22 jun 2008


a lavandeira coxa
Falamos aquí hai días dos cantos dalgúns paxariños. Tamén falaba Ferrín, o venres pasado, das lavandeiras...

Eu gosto da lanvadeira, así da esquiva e colorida dos ríos retirados, que non se civiliza nada, como da máis común que leva tamén en galego o nomes vulgares de pastoriña (Vilanova dos Infantes), pastoriza (con seseo, Morrazo) ou paxaro da neve (en castelán, aguzanieves). Seu nome científico é Motacilla alba, á que lle recoñecen unha subespecie máis escura que no é do caso agora. A lavandeira, patilonga, ten o bico finiño, e nela destaca o rabo que sempre move ao andar. Cando escapa de nós en pequenas voaduras a lavandeira desprega a cola. Chía moi pouco e non asociamos a súa voz con canto ningún. É un paxaro fino, xentil, cuxa observación relaxa o paseante. É unha presenza femenil á que non lle imaxinamos macho.En latín chamábanlle motacilla/-ae, de onde no século XVIII saiu o nome linneano. Pro este nome dispuña dunha variante, moticella, que os romanos, por etimoloxía popular, facían derivar do verbo moue, -es, moui, motum, mouere, que significa "mover". Lemos en Varrón, a respecto da lavandeira, isto: "semper mouet caudam". Quer decer que estamos a tratar dun paxaro caracterizado visualmente polo feito de que el "estás sempre a darlle ao rabo ou a mover a cola". Por iso mesmo o nome vulgar francés de lavandeira é o de hoche-queue: "a que move a cola de arriba a abaixo". O curioso é que os franceses tamén lle chaman bergeronnette que significa "pastora" en diminutivo, o cal ven ligar con outros nomes galegos da Motacilla alba que xa citamos: pastoriña e pastoriza.Rematando esta columna vou dar unha volta pola Avenida das Camelias por ver se a miña lavandeira coxa sobrevive na cidade.

38 comentarios:

Anónimo dijo...

O nome latino � "motacilla", que non sei qu� pode significar. Saavedraaa!!!!!. MEdelaaaa!
A da foto � dunha "lavandera cascade�a" en castel�n, pola cor amarilla do peito. Andan moito nas fervenzas, por eso se chaman as�. Nas lavandeiras com�ns o peito � blanco (motacilla alba). Hai outras, a�na m�is amarelas chamadas "lavandeira dos bois", que andan sempre entre os bois e as vacas, pra comer os seus mosquitos.

Dec�an na aldea que non se pod�a matar, porque borraran as pegadas do burro que levaba a Xes�s a Exipto, cando era perseguido por Herodes.

Anónimo dijo...

Chego agora mesmo de Lugo, que ardía polos catro costados ("Arde Lucus"). Había moitos romanos , e moito "comilonum".

Xosé Manuel González: Quédalle un agasallo "deportivo" na panadería "Migas". Confírmeme que o recolle.

Anónimo dijo...

Vaia. Vexo que o nome latino estaba explicado no texto, que non rematara de ler. Vou dormir a "mona" do viño de Pantón que bebimos a carón da muralla. Menos mal que non me fixeron soplar, que si non...
Por certo, o de "lavandeira", ven do movemento de frotado que fai ese paxaro coas patas ó escarbar no chan. Parece unha lavandeira lavando roupa nunha laga.

Anónimo dijo...

Chego tamén de Lugo. Non mirei nin o señor Delapierre nin o señor Saavedra nin o señor Da Coba.
Estaba todo cheo de roman@s. Encontrei de menos algún 'celta'.

Anónimo dijo...

Sinto un amor profundo pola cidade de Lugo.
Amor cada vez máis fondo.
Saudoso Lugo, onde nunca vivín...

Anónimo dijo...

Lin, botei escaleiras abaixo e recollín o sombrizo agasallo. Da Coba: non sei, xa llo dixen, como hei poder ser recíproco; espero, algún día, chegar a convidalo ao polbo do San Froilán.

