14 oct 2008


A erguer unha videira...
andoliña martes 14-10-08

Que cousa é a vida?
Vaia pregunta para un martes pola mañá, nesta contraportada onde sería imposible calquera proxecto de resposta. Cada artista, cada poeta, cada filósofo, ten a súa resposta e todas son quizais válidas. Aínda máis: de certo, cada individuo e en cada hora, en cada etapa da súa vida, tería algo que dicir ó respecto.
Eu gusto sobre todo do que din os poetas. Collo un libro, sempre próximo, O espírito da Terra, de Miguel Torga. E leo a súa Bucólica, escrita en San Martinho de Anta, 1937: "A vida é feita de nadas/ De grandes serras paradas / À espera de movimento; / De searas onduladas pelo vento; / De casas de moradia / Caídas e com sinais/ De ninhos que outrora havia / Nos beirais; / De poeira; / De sombra de uma figueira; / De ver esta maravilha: / Meu pai a erguer uma videira / Como uma mãe que faz a trança à filha". Non é mala resposta, non: a marabilla do pai coa súa videira, da nai facéndolle as trenzas á súa filla.
Vaia en homenaxe, se mo permiten, de Ramiro Fonte, poeta e novelista, autor desa excepcional triloxía que comeza en Os meus ollos. E con el, en lembranza tamén do sociólogo Xoán Bouzada e do pedagogo Suso Jares: tempos mouros estes meses para a nosa cultura.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Sempre gostei do seu libro de poemas "Luz do mediodía", editado por Espiral Maior hai xa uns anos. Lástima que os poetas non poidan dispor desa luz de xeito eterno!
Súmome ás condolencias polo pasamento dunha voz tan refinada da nosa poesía.

Anónimo dijo...

Perdonádeme o atrevemento pero gustaría de saber de que morreu o Ramiro Fonte. É curiosidade caseque científica, porque o Novoneira, o Avilés de Taramanco, o Manuel María deberon morrer do mesmo (cáncer linfático, creo, confirmade) e se for así habería que pensar en algunha casuística particular. Exp. coincidiron todos nun xantar no que houbo vieiras...é un exemplo...pero a mín pódeme a epidemioloxía e non podo pasalo por alto.

Anónimo dijo...

O pai dun amigo meu morreu hai cinco anos dun cáncer de pleura. Rarísimo.
Participara na des-amiantación do instituto da vila nos primeiros anos setenta. Declarouselle o mal trinta anos despoís. A relación causa-efecto hoxe é inequívoca, daquela non se sabía.

Anónimo dijo...

¿Cantas palabras lle quedaron por dicir ós poetas mortos?

¿Cantas cuestións deixaremos de entender pola ausencia definitiva das palabras xamais pronunciadas polos poetas mortos?

¿Cantos poetas vivos ficaron mortos no xusto momento que adulteraron as súas palabras, as mentiron, as venderon á morte fáctica?

¿Por que a fe vivificadora nas palabras ten que ser o frontispicio dun dos libros máis ensangrentados pola inversión -¿ou a inmanencia?- da súa mensaxe?

¿Por que teño que admitir que me fascina que sexa O VERBO -A PALABRA- quen me salve, quen nos salve?

¿Por que morren os poetas coas palabras agrupadas tras dos ollos, imaxes que xamais servirán para nada, consolos que nunca aliviarán ningún dolor?

¡Que veña O VERBO e que me salve, que nos salve!

A min lévame matando desde que o quixen borrar dese libro fatal.

Anónimo dijo...

No vales para poeta, no te tires el moco.

Anónimo dijo...

"¿Por que a fe vivificadora nas palabras ten que ser o frontispicio dun dos libros máis ensangrentados pola inversión -¿ou a inmanencia?- da súa mensaxe?"

Xuro por Cristo que non entendo nada.

Anónimo dijo...

¡Deus meu!

Anónimo dijo...

Madía leva...

Anónimo dijo...

¡Que burriños sodes, cago na mar salada!