Salvador de Bahía, ao lonxe, de Afonso Vázquez-Monxardín
La Región 20.5.08
Estívenlles dando un curso na Universidade Federal da Bahía e outro nunha sociedade galega alá no Salvador hai exactamente vinte anos. Leva chovido moito pero, polo seu exotismo, gardo moitas lembranzas. Moitas cousas me chamaron a atención. É unha cidade medio africana. Os olores, os sabores, as froitas, as xentes, son, maiormente, afro. Grazas ao Carlinhos Brown e a restauración do barrio do Pelourinho -onde nós entraramos acompañados e case con medo- é ben máis coñecida agora. Chamoume á atención ler que na súa historia denominaban galegos a todos os estranxeiros. Non só a galegos -case todos da zona de Ponteareas, Verducido e Terra de Montes-, españois e portugueses. A todos. Así dividian á xente en negros, mulatos, indios, brancos e galegos. (Os bosquimanos -con perdón pois os reivindicadores deles queren chamarlles ‘xentes de fala San’ e consideran insultante o de ‘bushmen’ ou ‘bosquimanos’ homes do bosque- dividen o xénero humano dunha forma máis simpática e complicada: brancos, negros, crocodilos e portugueses. Os brancos son os de Sudáfrica, afrikaneers ou ingleses; os negros, eles, falen San, bantú ou swahili; os crocodilos, parentes por depositarios da alma dos antepasados, e os por tugueses, esoutros que nin os brancos do sur, nin negros, nin cocodrilos, e que andaban por alí, por Angola e Mozambique.) Chamoume a atención en Salvador o de costas que vivía ao mar. Os vellos jangueiros de Jorge Amado non deron nunca o salto á modernización. Así, no mercado do pequeno porto de Praia da Barra os mariñeiros negros sen raíces na pesca, a todo o que caia na rede lle chamaban ‘peixe’ e por todo pedían o mesmo prezo. A lóxica era implacable: xa que todo caeu na rede, todo deu o mesmo traballo, todo custa igual. (...)
9 comentarios:
Excelente artigo. Monxardín estase a convertir nun dos primeiros columnistas do País, se non o é xa. Parabéns.
Que pelotas é este Apicultor.
Xa quixera que o dixera de vostede, pero non vai poder ser, lamentándollo moito.
Eu sempre aplaudo a quen vale e ten mérito. Daquela comprenda que quede coas mans no peto no que a vostede se refire.
Se é sincero eu agradézolle que quede coas mans no peto.
Amigo Apicultor: O boi de Allariz, hoxe, pillou e embestiu unha persoa. Veu a ambulancia. Silencio sepulcral na praza do concello.
Saúdos.-
A do boi é unha festa besta...
Sabía, anónimo, parecía unha escena de Antonioni. O tempo parecía vir, no canto de marchar. Sensación peculiar...
Sabía, anónimo, parecía unha escena de Antonioni. O tempo parecía vir, no canto de marchar. Sensación peculiar...
"Pelotari" conditio sine qua non usuarios uvas.
Publicar un comentario