Ora que, se nunha desas excursións luguesas findesemanais, se anima a timbrar... escolla: Jerez vello ou Porto Vintage. A ver se se anima(n).

Anónimo dijo...

Kyra e Medela: hai celtas, hai. Ora que eu poucos vin, coma romanos: só o meu romaniño pequeno, a miña matrona e puellae. Levo dous días case encerrado.

Boa noite, reitero.

Anónimo dijo...

Págalle a pena, González, corrixir tantos exames de selectividade en tan pouco tempo polos poucos cartos que pagan?

Anónimo dijo...

Sombrizo agasallo = gorra molona.

Anónimo dijo...

Sr.Kyra, se lle ghusta a cidade de lugho, súmese a nosa "alcatéia" de lobos . Facemos a romaxe de santa mariña de aughas santas o 18 de xúlio, no seu concello pero tirando cara o monte e front o val da Rabeda, sabe?.

Somos moi poucos e estamos en trance de desaparición.

Dígollo porque somos máis castrexos que romanos. É o que vai ficando, daquela.

Anónimo dijo...

Por certo, como se di "alcatéia" (portugués), en galego?. Non encontre i a palabra alcatea.

Anónimo dijo...

Non deixa de ser interesante (sobre todo para os aldeáns coma min, desconfiados das evidencias demasiado claras,) a interpretación que algúns etimoloxístas achegan sobre o nome "lavandeira": De "navancaria", é dicir, ave propia dos pequenos vales chamados "navas": Navas de Tolosa, Navallo (navaculu) (concello de Orriós), etc. O calco e ulterior transformación da palabra podía explicarse pola perda de significado da palabra 'nava' e contaminación a través dunha palabra intelixible.

Non falta (cousa da que non fago idea) quen relacione o termo lavandeira coa alimentación do paxariño, derivando o seu nome do antiquísimo lexema paleoeuropeo que deu orixe á palabra lixo {laua-n-cúl-ula}(levadura, refugallo, resto dalgunha cousa}. Din que de aí vén a palabra lexivia, por súa vez derivada do latín 'lixiuare', disolver a suxidade.

Da Coba: As lavandeiras comen preas ou restos doutros animais???

Uffffffffffffffffffffffffff
Saúdos.-

Anónimo dijo...

Don Lobo: Conte comigo na homenaxe a Santa Mariña, protomartir galega e resistente heroica ao colonizador romano.

Curiosa a palabra 'alcateia' (no Brasil, 'alcatéia') talvez de orixe árabe ( al-qatai'â) e só aplicada a conxunto ou manda de lobos e ou leóns.

Tamén e curioso o segundo compoñente da palabra árabe: 'Qatai' e a súa similitude coa indoeuropea 'kat': León, gato, lobo, can... Estou esvarando.

Non ten correspondencia en galego ('manda') sería a súa tradución.

Anónimo dijo...

Impagable Monty Piithon sobre o viño romano.

Anónimo dijo...

Creo que lle lemos a Ferrín: "unha manda de cans de Castro Laboreiro", foi en Arraianos?. Il si?.

Amigho dos lobos.

Anónimo dijo...

Odio aos romanos, tamén por Monty Pithon.

Anónimo dijo...

Celebro o análisis lingüístico que fixo do nome da lavandeira, Medela. A interpretación que fixen eu do nome foi, simplesmente, a que daban na aldeia.

A lavandeira arrebuña no chan coas súas patas buscando pequenos insectos e vermes. Tamén caracóis e pequenos restos orgánicos, polo que ten senso todo o que dí vostede. As lavandeiras danse moi ben nos entornos onde vive o ser humano. Posiblemente o "tabú" que impide matar as lavandeiras teña o seu orixe nesa labor de "limpeza" que fan.

Voulle dar un criterio pra coñecer qué come un paxaro: a forma do pico. Os paxaros aliméntanse de bichos, ou de sementes de plantas, ou de unha combinación de ambos. Si comen bichos, teñen o pico longo e fino, rematado nun ángulo moi agudo. Teña en conta que a miúdo teran que buscar o bichiño nun burato . Se comen sementes, téñeno corto e groso, pra escachar os graos, cún angulo máis aberto. Todas as gradaciós intermedias, dan unha idea da proporción na que se alimenta de unha cousa ou outra.

