8 jun 2007
En homenaxe ó noso amigo lugués (XMG), recupero aquí unha recensión que fixen hai seis anos da biografía que siro López dedicou ó filósofo de Lugo Celestino Fernández de la Vega, do que me acordei nestes días falando sobre escritores e suicidas. (O artigo completo vai en comentarios).
(...) A segunda parte do libro é magnífica porque Siro acerta a darnos un retrato humano desa personalidade complexa que foi Fernández de la Vega, un romántico e filósofo-poeta, filósofo do humorismo tamén, “pero non humorista, tal e como nos ensinou a entender o termo”. Ese retrato non debe quedarse no estereotipo dunhas cantas claves repetidas a menudo: pesimismo, nihibilismo, escepticismo sarcástico, que, con ser reales, quizais reduzan ó personaxe en exceso. Sitúase ó autor moi perto de Luis Pimentel como exemplos do que Heidegger chama “existencia auténtica”, anticipación da morte e, xa que logo, morte ontolóxica, incorporada á vida, vivida a cada instante; nesta liña case nin sorprende a carta, divulgada por Alonso Montero, que Cilistro lle mandou a Unamuno, en marzo de 1935, intuíndo xa o que sería o seu triste final cinco décadas despois: “me asusta la idea de que mi paso en este mundo no quedará otra huella que la escueta noticia de un periódico provinciano que diga, poco más o menos, “ayer aparecía en el Miño el cadáver de Celestino F.de la Vega”.
(...) Siro acerta plenamente ó recrear a este intelectual, lector de Unamuno, Pimentel e Francis Jammes, a pasear polas rúas de Lugo, namorado da súa cidade e sen medo a ser tachado de provinciano: “Pero, ¿no se da cuenta de que Lugo es el crisol del mundo? ¿Quedan en otro sitio esta paz, esta posibilidad de diálogo, esta inquietud y variedad artística?”.
Andoliña 8 xuño (Imaxe: detalle de Delacroix)
Sigo aprendendo moitas cousas no último libro de Santiago Lamas, “Ferrín e outras historias” (Ediciós do Castro). Como xa dixen, boa parte do mesmo está ocupada por un ensaio sobre os que se quitan de en medio, referido a escritores e a personaxes suicidas, con especial atención ós que aparecen na narrativa de Méndez Ferrín: velaí os de relatos como “Odiado Amado” ou “Morrer en Laura”, entre outros.
Hai milleiros de libros e artigos sobre o tema dos suicidios: estudáronse os seus condicionantes, variables, formas, etc. Pero nada sabemos dos porqués: “a socioloxía do suicidio non nos ensina nada sobre o suicidio como drama individual.” Porque pertence á máis radical subxectividade: un acontecemento banal para uns pode ser determinante noutra persoa para que se derrube o seu mundo e busque o seu final. Aínda que existe unha palabra breve que nos achega a esas claves: “só”. T. Joiner conta o caso dun paciente que deixou unha nota na que dicía que ía camiñando até a ponte de Golden Gate, pero que, se no camiño alguén lle sorría, xa non o faría. A literatura si sabe dos porqués. A soidade como expresión do sufrimento. Como no magnífico poema rosaliano “Soia”: “como naide a esperaba/ ela non tornou máis”.
7 jun 2007
Este soneto é citado e reproducido no libro de S.Lamas que comento nestes días. E creo que moi a conto co tema do seu estudo. Ademais, Ferrín abre o seu poema "Triste Stephen" cun verso deste poema: "Errei todo o discurso dos meus anos..."
Erros meus, má fortuna, amor ardente

Em minha perdição se conjuraram;
Os erros e a fortuna sobejaram,
Que pera mim bastava amor somente.
Tudo passei; mas tenho tão presente
A grande dor das cousas que passaram,
Que as magoadas iras me ensinaram
A não querer já nunca ser contente.
Errei todo o discurso de meus anos;
Dei causa [a] que a Fortuna castigasse
As minhas mal fundadas esperanças.
De amor não vi senão breves enganos.
Oh! quem tanto pudesse, que fartasse
Este meu duro Génio de vinganças!
Luís de Camões
6 jun 2007


5 jun 2007
Monxardín pregúntase de quén son as siglas dos partidos políticos. Xosé M. Sarille xustifica o peche dun canal de TV venezolano por ser golpista. Pola súa banda infórmase da edición dun epistolario de Dionisio Ridruejo, personaxe do que se falou aquí hai unhas semanas.
Siglas políticas (Afonso Monxardín en Galicia Hoxe)
O cerre de Radio Caracas Televisión (Sarille en El Correo Gallego)
Dionisio Ridruejo, o fillo contrariado de Franco (Galicia Hoxe 6 xuño)

