1 may. 2008


Linguaxe e fascismo
Andoliña xoves 1 maio

A linguaxe nunca é inocente. En Roma a esquerda perde a alcaldía da cidade despois de quince anos de goberno, que pasará agora a mans de Gianni Alemanno, do partido posfascista Alianza Nacional e socio de Berlusconi. Co vello discurso de sempre: anticomunismo, medo á inmigración, alerta sobre a seguridade cidadá. O certo é que as dereitas, moderadas ou radicais, nunca son moi orixinais: Rajoy usou argumentos semellantes na campaña española. Pero non lle foi ben.
Os militantes da AN saúdan brazo en alto, como nas vellas películas de guerra, e Berlusconi presume de encabezar "a nova falanxe romana". O seu socio da Liga Norte, Umberto Bossi, fala de "cazar" os inmigrantes clandestinos e reta ameazante á esquerda: "Se queren pelexa, os fusís están quentes; temos 300.000 homes, 300.000 mártires listos para combater". Nin que fosen militantes de Al Qaeda.
Xa coñecemos esa linguaxe, non ten nada de nova, é a antiga chulería joseantoniana. Nos anos 20 e 30 o fascismo tamén quixo crear unha nova linguaxe: Estado Novo, culto ó xefe ou Caudillo, primacía da raza aria, conquista do Estado. Copiáronse slogans e estéticas dun país a outro. Xa sabemos como acabou aquilo: pobres italianos!

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Los romanos......¿Consideraron demasiado "estirado" a Rutelli ?

marcos valcarcel dijo...

ARREDOR DO MESMO TEMA, coincidimos hoxe en GH F.Vello e o cronista:

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO
CADERNO ABERTO
Roma, ‘¿città aperta?’
En Roma, città aperta (1945) Rossellini narra a resistencia italiana contra as tropas alemás invasoras e a persecución dos bravos resistentes por parte das forzas nazis ocupantes. Mais Rossellini, fiel á verdade histórica, non idealiza o pobo italiano como pobo unido en resistencia, pois é ben certo que só os comunistas, os socialistas e algúns católicos se opuxeron á ocupación hitleriana. Unha boa parte do pobo italiano, particularmente o romano, colaborou cos alemáns na invasión do seu propio territorio. Esa é a verdade. E talvez por iso o filme histórico de Rossellini –obra mestra universal– tivo unha discreta acollida en Italia na hora da súa estrea, e máis fría acollida na propia cidade de Roma. Pois ben, a Roma que dende hai 15 anos gobernaba a esquerda política –eis tamén o efecto Berlusconi– pasará agora a ter un alcalde neofascista, elixido democraticamente, Gianni Alemanno, antigo secretario nacional do Movemento Social Italiano. Así son as cousas. E así é Roma. Este señor Alemanno, din todas as crónicas, segue a levar ao colo unha cruz celta, un símbolo utilizado hoxe pola extrema dereita e o fascismo en toda Europa, e, para que fique ben claro, nun programa televisivo durante a campaña electoral de 2006 ergueu o brazo no plató en saúdo fascista. Este é o novo alcalde de Roma. Un alcalde que prometeu expulsar da cidade a 20.000 inmigrantes fichados pola Xustiza e desmantelar todos os poboados xitanos situados no municipio romano. Roma, ¿città aperta? O lema principal da campaña de Alemanno foi este: "Temos que voltar a ser donos da nosa propia casa". E poucas horas despois de sabidos os resultados, o flamante novo alcalde xa dicía: "Temos tomada toda Roma". ¿Tomada? Un lapsus. Non. Foron os votantes, o pobo romano, os que decidiron que Alemanno sexa alcalde de Roma. ¿Saberá a esquerda italiana e romana, a esquerda real, analizar en profundidade o que aconteceu? Toni Negri era optimista no ano 2002. "O laboratorio italiano comezou o seu traballo", dicía. Fracasou.

Anónimo dijo...

E do Franceco Rutelli non falas, non.....?

Riseiro dijo...

Fala ti que a min dame a risa.

Anónimo dijo...

Demos un margen de confianza al elegido Sr. Alemanno......

arume dos piñeiros dijo...

Saúdos desde Mieres del Camín. Tomarei uns culíns á súa saúde hoxe mesmo en Requexu.

Anónimo dijo...

Josto Maffeo.....¿Asombrado de que se hable de "Falange Romana" en el periódico de la calle Miguel yuste ?