primeiras postais de Nadal (3)
Ademais de todas as citadas en post anteriores, chegaron tamén nestes días postais de nadal da alcaldía de Ourense (Francisco Rodríguez, con tarxeta de UNICEF); da concelleira de Igualdade, Xuventude e Voluntariado (Marta Arribas, con tarxete de Amnistía Internacional e versos de Millán Picouto); do fotógrafo e amigo Eduardo Núñez; de Fíos Invisibles; de Amancio LIñares e Antonio Puentes, da editora 3C3 (coa fotografía de Cristina Durafe, que reproducimos enriba); etc.
Velaí os versos de Millán Picouto na postal de Marta Arribas:
Que o camiño que sigamos
se distinga do dos astros,
que por órbitas de aceiro
circunvoan engastados.
Non, o noso brinque e bula,
mude e forza a cada cando
e, para asombro do universo,
naza só dos nosos pasos.
2 comentarios:
A ver se pró ano que vén me lembro de diseñar postáis navideñas -brincadeiras:
Van camiñando pola neve o "home de-neve -pai" e o "home-de-neve-fillo". O rapá ve un pozaco de auga e písao con forza, salpicando tamén ó pai. Ao rapá derréteselle parte do pé. Bérralle o pai: "Téñoche dito que non xogues con lume!! "
Chistes ingleses:
Atópanse en nadal dúas chivas inglesas. Dille unha á outra: "MEEEEEEErry Christmas".
Atópanse dous gatos ingleses en ano novo. Dille un ó outro: "Happy MIAAUU year".
Quédalle ao Tarzán un pé enganchado nunha liana, e vai dando golpes contra o tronco das árbores, berrando o seu famoso berro tras cada golpe. Dille unha mona a outra (falaban inglés): "Vaia, JUNGLE bells".
Publicar un comentario