12 jul. 2008


en poleiro alleo. ¿Anacos de autovía abducidos?
Afonso Vázquez-Monxardín (LR: 12-7-08)

Por necesidades do servizo -levar unha filla a un campamento ou algo parecido- fixen unha reviravolta preciosa sobre o mapa a fin de semana pasada: Ourense, Zamora, Salamanca, Ciudad Rodrigo, A Guarda, Viseu, Chaves, Ourense. Ou sexa, fun ata o sur de Castela León por España e volvín por Portugal. Teño que dicir que había tempo non facía un percorrido tan fermoso. Non descubro nada a ninguén se lles falo marabillas do románico e do modernismo, ollo, de Zamora e o que queiran desa Florencia castelá que é Salamanca. Tamén, sorpresa descoñecida, Ciudad Rodrigo -cunha barbacana defensiva impresionante e unha estrutura urbana en núcleo medieval chea de vida- e A Guarda e Viseu. A primeira destas é a urbe máis alta de Portugal, a máis de mil metros de altitude -ía un frío que arripiaba- e tamén cunha parte medieval compacta ao redor dunha vella catedral gótica chea de vida e historia.Alí era fácil lembrar o laio de Afonso X nunha das súas raras cantigas de amigo, cando di muito me tarda o meu amigo na Guarda. E se cadra non era tanto a referencia ao desa cougo da moza pola marcha do amado á guerra da reconquista -que daquela andaba por aquelas beiras- se non simplemente que está nun alto de moito nabizo, duns cincocentos metros de alto. Os pobriños atacantes medievais non deberían pois loitar tanto contra os defensores senón procurar non chegar derreados aos pés da muralla a sitiar despois de arrastrar cabalos, catapultas, coirazas, espadas, armaduras, todo sempre costa arriba. Non me estraña que lle tardase o amigo. Viseu, máis adiante, noutro outeiro fermoso, ten un parque urbano central inzado de carballos e castiñeiros; un exemplo para os inimigos naturais das palmeiras entre os que, por suposto, me conto. (...)

10 comentarios:

reis dijo...

don monxardin cos seus artigos sobre portugal devería ja asinar como don Monjardim, como o autarca da autonomía das açores que leva o mesmo apelido Monjardim.

reis dijo...

por certo os meus parabens pelos seus artigos .

arume dos piñeiros dijo...

Xa saben vostedes que son solitario defensor das bondades das vilas castelás, cheas de vida, coma a de Ciudad Rodrigo, senlleiro punto de partida para Serras de Francia e terras jurdanas. Pero Carrión de los Condes, Olmedo, ese Villalón do que fala o amigo Medela, Briviesca son marabillosos, entre outros moitos, espazos dignos de visita, con xantar incluido, xaora.

reis dijo...

há un erro no meu comentario: o autarca a quem referir-me-ia não era das açores, quisse dizer da madeira, e não se chama Monjardim, chama-se joão jardim.
isto que nem vai nem vem, deija tudo como estava e fica bem. obrigado.

lourixe dijo...

E Silos, e Covarrubias, e Lerma... Castela ten moito patrimonio digno de admiración. E moi boa literatura, se non nos cegamos polos prexuizos contra unha lingua que non ten culpa de que algún dos seus usuarios asoballen e desprecen a nosa.

arume dos piñeiros dijo...

Amiga Lourixe: ninguén afirmou nada máis sensato neste blog desde hai moito tempo. Subscribo todo o que vostede acaba de escribir.

reis dijo...

nesa castela "profunda" concordo coas aspreciacios sob a sua beleza e a sua literatura.
Os tempos mudarom mas os galegos como cidadans como pobo os galegos tampouco tinhamos moi boa imaxe o marketing entre os castelans, vivim dous anos, de adolescente, nessa castela de povos, tan achegdos a hestoria , que te levam a idade media.
são cousas da hestoria . o final o galego como tal sempre se impon,a min tocoume ouvir coisas que não me gostavam , hoje todo mudou, e increivel como melhorou a imagem de galiza e dos galegos, para que outros digam, pode subir-lhe a alguns a autoestima.

AVMF dijo...

Creo que o autarca dos Açores de hai anos, non o de hoxe, apelidábase Monjardino. (Ún desa familia foi ministro de asuntos parlamentarios, Alvaro Monjardino. Hoxe outro, Carlos, é presidente da Fundaçao Oriente, que trata de manter a pegada de portugal por onde nace o sol.
Monjardim, polo seu lado, hai moitos tamén polas terras de fala lusa. Sobre todo é famoso Jaime Monjardim, cineasta brasileiro.
Acho que nenhum deles é da minha familia. Até onde eu sei.
En calquera caso isto a ninguén lle importa.

arume dos piñeiros dijo...

Cando se escoitan cousas pouco favorables sobre un país ou sobre a xente dun país, convén desprezar (mesmo combater coa denuncia in situ con preguntas do tipo; cantos coñeces?) a quen as pronuncia. Non convén facer o mesmo ca eles. Convén diferenciar entre o cretinismo de quen sostén esa parvada e o país, terra ou lugar no que vive.
[Eu, amigo Reis, que vin daló para acó tamén vivín eses comentarios: os que os pronunciaban agora son amigos meus, pero algunha desculpa, cos anos, tamén escoitei]

Anónimo dijo...

Guarda, la "patria chica" de Carmen Yazalde