
5 nov 2007

O artigo completo
Se calcula que, sólo de la primera categoría, la de gente que se dedica a la literatura, la cifra ronda las 600 personas. Si a ella se sumasen todas las otras actividades no cabe duda de que el cálculo nos depararía una sorpresa. Además, habría que incluir un porcentaje de profesores y otras actividades académicas. (...)
Un clásico de la sociología, Thorstein Veblen, lo definió -pero lo que estaba haciendo era definiendo el lujo- de un modo inmejorable: consumo conspicuo. Podemos ensayar esta otra definición, más amable: lo que contribuye a decorar nuestra vida, elevándola por encima del rasero de una cotidianidad roma. (...)
Y es que, aunque no hace mucho la pretensión generalizada entre los intelectuales era la de desempeñar el papel del crítico social, lo cierto es que la intelligentsia local ha sido, desde este punto de vista, de gran inocuidad. Su efecto ha sido mínimo, apenas discernible. De no haber existido, tal vez ni se habría notado su inexistencia. (...)
La Región 4 novembro
Cultura e crítica. Na primeira xeira desta serie (o pasado luns) falamos da forza das asociacións culturais galeguistas nos anos 70 e da súa crise posterior, cando o nacionalismo toma maiores responsabilidades políticas. Seguimos hoxe nese percorrido.
Despois dunha crítica moi potente e rigorosa ás políticas culturais do PP, xusta e atinada na maioría das ocasións, vemos que agora non aboian as alternativas que se daban por existentes: no peor dos casos faise o mesmo que xa facía o PP con pequenas maquillaxes de matiz. O dito vale tamén para moitos concelleiros nacionalistas que desempeñan responsabilidades de goberno no campo cultural: semellan algúns deles subsumidos nun sono eterno que nin o do rei Arturo...
Proxectos perdidos. Moitos votantes esperabamos moito máis do nacionalismo no eido cultural. Noutros campos ninguén soñaba con milagres, pero na cultura cabía albiscar outra realidade. O nacionalismo ten un marco competencial reducido, porque tamén se fai Cultura, con maiúsculas, dende outras consellerías e un papel relevante ó respecto tamén o cobren Educación, Política Lingüística e Comunicación e TVG, que no pacto de goberno non quedaron en mans nacionalistas. Pero o certo é que, ó abeiro dunhas cativas realizacións (a maioría delas nunha liña de continuidade), os proxectos pendentes s
on moitos. Cando menos aqueles que figuraban en todos os programas culturais do BNG (molesteime en consultalos dende o ano 2000). Por exemplo, que foi da Editora Nacional que deseñaría unha liña estratéxica de publicacións da Xunta? Que foi da demanda de atención á cultura galega nas embaixadas do Estado español en Portugal e nos paraísos da área lusófona? Ou da demanda das medidas necesarias para a recepción recíproca da televisión entre Galicia e Portugal? Ou da esixencia para que os ministerios de Educación e Cultura fomenten e financien actividades culturais nas catro linguas do Estado, para estimular o intercoñecemento das mesmas? Que foi do Instituto Rosalía de Castro que se ocuparía da proxección da cultura galega no mundo?Tamén se reclamaba un aumento substancial das horas de emisión en lingua galega en radio e TV e a recuperación da desaparecida Radio 4 de RNE. E a divulgación do cinema e vídeo galego nas salas comerciais e a dobraxe en galego do cine estranxeiro. Remato polo de agora, pero o abano de propostas pendentes podería encher un par de páxinas máis.
Catálogo de desculpas. Ante esta realidade obxectiva caben varias respostas. Escollan vostedes mesmos. A primeira: agora démonos conta de que as cousas son diferentes no goberno e na oposición, os orzamentos son cativos, pero as inercias son xigantes. A segunda: é que o PP tampouco o facía tan mal, moitas cousas non se poden facer doutra maneira (alternativa difícil de vender ó electorado, creo). Terceira: é que levamos moi pouco tempo, os cambios veranse máis adiante, cando as cousas vaian avanzando. Dous anos na Xunta é un tempo razoable para albiscar liñas de cambio?
4 nov 2007
Suso de Toro publica hoxe en El País un artigo sobre os rexistros da lingua ("Choiva" y galescolas) que, polo exemplo escollido ("chuvia"/"choiva") lembra moito o espírito doutro recente de Monxardín que xa colgamos nesta casa (Velaquí). Casualidades da vida.
Algo de ese deseo de encogimiento vi cuando se me apareció por primera vez la palabra "choiva" en un panel en la autopista. Nunca había oído esa palabra ni la había leído pero, por el contexto, comprendí que era otra forma de "chuvia". Como aquí hablamos mucho de la lluvia, casi es un signo identitario, me sorprendió enormemente que alguien que se ocupa de fijar las palabras de nuestra lengua hubiese escogido aquella forma para algo tan común. No dudo de que habrá lugares en nuestro país donde se dice así y que es una evolución tan legítima desde el latín "pluviam" como nuestra "chuvia", pero esa forma tan minoritaria, no utilizada hasta ahora en la escritura, nos separa de nuestro contexto lingüístico, de los millones de personas que en el mundo dicen "chuvia" y "chuva". Es la búsqueda de la rareza, probablemente motivada para marcar distancia con la forma castellana pero obviando que formamos parte de un gran mundo lingüístico, ese mundo en el que el gran Toquinho canta con Maria Creuza "a chuva molhando seu corpo, que eu vou abraçar". Es un camino de separación que nos conduce a fijar una lengua rara, fuera de contexto. En vez de abrirnos y extendernos, nos encierra y encoge. Nos separa de nuestro contexto lingüístico y nos minoriza.