Andrés do Barro.
Andoliña 6 xuño
Hai uns días a TVG emitiu un programa especial dedicado a relembrar a figura do cantante galego Andrés do Barro, falecido no 1989, cando contaba 42 anos. No que eu vin, que non foi todo, tivo certo interese, aínda que o actor Luís Tosar abusou un pouco insistindo niso da estética do dobarrismo. Doutra parte, moitas das versións que alí se tocaron a min gústanme máis na súa interpretación orixinal.
Esta recuperación deste cantante ferrolán non é de agora: hai meses que está en vigor na Radio Galega e no mundo dos blogs de internet. Despois de moitos anos esquecido, agora todo o mundo relembra cancións como O tren, Rapaciña, Corpiño xeitoso ou Teño saudade: de O tren, da que son coautores os letristas Xosé Manuel Silva e Xavier Alcalá, falamos o domingo pasado na sección Cen Anos de Historia Cultural pois apareceu no ano 1969.
O artista coincidiu no seu tempo histórico co nacemento de Voces Ceibes, con Benedicto, Bibiano e Miro Casabella, entre outros. Dende a esquerda facíanse críticas duras contra este modelo de canción comercial en galego, por non comprometida. Hoxe hai que admitir que o ferrolán tiña pezas fermosas. E, ademais, había sitio para todos.
Aínda que é evidente que nas eleccións hai sempre quen gaña e quen perde, os resultados das municipais do pasado domingo introducen tantos elementos de compensación para uns e para outros que, finalmente, incluso os que perden votos poden considerárense, se non completamente satisfeitos, si polo menos mellor parados do que se prevía. Puido ser peor, estarán pensando aliviados, por exemplo, nas sedes pontevedresas do PP, e mesmo celebrando como unha gran victoria a agónica conservación da Deputación Provincial por un pequeno número de votos. Hai nacionalistas que se sinten decepcionados pola non consecución dalgúns importantes e explícitos obxectivos, pero o certo é que o seu descenso nas cidades vese compensado polo relevante papel que van desempeñar na súa gobernación. Os socialistas, dende logo, teñen que estar ben contentos. Por aí non hai queixa, aínda que algunha das moitas expectativas depositadas nestes comicios non fose finalmente cumprimentada.
Así que todos poden atopar nos resultados definitivos algún motivo para estar contentos e mesmo para sacar peito. O cal está moi ben, pois nada hai mellor para o tranquilo discorrer da convivencia que un sentimento xeral de triunfo e de poderes repartidos.
Só hai unha excepción a este estado global de felicidade absoluta e victoria para todos. Chorando polas esquinas, apiltrafados e catatónicos, andan os que máis o merecían. Vou facer leña da árbore caída e deixar aquí escrito que unha das alegrías que a moitos nos depararon estes comicios foi o boicot do electorado aos descarados executores da fea manobra de usurpación e manipulación política das siglas históricas do partido fundado hai oito décadas polos galeguistas das Irmandades da Fala e da Xeración Nós. Unha ducia de políticos rebotados, dispostos a especular co seu voto nos desafortunados concellos nos que conseguiron entrar, é todo o botín atrapado por esta nada romántica requitropa. Só exclúo da miña ledicia por tan contundente fracaso a unha candidata de Vigo, Maite Fernández, respetada ex-concelleira do Partido Popular, inexplicablemente implicada nesta trapallada. Pero que non lograse poñer o pé en María Pita o piernas que optaba a facerse co control do urbanismo coruñés, con abraiantes apoios mediáticos e económicos e con mensaxes radicalmente contrarias ao ideario representado polas siglas baixo as que se disfrazaba, é a máis edificante lección que os picaros da política poden obter destas municipais. E, ademais, evitóuselle un disgusto a don Avelino Pousa Antelo.
4 jun 2007

