28 may 2008


Documento histórico-visual ourensán (graciñas, Xabimusic)

Velaí a esplendorosa estrea do coro de alumnos-profesores do IES A Carballeira de Ourense, luns 26 de maio. Imaxe tan relevante merece ser ben documentada para a posteridade. Velaí:
Fila masculina, superior (estabamos sobre uns pequenos taburetes): de dereita a esquerda, os profes Rafael González (Ciencias), Xabier López (Historia), Felipe Iglesias (Informática), M.V. (Liter. Galega), José Manuel Fidalgo (Francés), Xoaquín Fernández (Inglés, pero non se ve na foto) e Gonzalo, alumno do ciclo de Sanitaria.
Fila feminina, primeiro plano, tamén de dereita a esquerda: profesora Uxía Méndez (Lingua Española), alumnas Laura Blanco e Paula Campos (2º e 1º Bacharelato Ciencias), profesora Minerva Outeiriño (Matemáticas), alumna Francisca Losada (1ª Bach. Ciencias), alumna Sandra Campos (2º Bac. Ciencias), a miña alumna romanesa Nicoletta Ghiban (3º ESO) e a súa compañeira húngara Andrea Toth; a profesora de inglés Marina Cortizo (non se ve na foto), e Esther Justo (Liter. Española), que nese momento le un poema en galego, mentres os demais lle facemos un coro melodioso de fondo. Tampouco se ven na foto, pero estaban cantando, as alumnas Jessica de Araújo, Noelia López Pérez, Samanta e Aurora Gómez Yahia (alumnas de ESO e Ciclo Sanitaria).
Non puido estar na estrea a compañeira de galego Milagros Roca, por un desgrazado accidente na súa familia, pero acordámonos moito dela e dedicámoslle unha canción con todo o agarimo. Dirixe o director do coro, Xabier Álvarez.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Na foto, que non é de boa cualidade, parece que non cantan porque, mentres Esther recita un poema, o coro fai a melodía Boca Pechada (Boca Chiusa).

Para o Marcos trátase dun documento histórico porque é consciente do que supón conseguir un coro nun instituto tal e como están as cousas. E maxime cando no coro participan profesores/as e alumnado.
Eu comentáballes ó día seguinte, cando fixemos a "autoavaliación da actuación" que eran un modelo de convivencia interxeneracional.
¡Esperemos que teña continuidade!

Xabimusic

Anónimo dijo...

Pódenos decir, amigo Xabimusic, en canto anda, máis ou menos ,na actualidade ,o "caché" do coro. Pra darllo a un representante amigo meu que sempre anda á procura de coros pra ceremonias.
A pregunta é medio en broma e medio en serio.

Anónimo dijo...

Fun invitado ao acto por Vicente e mais Fidalgo, pero non me atrevín a ir. Non fixen ben.

Canto me agrada que xurdan (ou continúen) este tipo de iniciativas na Carballeira!

Recibide todos os meus parabéns.

Anónimo dijo...

Para o amigo XDC direi que o coro non ten "caché"; nace con vocación de non ter "caché". O noso é puro amor á arte...

A finalidade do coro, para mín, consúmase no propio acto de cantar; de cantar xuntos (esa é a esencia dun coro)e de cantar, sobre todo, nos ensaios. De descubrir novas cancións e as insospeitadas posibilidades das nosas voces.

Fora, xa que logo, toda intención instrumental, práctica, utilitaria ou mercantil. Cantamos e punto.

É un acto lúdico, festivo, emotivo, corporal e, ó mesmo tempo, moi consciente. É un acto EDUCATIVO. É un "encontro" na arte e por medio da arte.

Xabimusic.

Anónimo dijo...

Se non chega estar na foto vostede Marcos Valcarcel, xa non sería un documento histórico visual, senón unha foto dun acto de fin de curso. Grazas pola súa presencia Marcos, ilumina o nosa irrelevante existencia. Grazas, grazas, grazas!

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Á vostede o que lle gusta é este tipo de xornalismo á carta: Universiada para Vigo.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Esquecín darlle as gracias a Cau, que foi quen me pasou esta alfaia do moderno xornalismo.

Marcos Valcárcel López dijo...

O anónimo anterior descoñece o recurso da ironía (aínda que el a queira usar despois): unha mágoa ...