"Hai imaxes colectivas que temos todos e que teñen orixes remotas pero que permanecen e funcionan pasado o tempo, mesmo reconfigurándose ao pasar a literatura escrita", sinala o escritor lugués que destacou a relación da mitoloxía popular e os diversos xéneros da literatura oral cos diversos tipos de literatura escrita.

1983: Nace o Consello da Cultura
alega e tamén a Asociación Galega de Editores, con sede en Santiago. E nesa listaxe de efemérides debe figurar tamén a fundación do Museo das Mariñas en Betanzos; da Fundación Alfredo Brañas en Compostela, e da Asociación Galega de Artesáns. No plano político, xurdían en Santiago os Comités Abertos de Escola e Facultade (CAEF), nos que militaría a actual conselleira de cultura, Ánxela Bugallo. O Concello de Redondela recibía o Pedrón de Ouro e exhibíanse Galicia adiante dúas mostras importantes, patrocinadas polo Ministerio de Cultura, unha sobre a Guerra Civil Española e outra sobre o debuxante e humorista Bagaría, comnpañeiro de Castelao. (...)
Rajoy e as contradiciónsPan por Pan domingo 4 novembro. A viñeta é do xenial Forges, claro (El País).
De sabios é rectificar: en honor ó dito, temos que felicitar a Mariano Rajoy porque rectificou as súas declaracións sobre o cambio climático: “uno habla casi todos los días y a veces se puede equivocar”. De paso libera ó seu pobre curmán dun gran peso morto: xa pode ir ós congresos de novo coa cabeza alta.
O mundo está cheo de contradicións: hai que esforzarse en entendelas. Por exemplo, protestamos contra a TV lixo, con razón, e hai colas de varias horas para entrar no Museo do Prado. E cada vez teñen máis éxito as series de médicos e cada vez hai tamén máis hipocondríacos: mellor sería que non as visen, non? Pero, ben, o caso é que os asesores de Rajoy lle dixeron que había que rectificar e acertaron. Hoxe mesmo dixeron na tele que as castañeiras da rúa vendían menos polo cambio climático. Se Rajoy se fixase niso, ata escusaba facer o ridículo a semana pasada.
3 nov 2007