Lavandeira.

Anónimo dijo...

Tradutor Saavedriano: Non atinóu, anque tamén podía ser. "Sombrizo agasallo" é unha camiseta cun dibuxo que fai referencia a "Negra Sombra", de Rosalía. Pra que a sude nun dos seus maratós. Non lembra que fai un tempo nos volvéu a todos tolos traducíndoa ao inglés?.

Non sei a qué tramo de Camelias se refire Ferrín no artigo. Se é o que está perto da subida ó Castro, onde adoita a haber gatos ruieros, non llo vexo moi craro...

Anónimo dijo...

Qué relación pode ter Santa Mariña cós paxaros?. Un dos miragres que se lle atribuen é o seguinte que seguro que xa coñecen:

Cando era nena, en Piñeira de Arcos, asistían a unha misa os cristiáns adultos ,pero a ela mandárona a espantar os paxaros dos eidos pra que non comeran a semente. Como ela tamén quería ir á misa, disque mandóu ós paxaros todos que se meteran nun cobertizo, prometéndolles que ó rematar a misa volvíaos soltar. Obedecérona, i entraron todos voando. Ela deixóunos pechados e, ao rematar a misa, fiel á súa palabra, soltóunos de novo pra que se buscaran a vida.

Anónimo dijo...

"Sombrizo agasallo" = camiseta cun debuxo que fai referencia á "Negra Sombra" de Rosalía de Castro.

Anónimo dijo...

Non pase coma co diccionario de Ir Indo.Se desaparece, Tradutor de saavedriano, somos perdidos!!!!!!!

Anónimo dijo...

Grazas arume por os videos dos monty piton. Escacheime de risa. Creo que é un exercicio magnífico de relativización dos nacionalismos.

Camaradas xdc e kyra, eu sempre me tiven por castrexo e odiei os romanos pero co tempo decateime de que en realidade son galaico-castrexo-romano-xudeo-xermánico..., non hai volta de folla.

Empecei a ir a romería de sta. Mariña hai apenas unhes 10 anos porque o meu avó (castrexo total) era devoto. Descubrín canto de panteista ten o cristianismo. É unha reminiscencia auténtica de tempos pre-romanos. Eu así a vexo.

Na primeira parte do século XX había unha morea de xente impresionante e pouco a pouco vai morrendo. O ano que ven toca en sábado. A ela acoden Arturo Baltar e o xefe da policía autonómica. Estas son persoas con exquisita sensibilidade.

O que non sei e se seremos quen de que perdure. Que podemos facer para manter algo desa chama?. Descristianizala?. Desromanizala?. O cristianismo cheghounos a traveso de Roma. En roma impera o papa dos católicos. Copiaron.

Anónimo dijo...

Caro Hermano Lobo: Lembro sendo moi pequeniño, tal vez hai 35 ou máis anos, en Lobeira...

Os mozos sacaban ritualmente os carros de vacas das casas das mozas casadeiras, ían ao monte comunal para cortaren un pouco de leña (ninguén ía ao comunal, excepto os pobres e os mozos nesta noite), cargaban o carro e facían unha fogueira enorme. Na mañá a seguir, as mulleres ían coller un tizón entre a borralla que quedaba e levábano para a casa, pasándoo rapidamente de man en man.

Aínda hoxe, cando unha moza fica solteira, o comentario é: "A esa non lle quitaron o carro".
Os pais das mozas facían espaventos... Algún disparaba perdigóns... Eu preguntaba á miña avoa, que nada respondía.

Non raramente, ben lembro unha ocasión, deixaban un meco pendurado dun poste da Fenosa. Si, nesta noite. Si. Aínda que parece máis propio do entroido. Aínda que non era exactamente un meco; tal vez un espantallo informe.


