de La Región).
* Barreiro proclama que el pensamiento de Curros Enríquez ´está vivo y muy vigente´ (V. Rodríguez en Faro de Ourense).
* Ferrín reivindica a construción nacional na homenaxe a Curros (Cristina Huete en El País).
Nota: mañá publicarei aquí unha ampla crónica da xornada en Celanova, do contido dos discursos e das actuacións musicais de María do Ceo, Banda Municipal de Celanova e Coral Solpor. Como adianto, vai agora xa a "crónica social":
Estiveron presentes os académicos, ademais dos xa citados (Barreiro Fernández, Méndez Ferrín), Ramón Villares, Olga Gallego, Darío Xohán Cabana, Antón Santamarina, Salvador García-Bodaño, Xosé L. Axeitos, Luz Pozo Garza, Manuel González, Rosario Álvarez, Xesús Ferro Ruibal, Euloxio Ruibal, Ramón Lorenzo, Río Barxa e Francisco Fernández Rey, ademais dos correspondentes Xosé Mª Lema e este cronista.
Outros escritores presentes foron Luis González Tosar, Xesús Rábade Paredes e Helena Villar. E tamén andaban por alí os artistas Acisclo e Virxilio (este coa súa filla), Xoán Foseca, Segismundo Bobillo, o deseñador Pepe Barro, o editor Francisco Rodríguez, o realizador da TVG Carlos Menéndez, Francisco Fariña, Bieito Ledo, Xulio Outumuro, Andrés Mazaira, Javier Casares, Xosé M. Cid, Xaquín Vales, Fernando Román, etc. E, por suposto, Antonio Piñeiro argallando todo con xeito.

21 comentarios:

Anónimo dijo...

Debeu ser un acto moi fermoso, en efecto...!

Vai para todos vostedes, e en especial para o propietario deste blog, toda a miña amizade.

Almiral Mouchez

Marcos Valcárcel López dijo...

Engado unha nota que omitín antes, porque é unha nota cabreada. Son da vella escola, dos que cren que a cultura é un dos pés necesarios e imprescindibles do nacionalismo, mesmo do galeguismo tamén.
Pois ben, ULOS CARGOS ORGÁNICOS DO NACIONALISMO ONTE EN CELANOVA?
Estaba a conselleira de Cultura, faltaría máis. E vimos tamén un dos deputados provinciais (Grande, da comarca). Nada máis. Sorprende un pouco dada a afeizón dos cargos locais a aparecer en canta feira comercial, gastronómica ou similares haxa... Xa non digamos se hai empresarios, entón o staff completo. Dan máis votos os empresarios que as xentes da cultura?

Marcos Valcárcel López dijo...

Por se aínda non quedou claro. Todos os actos foron unha lectura en clave patriótica e nacionalista da figura de Curros (á marxe de que o alcalde da vila sexa do PP). En varios discursos falouse de Curros como "poeta nacional e popular" e símbolo da "construción nacional de Galicia". Alí tiñan que estar os nacionalistas, sen dúbida.

Anónimo dijo...

Non sei, pero eu non me cabrearía tanto. Á fin e á postre foi un acto protocolario, e a cultura é, ou debe ser, moito máis que actos puntuais de protocolo. Se estivo a Conselleira de Cultura e algún que outro máis do BNG, penso que é representación suficiente.

Marcos Valcárcel López dijo...

De acordo, Apicultor,é protocolario e cadaquén é moi libre de asistir ó que queira, faltaría máis. Pero tomo nota como síntoma. Por riba do protocolario, o acto da homenaxe a Curros é unha cita chea de simbolismo en terras ourensás e non debera pasar en certas contornas desapercibida. Todo é relativo, por suposto, pero dá a impresión dun certo afastamento: os cargos nacionalistas que tanta dimensión lle dan a outros actos (tamén protocolarios) ou ó 25 de Xullo, semella como se pensasen que este non era un acto "dos nosos".
E non, non estou cabreado: digamos que a nota (fíxense que nin sequera o puxen no post)está dictada tamén por un certo "cabreo protocolario".

Marcos Valcárcel López dijo...

Graciñas pola súa visita e as súas palabras, Almiral Mouchez.

Anónimo dijo...

En concreto, a quen botou en falta? Aos concelleiros da zona? A deputados? A algún outro conselleiro? Ao propio Paco Rodríguez ou Quintana? E logo, Beiras non foi desta vez? Etc., etc.

Marcos Valcárcel López dijo...