No serán, unha xanela afastada admite luz amortecida no Portón do Recanto. Tempo e luz semellan hoxe aliado natural de certa apoloxética ao revés que é degustada polo alleo e moitos propios. “O peor de Galicia”, define un viaxeiro que olla desde o tren e pronuncia Lugho con entoación sorneira connotando rusticidade; só eu o presenciara e escoitara, pero hoxe case todos poderían aboalo e o que non, calaba. Ás nove menos cinco Sara e Chus levantan co tempo xusto para acadar a rúa do Miño na hora de chegada que lles marcan; deixan sen moita pena unha reunión de frases breves que seguramente non animaría nin o Jumpin’ Jack Flash. Saudade é palabra que algúns acaban de adquirir; se familiar a todos, non resultaría mala expresión para o que nos pasa.
Que nos falta? Algún observador de lugueses había dicir que humor e chispa, sempre; iso faría, xaora, antes de tratar o Sesé Llamas, poño por caso, ou o Mero Iglesias. Outro que se a choiva e lousados cinsentos, pero temos tamén o aire lixeiro das alturas. Alleos nós a tales metafísicas, porén a empatía non acorda, ou seica a mesmidade chama por unha introspección longo tempo demorada, que a propia mocidade tenta e consegue evitar a cotío en forma doada e voluble.
Grandío conta un conto, gaña algo de tempo, consegue algún sorriso e comentario; pero a el mesmo nin lle brillan moito os ollos nin dan esa impresión de xirar vertixinosos. Entra Xavier Rodríguez Barrio, atrae un par de olladas mais volve saír, non deixa ronsel a incipiente fama de poeta enxeñoso. A pouco e pouco erguemos, imos marchando en silencio, apenas un adeus, ata mañá; dúas ou tres mozas baixan, collidas do brazo, camiño da rúa Cidade de Viveiro. Na Praza do Campo, outros poucos endereitan pola Rúa Nova.
Xa senlleiro, parece o momento de sonho para fazer a fantasia. Pero a noite vén favorable a un estrañamento que desbote calquera caste de entroido. Bo para estoicismo, igual, ou ascetas. Nos soportais da Maior cruzo a Xosé Gayoso Veiga tras bufanda e abrigo, o matemático solvente que puido quizá ser gran científico; semella que o mundo vai con el a medias. No Centro e o Cantombar pouco siareiro queda, non sei qué ten o Madrid (barra fronte á porta e en ángulo, talvez), sempre denota máis bulicio. Un garda municipal ascende o paseo cara ao Pazo do Concello.
Pero son impresións lenes, quizá reflexo doutra anterior, ou posterior. Todo pasa bastante inadvertido, coma a señoriña que leva maletas na Porta da Estación e agora vén por onda a igrexa da Nova; igual có escaparate de Aquilino e a súa grande navalla de reclamo; coma Fole, que fóra de portas debeu xa coller do café para a casa. “Deixei Lugo, e a medida que me afastaba, sentía que me abandonaba gozosamente a opresión que sentira, sentía dentro de min que volvían renacer as miñas ideas, liberadas xa de tanta tristura”; escribiu Petitcolin e non é iso, non é iso. O mundo non é amigo, cómpre buscar achego nalgún xalundes. San Pedro abaixo, ecoa Vinicius. Tristeza non ten fin.
2 nov 2007
Colonialismo ou tradición? Ferrín, en Tempo de Santos, hoxe no Faro, desmonta a suposta tradición galega do Samaín, que para el non é máis que un remedo das películas uSA.
Por outra banda, a edición da Voz de Ourense dá conta da convocatoria do 1 de decembro 2007, dun xantar de antigos militantes da Asemblea Nacional-Popular Galega (ANPG), entre 1974 e 1982. Ocúpase da organización o historiador Bieito Alonso: "Morriña nacionalista", crónica de Xosé M. Rodríguez.
1 nov 2007
Torquemada novatoÉ certo ou non que existe un documento interno do BNG de Ourense con orientacións para dirixir a política cultural do Concello?
É certo que en tal documento se quere condicionar a política de subvencións culturais a afinidades políticas?
É certo que o Torquemada novato que redactou estes papeis mesmo acode ás maiúsculas para sentar cátedra do seu dogmatismo e sectarismo?
É certo que neses papeis hai ademais expresións desprezativas cara o PSOE, o Liceo e a Fundación Carlos Casares?
É certo que nunha asemblea do BNG alguén dixo, ante a proposta de formar o Consello de Cultura Municipal, que “diso nada, a política cultural xa a dirixe o partido”?
Discurso pobre sobre o botellón Andoliña sábado 3 novembro. Imaxes: Autoretrato como Baco enfermo, de Caravaggio, 1594; e Os borrachos, de J.Ensor, 1886.
Escoito nunha emisora de radio falar a un sociólogo sobre o tema de maior actualidade: o botellón. Afirma que os mozos amosaron, inventando este sistema, unha gran creatividade para acceder a formas de lecer propias sen deixarse estafar nos pubs e discotecas. Isto é certo e algúns aínda engaden que se trata dun xeito especial de “cultura” (Cultura e Democracia, por certo, deben ser as palabras máis sobadas, gastadas e manipuladas en todos os idiomas do mundo).
a culpa. Nin o de atentar contra o patrimonio urbano. E tamén sería pertinente recoller logo as toneladas de lixo que se deixan nas prazas: como produto artístico, pouco orixinal. E non sobraría unha reflexión adicional: a quen interesa esa apoloxía do consumo de alcohol que é para moitos, non para todos, o botellón? Supoño que, pasados uns anos, cando cheguen adultos cos fígados estragados ós hospitais, o Estado buscará unha solución: para rebaixar sequera o desbocado gasto sanitario, como pasou co tabaco.
"CORAZÓN", de Bieito Iglesias (ECG 1-XI-07). O amigo Bieito Iglesias, sábeno ben os que teñen a sorte de coñecelo, é , entre moitas outras virtudes que ten, un altísimo especialista en asuntos de Corazón: e non falamos do plano médico, senón das revistas couché e prensa rosa. Non sei de onde saca tanta información, pero tenos feito rir en xuntanzas a gargalladas falando do Julio Iglesias e dos grandes da jet. Para proba este artigo.
"Que nos dure a realidade do país", Alfredo Conde (ECG 1-XI)