Literalmente rotulaba:
"Este meco lo degaron los chulos de Gayás".

E bebían coñac.

Que heavy, hermano lobo, que heavy.
E a miña avoa nunca falaba nestas cousas.

Anónimo dijo...

Gaiás, Santa Cruz de Grou, Lobeira, Baixa Limia.

Anónimo dijo...

Hoxe debe ser a noite de san xoán. Ou foi o 21?. Celebrémolo ó noso xeito.

Na miña aldea puñamos flores de sabugheiro (sambucus nigra)e de "estralotes"-(digitalis purpúrea) nos cantos das casas, rodeandoas. Decían que era para que non entrasen as formighas. Souben máis tarde que esa foi a cristianización de algo máis antigo. En sta Mariña de augas santas tamén perduran restos de culto fitolátricos e culto as augas.

Hai catro anos celebreino só e agasallei ó meu fillo pola mañá con unha mixtura de plantas que colleitara na noite anterio. Alén das dúas citadas engadín chuchameles (lonicera periclimenum),mentastros (mentha spicata), herbaluisa , rosas....lembro un escornabois a voar nesa noite entre os carballos dos lameiros do couto, e vin xa un vagalume. Carballos salvos da concentración. Ano 2004.
As tradicións da Limia baixa falan de tormentelo e poexo.

Mentras exista lembranza, existirán eses territorios irmau Medela.

Anónimo dijo...

kamarada Medela.

Por a súa sensibilidade panteísta-telúrica agasálloo con este escrito que recollín de non sei onde o día de San Xoan de 2004.

Creo que é de Mendez Ferrín, por favor confirmádemo os eruditos deste blog. Agradézovolo.

"Dixitalis-Rosas
Nos camiños
¡Que tolamente alleos imos,vimos,
bulimos,louca peste, barullamos, trillamos monte, grama, ríos, lagos, pasamos brutalmente rente aos cómaros das dedaleiras, croques, alicroques, cócalos, estralotes, abrulos, dixitalis-rosas, purpúreas, as flores-aves, bocas ávidas de darnos a mensaxe doutro espacio".

A xdc, veciño da chaira da Veigha ( pero eles non teñen gheada)e os lectores que comparten este sentir, na noite de san xoán.

Se pudera, mañá pídolle axuda a xdc, púnavos "na noite de san xoán" de Emilio Cao daquel 1º disco de música celta chamado "fonte do araño".

Recibide un triple abrazo fraterno.

¡"Coñezo a acacia"!

Anónimo dijo...

Hermanos Lobos:
As flores que se puñan arredor das portas e ventás das casas son as chamadas sentinelas místicas; en Lobeira garantían a vitoria sobre as maléficas forzas escuras, o bruxedo e os fadairos.
Outras sentinelas son as ferraduras e bisagras espetadas nos muros das casas. Tamén, esquecía, a estrela de cinco ou seis puntas nos xugos da facenda. Ou a cruz de caravaca nos carriños dos nenés. Ou o "ciprianillo", no peto da chaqueta.
Ah, tamén o autocolante da Virxe da Peneda no coche.
E tamén o arbusto chamado loureiro.
E máis que non lembro.

Aquí en Allariz, deixan pétalos en auga, no peitoril da ventá, para apañar a orballeira da noite. Ao día seguinte, lavan a cara, etc.

Santa Mariña é un lugar horrendo e marabilloso.

O dixital é unha flor, alén de moi linda, cun tónico cardiaco para as vacas, que as comían para vencer as costas pinas.
Ufffffffff... Iso contaban en Lobeira. Seguro que o noso bioloxista Da Coba poderá explicalo mellor.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Amigos: aquí, no val Miñor, o rito ancestral prerromano, prehistórico, prestatutario, consérvase con todo o seu esplendor. Aquí, en panxón, fronte as illas estelas e o Monteferro, neste areal con forma de meia lúa e nome de continente, o Grande Coito Global, o Orgasmo Cósmico en medio de kalimotxos e bongós que non cesan. As lumieiras, folións e cacharelas recollen dos antergos a pulsión telúrica e a forza motriz do Sísmico Pó Primixenio, do Primum Mobile, do Seminal Émbolo das Orixes. E os mozos e as mozas se entregan ao frenesí venéreo coa axuda ocasional de prantas medicinais e co cuidado especial de non misturar glándulas e area. Nesta formidable kermesse de bolsas gadis e opencor, renace, sen dúbida, o espíritu máxico de Stonehenge.

