6 may 2008



FÍO MUSICAL (6). LA PIEDRA IMÁN. Música, por CARLOS MARZAL (El Mundo, Campus, 30.4.08)

A dónde nos conduce la música cuando la escuchamos? ¿Dónde nos hace estar? Estar, sí: porque la música, más que transportar, más que representar un trayecto, significa un estado, un lugar en el que hallarse, aunque sea de forma sucesiva, con el discurrir de la misma música. Un encadenamiento de tierras de acogida. Con la música nos encontramos en alguna parte, que es parte alguna: el lugar de la música. Es un territorio paradójico: no es ningún lugar concreto, y, sin embargo, es un concreto lugar. No podemos asignarle nombre, no sabemos asignárselo. Y, además, no hace falta. Conviene que quede innominado, entre nieblas, con su nimbo de misterio. Ese país de la música se halla en nuestra interioridad y fuera de nosotros, que hemos sido depuestos de nuestro yo, sin dejar de ser nosotros mismos. (...)

Nota: seguen sen chegar os Fíos Musicais de moitos dos contertulios: Arume, Apicultor, Leituga, X.M. Gzez., Jim Morrison, Monxardín, J. Medela, etc. etc. Xa saben que o blog segue aberto ás súas propostas. (Imaxe: Concerto campestre, de Giorgione)

16 comentarios:

Anónimo dijo...

É verdade o que di Carlos Marzal: as palabras non chegan a explicar, a desentrañar o significado da música. ¡Pobres de nós que vivimos nun mundo de palabras!

Nada pode substituir a experiencia musical directa. E se esta é activa (facendo música) e non só como meros consumidores, tanto mellor.

Velaí unha das funcións sociais dos coros populares: facilitar o contacto directo coa música; democratizar a súa práctica.

Así o vexo eu.

Xabimusic.

Anónimo dijo...

Non me gustan moito as misticadas musicais. Como tampouco as dos arquitectos que cren ser un segundo creador ou as cursiladas habituais sobre o poder taumatúrxico da poesía, por poñer exemplos próximos. Non aturo moi ben ese platonismo de pantuflas.

Anónimo dijo...

As palabras nin siquera explican ben ás propias palabras, sabeno ben os traductores, canto máis a música.

Anónimo dijo...

As palabras case sempre se refiren a algo externo a elas mesmas, son unha representación de outra cousa. A música só se representa a sí mesma. O que afecta aos nosos estados de ánimo adoita a non ser o "material musical" en sí, senón a certas estructuras sonoras usadas pola música. Un exemplo, que non sei se será moi afortunado. Si o color roxo nos excita, escitarános calquera cousa escrita con tinta roxa, moito máis que o contido da mensaxe.

Anónimo dijo...

Os intérpretes da torá non estarán moi de acordo co primeiro. Lembre aquilo de in principio erat verbum.

Anónimo dijo...

Cando as palabras se refiren a sí mesmas, saltan os fusibles. O Big-Bang debeu estourar cando o Verbo, que era Deus, referíuse a sí mesmo.
Xa lles contéi aquela frase que era certa ela mesma e a súa negación. Esta frase ten cinco palabras(certa). Esta frase non ten cinco palabras (tamén certa).

Outra:
No Parlamento inglés:

-"A metade dos membros deste Parlamento son idiotas".
- "Retire as súas palabras".
-"Está ben.A metade dos membros deste Parlamento NON son idiotas".

Anónimo dijo...

Campeó-on (sol sol sol mi)
Campeó-on (mi mi mi do)
oé-oé-oé (do re re sol sol mi )

Desculpem. É a euforia de ir de primeiro na liga de incondicionáis ao blog que se ve á dereita.

Anónimo dijo...

Pra queñes gusten de estudar os problemas da linguaxe autoalusiva, recoéndolles este libro que lin fai anos. Non entendín nada, pero vostedes igual sí:PREMER.

Eu tuven unha revelación, fai moitos anos, sobre a singularidade das vergas autoalusivas paseando por Pontevedra. Chovía, e deime conta de que o paraguas podía tapar calquera cousa, menos a sí mesmo.XDD.

Anónimo dijo...

Era verbas, non vergas.

Anónimo dijo...

Sr Cova Gómez, non se durma nos loureiros, que eles tampouco lle dormen coas papas na boca.
Na historia da casa sempre houbo que contar coas primeiras posicións cós outros reis. Primerio o rei indiscutible foi Api, quitoulle o reinado Arume, e neste momento manda vostede, ainda que coido que o datos que reflicte hoxe a táboa está un pouco desvirtuada, o profesor González, entraba en liza, e agora mesmo baixa posicións quizais pola presión do traballo que está a sufrir.
En todo caso parabéns a todos polas súas sempre entretidas, e didácticas intervencións.

Anónimo dijo...

Síntoo, mais aquilo de "in principio erat Verbum", nada ten que ver coa Torá.

Ademais, o principio dese principio, non era o Verbo senón o Logos, que pode ser o mesmo ou non. ¡As palabras!

Anónimo dijo...

O Sr. Da Coba Gómez, pode durmir nos loureiros cando queira.

Anónimo dijo...

Da Cova diría que "In principio" foi o número, non o logos nin o señor das barbas.

Partiamos dos seguintes tres axiomas:

1. Da Cova est Dieu et Valcárcel son prophète.
2. Internet is for porn.
3. Galicia, mañá, será republicá.

Anónimo dijo...

Hum, Voce na Néboa, non sei se serán exactamente independentes entre sí eses axiomas ou conteñen algo de redundancia implícita.Anque, si ten vostede tanta intuición como Euclides có seu Quinto Postulado, mellor deixalo como está. Que non vou ir eu de Lobachetski nin de Riemann.

Anónimo dijo...

No principio foi o UN.
Logo veu o "principio de inducción completa".
A partires de aí, o despelote.

Anónimo dijo...

Da Cova:

Se o un é un número malo (que lle vou contar), o dous, se non se levan ben as cousas, pode ser aínda peor.

Agora que... o peor de todos é o tres. É o número da discordia, da cornamenta non desexada, da mazá a medio morder (que normalmente non mordeches ti).

O único número perfecto é o carolo. O cero está representado nos aneis que se entregan os que van casar. Simboliza infinito da unión.

E tamén aquilo ao que tendemos, mesmo os guapiños de cara coma nós.