30 jun 2008

Republicanos galegos, de M.V. (La Región 30.6.08)

República. Publicado polo Ateneo Republicano de Galicia, chégame o libro ‘República e republicanos en Galicia’, da man do seu coordinador, o historiador Emilio Grandío. Este libro colectivo agrupa 11 traballos: algúns enchen baleiros historiográficos; outros son sínteses útiles de diferentes perspectivas. A primeira parte do volume segue unha orde cronolóxica e abrangue o estudo dos grupos e líderes republicanos en Galicia dende a época de Isabel II ata 1936. A segunda parte escolle a perspectiva temática e ocúpase das relacións co republicanismo do movemento obreiro, da escola, da prensa e das mulleres, cunha última entrega sobre o exilio republicano en México. Grandío esculca a andaina dos dous grandes grupos da Segunda República: a ORGA, de raíces galegas, e o Partido Radical, ámbolos dous con semellantes bases sociais (o PR con maior peso no mundo agrario). A ORGA, logo IR, abaneou cara a esquerda e rematou na Fronte Popular. O Partido Radical, acubillo de clientelas anteriores, na busca do centro, acabou nunha posición moi conservadora. O PR rematou desaparecendo meses antes da guerra. Dalgún xeito, os electores pensaron: de imitar á dereita, preferimos a dereita de sempre.
(o artigo completo)

4 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

ESte é o artigo que está en Chuza e do que fala Lourixe noutro fío: xa saira no blog noutra versión, aquí algo reducida.

Anónimo dijo...

Extraño, non sei por qué, que no artigo ó referirse ó papel e diversa ideoloxia da prensa galega, non se faga nengunha mención ó ilustre periódico local no que vostede escribe. Porque algo hai que decir, non sí?

Marcos Valcárcel López dijo...

Non ten nada de estraño, Arxides. Sinxelamente no libro que comento non se cita a La Región.
Como quizais saiba, a miña tese estuda o Ourense político e social da 2ª República e iso obrigoume a revisar todos os números de LR dende 1929 a 1936 e doutros diarios. LR participou activamente na organización da dereita católica, primeiro Acción Ciudadana Gallega e logo CEDA de Gil Robles. Cun certo sentido aberto ós galeguistas (os Outeiriño tiñan moi boa relación cos galeguistas ourensáns, moi católicos). E hostilidade cos mestres progresistas da ATEO: ó respecto teño moitos datos e editoriais que quizais nalgún momento haxa que publicar.

Anónimo dijo...

Graciñas pola acraración D. Marcos, e polo restante anímese que quizaves xa teña chegado o momento de que publique esa información tan pretérita e tan actual se cadra. Sería bon que se fixera algo de luz por se cumprira restituir creto onde houbo estigma, ou viceversa.