Andoliña 1 novembro
E, aínda con maior transcendencia, a sentencia do xuízo do 11-M. O Tribunal xa se gañara o respecto de todos cun labor procesual impecable. Nos últimos días o PP recuou todo o posible nas paranoias que promoveu con tanta forza. Para non facer máis o ridículo, supoño. España gaña puntos no mundo ditando xustiza contra o comando salafista que perpetrou o horrible atentado: un grupo nacido dun cisma relixioso na mesquita de Madrid, que acordou nun cumio en Estambul converter Europa en “territorio de guerra”. Os que estivemos contra a guerra de Iraq, os que non admitimos os abusos de Guantánamo, os que non cremos en falsas conspiracións, podemos tamén estar satisfeitos.
31 oct 2007

Abro este fío polo interese do artigo seleccionado, "Teoría da conspiración", de Miguel Anxo Fernán Vello, e tamén para ubicar aquí o debate e posibles consideracións arredor da sentencia do 11-M (cando escribo aínda non consultei as novas ó respecto).

Andoliña 31 outubro (Na imaxe, Man e serpe, de Menchu Lamas, unha das artistas integradas en Atlántica).
Para documentar os datos da miña serie dominical, Cen Anos de Historia Cultural, utilizo, ademais doutros materiais, revistas da época e tamén suplementos culturais. Destes teño unha colección particular dende os 70. Nestes días, manexando un deles, decateime do extraordinario valor dese xornalismo cultural, mesmo cando pasen varias décadas da súa publicación. Velaí o caderno titulado Cultura nacido da man de Luís Álvarez Pousa en La Voz de Galicia en 1980.
Velaí a atención destacada a escritores como Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro (estes falecidos uns meses antes), Cunqueiro ou Vicente Risco. E a apertura naquel suplemento de debates relevantes na nosa historia cultural: a demanda da literatura de quiosco, as diferentes estratexias narrativas, o conflito normativo, os problemas do teatro galego, a atención á renovación das artes (Atlántica) etc.
Por aquelas páxinas pasaron autores como Carlos Casares, Anxo Tarrío, Alonso Montero, Carballo Calero, Basilio Losada, Víctor Freixanes, Xosé A. Perozo, Manuel Rivas, Xavier Seoane, entre moitos máis. Aqueles textos son testemuño vivo dunha época. Xa o é tamén a magna Revista das Letras, cada xoves na rúa con Galicia Hoxe.
30 oct 2007