Anónimo dijo...

Eu tamén lembro á miña abóa recollendo estralotes na tardiña previa á noite de San Xoan ,pra poñelos en todas as portas e ventás. Decía que era "pra que non entraran os sapos". Era eu moi pequeno, pero a imaxe quedóuseme gravada porque nunca vira a un adulto demostrar interés algún por unha planta sin utilidade agrícola ou gandeira. Parecéume que se estaba comportando "coma unha rapaza", e tiven a impresión de que había algo oculto naquelo.

Eu éravos ben traste. Cando vía unha abella voando cara un estralote, vixiábaa. A abella inspeccionaba a planta de arriba pra abaixo, según medra o tamaño das frores, hasta atopar unha acorde có seu tamaño . Cando se metía dentro, eu tapáballe a entrada comprimindo os bordes da fror cós dedos, como facemos pra estralala. A abella zumbaba, prisioneira, dentro da fror durante unhos segundos. Logo, soltábaa e púñame a correr pra que non me perseguise e me picase.

A digitalis usóuse en farmacopea como estimulante cardiaco. Nalgús libros de fitoterapia pon: "no usar sin prescripción facultativa". Noutros, non se complican a vida e pon directamente :"venenosa". Teño entendido que agora non se usa, ao haber sustancias químicas que cumplen esa función. O investigador que estudóu o seu compoñente activo ("dixitalina"), no S.XIX si non lembro mal, tiña observado que lla daban ós cabalos os soldados de non sei qué exercito, pra que tiraran dos carros, de xeito parecido ao que conta o Medela das vacas de Lobeira. Pero eu non vin nunca nada deso .

Inda debe estar na aldea un libro moi vello de plantas medicináis que comprara na "Resvie", na praza Maior. Con ese libro, con dibuxos, e con outro da editorial "de Vecchi" ,que mercara en "Platero" con fotos, recorría eu as veigas da aldea aprendendo a coñecer as plantas. Tiña unhos doce anos.As vellas da aldea chegaron a decir que eu era algo bruxo. Teño algunhas anécdotas ao respecto que quizáis contaréi algún día.

Aiquí a tedes, a "dixitalis purpúrea". Non sei onde lín que a cor púrpura nos tecidos era tan difícil de lograr que por eso era a cor do manto dos reis. Había que esmagar non sei cantos miles de caracóis...PREMER.

Anónimo dijo...

E, por certo, onte foi a primeira vez en varios anos que non fun pasar a noite de San Xoan a Canghas. Pero claro, cadróu a luns, había verbenas en Ourense, inda estiven o Domingo en Lucus e facíaseme canso guiar hasta Rodeira...

Anónimo dijo...

Dacova, eu non lembro ter visto unha abella entrar nos estralotes. Nos collíamos abesouros, fermosísimos e repoludos abesouros, e íamos soltarllelos ás vellas ó sair do rosario vespertino.

Ese libro da editorial De vecchi eu aínda o conservo. Acabo de comprobar o autor/a Dra, Luciana Varvello, ano 1972, librería Meiga.

Aghora o que temos que interrogarnos é porque a unhes cidadáns que non nos coñecíamos de nada se nos deu por as mesmas teimas as mesmas idades. Eh?. Por que?.

Anónimo dijo...

As abellas, nalgunhas culturas, (a celtoatlántica indoeuropea) eran consideradas seres máxicos.

Algúns paxariños tamén, p. ex. a carriza. Celebrábase no norte do país, na costa de Lugo, caza ritual ata hai ben poucos anos.

