13 may 2008


Poetas da posguerra. VI Ciclo Visións de Galicia.
O ciclo do Liceo sobre Poetas da Posguerra está a ser un éxito non seus contidos, cun nivel indiscutible nas ponencias (cando menos ata o luns próximo, ha, ha...). A asistencia podía ser maior (as tres primeiras charlas, unha media de 35 persoas), pero, qué lle imos facer?
Nesta foto de Trebolle, onte luns Teresa Devesa, compañeira na Sección de Literatura, sempre eficiente, creativa, imaxinativa, presentando a Miguel Anxo Fernán-Vello, que falou de Manuel María (daremos conta detallada desta charla).

(Pola miña banda, onte foi xornada densa. Antes do acto do Liceo, tiven unha charla, das habituais nestas datas todos os anos, sobre Xosé María Álvarez Blázquez, no colexio Santa Teresa-Carmelitas. Creo que non disgustou ás mozas/os asistentes (había máis mozos), iso me contou algunha alumna que ten amigas alí...).

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Carai Sr. Valcárcel, co seu equipo de fotógrafos, e redactores do blog, podía empezar por montar unha axencia de noticias, con correspondentes por toda Galicia.
Vai para unha semán que o descubrín en Blogaliza, non sei moi ben esto de facer comentarios.
Se saíse. NORABOA!

Marcos Valcárcel López dijo...

Estou pensando seriamente no de montar unha nova Axencia de noticias: ha, ha, é brincadeira. O equipo de fotógrafos xa o teño e ademais entusiasta. Agardo que non me acusen de competencia desleal os medios tradiconais...

Anónimo dijo...

Amigo Marcos: Vostede xa sabe que estamos aquí para o que vostede queira.
Na miña casa, repartíamos as tarefas. Meus pais ían as vodas, meu irmán ía os bautizos e eu os enterros e os cabodanos. Agora amontonouseme o choio pero estou disposto a facer de enviado especial en canto banquete se faga en Lugo, sempre que me mande ó XCD como adxunto.
Teño pactado co Saavedra que él, pola súa banda ocuparíase dos fastos culturais e Xosé da Casanova das viaxes organizadas, sendeirismo, roteiros, etc.

Anónimo dijo...

Entón,JDLP, eu seréi o adxunto daquel programa "lápiz e papel". Vostede pregúntame:"Cantos comensáis hai nesta boda de postín?". I eu resposto:"Justito,justito,justito...126".

Anónimo dijo...

Amigo Marcos:
Coincidirá conmigo en que hai un número excesivo de blogs e que isto non pode seguir así. A densidade abafante de blogs(densidade: palabra apta para que o señor Xoan Da Cobra extenda os seus tentáculos de experto e o seu escudeiro monetario, o señor Delapierre, poña o cazo dos 6000, 10.000, 12.000, ou vai ti saber en que número de euriños vai xa a cobranza) non ten sentido, está colapsando a rede, estanos perxudicando a todos. Por iso estou eu aquí, porque, como todos non podemos vivir en condicións de normalidade, compre resolver o exceso declarando unha guerra total entre blogs. Así de claro. Faláronme moi ben so seu blog, que conta cun mangado de colaboradores habituais de moito prestixio intelectual, capaces de interpretar as melodías mais intrincadas e debater sobre os asuntos mais espiñentos cunha fondura pouco común, e que vostede leva a batuta como un auténtico mestre de orquestra. Que que pinto eu aquí? Moi facil. Eu son o representante escollido por maioría absoluta polos membros do meu blog (do que de momento non podo dicir o nome), como é fácil de entender tratándose de min: un membro blogueiro practicamente invencible. Vostede escolla o seu ou a sua mellor espada dialéctica, propoña un tema de debate e aquí estou eu para baterme bravamente e dar conta del ou dela, que non outro é o sino dos que se baten conmigo. Perder significa a desaparición do blog. Se eu perdo (non sexa inxenuo e non contemple tal posibilidade), desaparece o meu blog; se o seu ou a sua mellor espada perde, desaparecen as Uvas. Apenas os coñezo e por iso tanto me ten O Xoan da Cobra como o Pericán Do Api, o Arume como o Leituga, o Saavedra como o Cervantes, o Delapierre como o Codorniu, o Julio Medela como a Julia Madialeva... E se quere nomear un mangado de mosqueteiros para baterse conmigo só, pois tamén llo admito. A derrota non entra nos meus cálculos. Mire ben o que fai e traballemos xuntos para alixeirar a densidade ou desdensificar o exceso de blogs que colapsan o universo virtual. E vaia concienzando e acorazando psicolóxicamente aos seus e ás suas mellores espadas para que non teñan medo, que serei benévolo e non lles infrinxirei unha derrota humillante. Dígalles que non me gusta ensañarme coa colegas rivais da rede. Que pensen que a derrota é unha posibilidade que sempre lles ocurre aos outros. Cousas así, para que solten os nervios e relaxen os músculos do "inteleto". Sen mais, despídome de vostede, desexándolle o mellor e esperando a sua resposta.

Anónimo dijo...

A asistencia podía ser maior (as tres primeiras charlas, unha media de 35 persoas), pero, qué lle imos facer?

Estimado Marcos:
Supoño que moitas cousas. Cando o público e o mesmo e as cadeiras están vacías algo ocorre, reflexionemos

Marcos Valcárcel López dijo...

Home, eu xa teño reflexionado moito e coñezo ben esta cidade e a súa problemática cultural. E sei que a outros actos, noutros lugares, se non veñen grandes figuras (ou dos que saen nas teles), non hai xeito de xuntar máis de 15, 10, 5 ou 2 persoas, a saber. Debería existir un público para unha charla sobre os grandes poetas de posguerra, pero supoño que todo o mundo anda moi ocupado con moitas cousas.
A outra opción é non facer nada. Pero tampouco parece gran cousa, non?
P.S.: o público non é tampouco sempre o mesmo; coinciden algúns, outros non.