5 jul 2008


Medalla de Ouro
Andoliña 5 xullo 2008. Imaxe: don Paco Fdez del Riego, por X. Vizoso.

18 de maio de 1948. Dende Madrid Ramón Piñeiro escríbelle ó seu amigo Fernández del Riego e pídelle información sobre a nova editorial que se está a xestar, ofrecendo toda a súa colaboración "para que esta empresa acade a envergadura e a consistencia necesaria para que se asegure un influxo cultural permanente e eficaz". Dende o comezo está moi claro que o que recibirá o nome de Editorial Galaxia, fundada o Día de Galicia de 1950, é moito máis que unha empresa cultural: en realidade, é un gran proxecto político de resistencia dende o galeguismo e de imaxinación dun futuro diferente para a nosa terra.
Contaban para iso cos mellores vimes: don Paco del Riego e Piñeiro, Otero e Carballo Calero, Xaime Isla e Gómez Román, toda a Xeración Galaxia de ensaístas e poetas. Cando naceu, os galeguistas do exilio interior recibían por subscrición todos os libros da casa: un par de centos de militantes da galeguidade. Logo virían as novas xeracións de estudantes de Compostela, que publicaron aló os seus libros, nas coleccións para noveis: entre eles, Carlos Casares, futuro director.
Unha Medalla de Ouro ben merecida: o premio a todo un país simbolizado no mellor ADN do seu pensamento e da súa creación.
A conquista de Galaxia é que Galicia non sexa monopolio de ninguén»

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Curiosa versión en galego da suposta versión castelá da noticia que xa viña en galego na Voz.

Anónimo dijo...

O premio a Galaxia e a Piñeiro é un premio á Galicia de todos !Viva Galicia Ceibe!

Anónimo dijo...

O Premio a Galaxia non é un premio a Galiza de todos, o premio a Galaxia é un premio a unha idea de Galiza, que non é dende logo unha Galiza Ceibe.

Anónimo dijo...

Así como non hai unha única idea de Galiza, tampouco hai unha única idea de Galiza Ceibe. Xa que logo, está de máis o "dende logo".

Anónimo dijo...

Os galeguistas-piñeiristas non asumirían nunca unha Galiza-Ceibe.

Anónimo dijo...

Si usted lo dice...

Anónimo dijo...

Se vostede o di.