Non debe ser casual que o señores Da Coba e Lobo Negro refiran casos relacionados con abellas e/ou abesouros.

Ah, esquecía. Outro celtoatlántico europeo, de apelido Hood, levaba como nome 'Robin' (carriza).

*Carriza: 'Reyezuelo', en castellano.

Anónimo dijo...

Dr. xúlio, eu tamén sonlle apicultor.
Non tema, non o que asina no blog.

Para entendermonos entre nos chamámonos abelleiros. Estiven desde os primeiros momentos con Suso Asorey nos comenzos de AGA, en Compostela, anos 81 e 82.

Hoxe abandoei as colmeas porque me morrían masivamente de "enfermidade" nova e descoñecida. Non é nin fame, nin loque, nin peste. Unha desaparición absoluta, sen rastro de ningún tipo. Misteriosa e inquietante. Todo apunta a un pesticida.

As trasnacionais son máis poderosas ca xente, ca xunta, e co estado español. Un pesticida da Bayer. Quen lle pon o axouxere ó ghato?.

Na França morreron o cincuenta por cento das colmeas. Nos EEUU de América do norte tiveron que tratar o tema no congreso e meteu o fuciño o representante do loby do petróleo, o buxo ise, oh.
Na miña aldea da Limia a queda é brutal, eu non a aturo. O cincuenta por cento do país no meu caso tornase o noventa por cento e a veces o cen. Non repoño.

Hai controversia, non moita, hai quen dí que é un parásito chinés. Ogallá fose eso. Penso que estamos a descobrir o ponta de iceberg de algo moito máis inconmensurable.

Nos anos setenta había ducias de carrizas. Hoxe non lembro ter visto unha, cecais encontre un ou dous níos se busco con método.

Detrás destes bichiños ven a xente.
Fíxese no seu arredor, cantos coñecidos nosos xa caeron.

Carriza (troglodytes troglodytes)

Que teñan todos unha boa noite.

Anónimo dijo...

Dispense que o corrixa, Medela, pero o "reyezuelo" é outro paxariño:PREMER. Moi pequeniño, eso sí. A carriza chámase "chochín" en castelán:PREMER. Fai un niño moi bonitiño, esférico, de musgo, cún buratiño. De aí o nome latino de "Troglodytes". Nunha das plantas trepadoras que cubrían a fachada da casa da aldea, aniñaba a carriza todolos anos. Xa era como da familia.
No "Libro da caza" das Ed."O Moucho" de Álvarez Blázquez atopa este simpático poema:

Eu anduven moito á caza
nunca vin unha carriza
non sei si era polos cans
ou pola miña preguiza.

Tamén hai o dito "Vícheslle o cú á carriza", que creo que significa algo entre "caíches da burra" e "víchelle as orellas ó lobo". QUe o explique o Medela.

Efectivamente, a autora era esa, Lobo Neghro, recoñezo o nome agora que o dí. Pero, no meu caso,o libro vai no carallo fai moitos anos. Os libros de "De Vecchi", por outra parte, adoitan a non ser gran cousa.

A coincidencia na compra dos libros, Lobo neghro, imaxino que é porque eran os que estaban nos escaparates, e suficientemente baratos como pra que puderamos compralos os rapaces de once anos. Os máis caros, miraba pra eles, pero non podía compralos. E, na biblioteca pública, eran todos vellos.

lourixe dijo...

O Lumenovo non usa na chaira o nome cristianizado. Este ano a festa cadrou a luns. A véspera, en domingo -feriado que garante a asistencia de máis convidados- uns veciños celebraron con churrasco que "enramaran" unha nova corte, ritual ben máis enxebre que o romano? Comilonum.

Entre as pedras da casa da miña avoa, cuberta de parra virxe (Parthenocissus) sempre houbo niños de carrizos.

lourixe dijo...

Algún contertulio involucrado?
Triplicouse estes días a demanda de pílula post-coital

Anónimo dijo...

Ganas non faltaron...

Anónimo dijo...

Falando de paxaros e paxariñas...