Non estaba ningún dos que vostede cita entre interrogantes. Só o delegado de Cultura (viña a súa xefa... era obrigado). Francisco Rodríguez, que publicou libros sobre Curros, non se debe sentir convidado ou interpelado, non sei a palabra. Non se trata dunha persoa ou doutra: líbreme Deus de sinalar co dedo. Pero a "inasistencia orgánica do BNG", para min, reflicte certo desleixo no tema cultural. O debate non é novo: a cantos actos culturais asisten ós militantes do BNG, fóra dos que organiza o propio partido?

Marcos Valcárcel López dijo...

Engadir, por posibles suspicacias, que a representación socialista era tamén escasa: delegado de Educación e concelleiros de Celanova. O PP estaba mellor representado, cando menos en cargos: alcalde da vila, presidente da Deputación, varios concelleiros exdeputados galegos. Obviamente, Deputación, Concello e Consellería de Cultura son patróns da Fundación Curros Enríquez.

Anónimo dijo...

Esa inasistencia nacionalista aos actos protocolarios da RAG e similares tería fácil arranxo nomeando a Paco Rodríguez numerario da mesma. Xa vería como daquela viñan a moreas, mesmo en autobuses. Mais con iso solucionariase o suposto desleixo no tema cultural?

Anónimo dijo...

Notoriamente, en materia de política cultural ao BNG arestora fáltalle guía e guieiro. Dáme a impresión (sen coñecemento concreto) de que no elenco de asesores de Quintana falta quen cubra ese espazo, ou oco que non é pequeno; o baleiro colle voz e vai camiño de clamor.

E non, por se xorden retrancas, non me estou postulando.

Anónimo dijo...

O sábado, día que se celebrou o acto de Curros, paréceme que Quintana tiña ao mesmo tempo unha importante reunión do CN do BNG.

Daquela, na súa orde de prioridades estaría -digo eu- preparar ben a xuntanza, atanto flecos alí e acolá, antes que acodir a Celanova a saír na foto.

Isto non obsta para que Saavedra fose, en efecto, un bo asesor cultural. Eu, de ser Quintana -que obviamente non o son- chamaríao, se non como guía e guieiro, si como asesor.

Anónimo dijo...

Non caera eu no do Consello Nacional, e sen dúbida é razón suficiente para a ausencia. Con todo, en materia de política cultural ao Bloque debe empezar a notárselle estratexia. É ben lóxico o afán na relación (ata hai ben pouco, menos ca incipiente) co ámbito comercial e empresarial; non é incompatible con evitar o desleixo ou aparencia nestoutros.

E unha voz que non sexa a de Bieito Lobeira. Deputado que é ben sabido que eu respecto, pero de adecuación mellor en marco ben distinto.

Anónimo dijo...

Xaora que Bieito Lobeira é tan acaído para falar de política cultural como eu o son para ditaminar sobre cambio climático.

Anónimo dijo...

Por certo, Saavedra, que nese CN acordaron que Aymerich entrase na Executiva "para mellor coordinación" co grupo parlamentario.

A ver se así evitan que o ínclito don Carlos meta menos o zoco, que nesta lexislatura xa o fixo de abondo e con resultados máis ca discutibles.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

De todas formas, permítanme vostedes meter o dedo nun ollo: cantas mulleres (en porcentaxe e en número) hai nese tipo de actos? Por qué sempre teñen estes eventos un ar viril, de ademáis unha certa idade? Hai renovos nestes actos de celebración? Sempre dá a impresión desde fóra de que están sempre os mesmos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Para que non se malinterprete a miña intervención, eu quero poñer o acento non nos que van, senón en que quizáis poda faltar canteira ou presencia feminina moito máis notoria.

Anónimo dijo...

Meta, meta, meta todos os dedos que queira nos ollos que desexe. Por min non deixe de facelo.

Por certo, benvido de Córdoba. Veu con acento e sen acritú? :-)

Anónimo dijo...

Pois si, seica veu sen acritú.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

De Córdoba sempre ven un coma do trinque. Con perdón.
Aquilo é marabilloso. E que conste que tomei uns finitos ás súas saúdes. E como vexo que son tantos (case 400 visitantes), imaxinen o panorama. Aínda hoxe non me din reposto.

Marcos Valcárcel López dijo...

Concordo coas palabras de Apicultor: se de min dependese, Xosé M. Gzez estaría de asesor cultural destacado do BNG. E non o faría nada mal. Respecto á masculinidade deste tipo de actos, sen negala radicalmente, eu creo que xa foi máis do que é. A conselleira deféndese ben en público e ó seu carón houbo moitas mulleres na xornada, mesmo artistas como María do Ceo e tres académicas.