La Región 4 xuño (Na foto, cruceiro de Meaus, no Couto Mixto)
Rescaldos electorais. Xa en pleno debate dos pactos, quedan aínda sen apagar algúns rescaldos electorais. Con escenas insólitas como ver o PP implorando pactos do BNG ó que sempre se acusaba de ser a Herri Batasuna galega ou a confrontación xa aberta na cidade dos sectores que representan Cabezas e J.L. Baltar no marco da dereita ourensá. Supoño que se estará a discutir aínda moito máis nos aparatos e asembleas internas dos partidos. Deberían discutir tamén os nacionalistas, pois o BNG non perdeu (porque entrará no goberno de moitas cidades) pero tampouco gañou (porque perdeu 24.000 votos nesas mesmas cidades que vai cogobernar e só logrou frear suavemente un proceso de caída electoral). E hai datos que dan para moito reflexionar dentro do BNG: por exemplo, a cidade de Ferrol onde os nacionalistas chegaron a ter no seu día a alcaldía (en coalición) e pasan a ser agora a quinta forza do concello, por detrás de Esquerda Unida. A comarca de Ferrol estivo sempre baixo o control do secretario político da UPG, Francisco Rodríguez, que sempre manexou moitos dos fíos invisibles que conducen o BNG. Haberá autocrítica nesta ocasión?
3 jun 2007
M. Swan citou nun post recente o libro de Santiago Lamas, "Galicia Borrosa" (Publicacións do Seminario de Estudos Galegos, 2004) e con ese motivo recupero dúas vellas andoliñas que lle dediquei (10 xuño e 16 xullo 2005) a este autor ourensán, ademais amigo desta casa.
Da Galiza borrosa e sen memoria
Levo días a ler un magnífico libro que fala das identidades e dos nacionalismos, das memorias –soñadas, inventadas, reconstruídas- e dos lugares da memoria, da retranca e da ironía, da saudade e das paisaxes do noso “patriotismo vexetal”, etc. Podería titularse, en lingua coloquial, “¿Como somos os galegos?”, así, mantendo os interrogantes, pero titúlase “Galicia borrosa”, o seu autor é o sabio e psiquiatra Santiago Lamas e sacouno á rúa Ediciós do Castro na serie de Publicacións do Seminario de Estudos Galegos.
O volume está cheo de descubertas e suxerencias: por exemplo, fálase tamén desa teima nosa, nos últimos tempos, de reiventar festas históricas e feiras medievais. Pode semellar unha teima moi galega, pero non: a única festa radicalmente galega sería o Día das Letras Galegas, a única sen connotacións extragalegas, di Lamas; en realidade estoutras celebracións son copia do modelo norteamericano de festexos dun pasado sen heroes nin datas, poñendo en escena unha suposta Idade Dourada. A diferencia nosa co pobo norteamericano é que nós si temos Historia, por trasfegada que ela sexa. E tamén datas propias e lugares da memoria a reivindicar… ¿Que sucede logo?
GALIZA VERSUS XAPÓN
Hai anos un pintor xaponés, que visitaba Galiza, afirmaba nunha entrevista que en todas as súas viaxes nunca vira lugar tan próximo a Xapón como a nosa Terra. Pensei eu daquela nalgúns elementos da nosa paisaxe, como o cultivo en sucalcos, pero, malia iso, vía a súa declaración como pura retórica. Pero quizais non. Xa falei aquí noutras ocasións da nosa peculiar proximidade ao mundo poético dos “haikus” que engaiolaron a autores como Novoneyra, Helena Villar ou Consuelo García Devesa. E hai outros fíos que nos comunican …
Na súa “Galicia borrosa”, Santiago Lamas recolle estudos antropolóxicos sobre o país de Oriente Extremo que falan de cousas que os galegos entendemos ben: velaí esa “reticencia verbal” (a cultura xaponesa aconsella non dicir claramente o que un quere), que aboia no mesmo mar da nosa ironía e a retranca. Amigos meus que viviron en Xapón volveron de aló falando marabillas dalgúns dos seus costumes como o amor á Terra e ás árbores de onde derivou a arte dos bonsais. O noso panteísmo semella máis esquecido. A Fisterra occidental e a Fisterra oriental: Galiza versus Xapón. Tamén hai diferencias, por suposto: disque o Xapón é unha illa. E non o será tamén a Galiza?


Salón de Tertulias do Liceo de Ourense, rúa Lamas Carvajal.


CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL. 1969: o ano en que naceu a revista CHAN

Púñase en marcha a revista bilingüe dirixida por Borobó.
Nun ano cargado de bos libros de poesía, narrativa e ensaio:
Marcial Suárez, Luís Seoane, Neira Vilas, Fariña Jamardo, Carlos Casares, Manuel Casado Nieto, Celso Emilio Ferreiro, Xesús Alonso Montero, Otero Pedrayo, A. Cunqueiro, etc.
Unha nena espida corre por unha estrada cos brazos abertos, algo caídos, chorando e berrando de desesperación. Ó seu arredor, corren outros nenos e nenas. Tras deles camiñan tranquilos un grupo de soldados: ó fondo a inmensa fumareda dos bombardeos. Esta foto marcounos a todos os que eramos nenos en 1972, cando foi tomada polo fotógrafo Nick Uth. Esta foto e máis aqueloutra na que un home, un xeneral survietnamita, apunta á cabeza a un soldado en plena rúa que logo caerá asasinado. Daquela guerra arredada que un neno non podía entender, queda Vietnam, ese nome, e estas dúas fotos, que simbolizan para nós a dor de centos de miles de persoas e un país arrasado por unha guerra imperialista, a mesma contra a que cantaron nos seus versos Uxío Novoneyra e Celso Emilio Ferreiro.
Hoxe aquela nena de nove anos, que se chama Kim Phuc e sobreviviu á catástrofe, percorre o mundo convertendo esa foto nunha icona contra a guerra e pola paz: diso fala o corpo queimado daquela cativa. Salvouse porque o napalm non lle queimou os pés e puido correr. A foto serve tamén para lembrarnos que hoxe segue habendo, mundo adiante, outros Vietnam e tamén moitos Kim Phuc.
2 jun 2007
Quero manter aberto o fío electoral, que dende o comezo da campaña acumulou xa perto de 500 comentarios, incluída a análise dos resultados.
Se lles parece pertinente, trasladamos aquí o fío de debate sobre os PACTOS, para que estea máis cómodo e localizable, e as súas consecuencias nos diferentes partidos (interésanos analizar todo, non só o BNG: tamén o futuro do PSdG e do PP galego).
E para abrir boca, aquí vai un comentario editorial no Galicia Hoxe, hoxe mesmo, que a min me parece oportuno:
Quintana e a maldición do caxato (Eduardo Olveira)
Sabemos que o Bloque tivo un teito de catrocentos mil votos que o elevou a segunda forza, malia que en clave de poder foi un éxito inútil. Sabemos, tamén, que ten un chan sólido de trescentos mil fieis que o converten en chave imprescindible para a consolidación da Galicia do cambio. Vive así o nacionalismo días de viño e de rosas, instalado nun mundo feliz que, porén, agocha perigos, buratos negros dos que os líderes do benegá nada queren dicir de cara ó exterior nin, e aquí é onde se acenden as alarmas, teñen interese en facer análise crítica de portas cara a adentro. A maldición do caxato sobrevoa o Bloque, cos socialistas aproveitando a fondo –mellor?– o pacto cun partido útil e cómodo, domesticado, para crecer. E non chega que Quintana marque distancias –"non estamos neste mundo para apoiar o PSOE"– con cándida morneza.

Respirar por el idioma, de Francisco Fernandez Naval. Historias de cronopios y gallegos
(Novas enviadas polos amigos: esta por Tacho.
www.página12.com.ar 13 maio 207)
En Respirar por el idioma, el libro que presentó en Argentina, Francisco Fernández Naval explora un camino singular: el de la relación de Julio Cortázar con la cultura gallega. Por Susana Viau
El sábado 21 de marzo el teléfono sonó muy temprano en la habitación del hotel de la calle Paraguay, donde se alojaba desde hacía dos días. Al otro lado de la línea, su mujer, la fotógrafa Maribel Longueira, le anunció que acababa de ganar el premio Ciudad de Orense. “No es importante en dinero –decía un rato más tarde Francisco X (“Xose”) Fernández Naval, subdirector de Cultura de la Xunta de Galicia–, pero es uno de los más significativos de la poesía gallega.” De todos modos, no fueron los poemas de Miño los que lo trajeron a la Feria del Libro, sino la presentación de su libro Respirar por el idioma. Los gallegos y Julio Cortázar, editado por Corregidor. Fernández Naval –“Chisco” para sus amigos– se cruzó con Rayuela e Historias de cronopios y de famas a los 18 o 19 años, aunque reconoce que “todos los escritores gallegos de mi generación se sienten tributarios de Cortázar”. El vínculo entre el argentino y Galicia, explica, es profundo y va mucho más allá de la “galleguidad” de Aurora Bernárdez, su primera mujer. “Fíjate que Saúl Yurkievich me sugirió que buscara en el Cuaderno de bitácora de Rayuela. Ahí, en un momento, Cortázar enumera los sinónimos en castellano de “rayuela” y luego las formas de llamarla en cuatro lenguas: inglés, francés, catalán. Después anota: “Mariola (Coruña, Galicia). No lo puso en polaco. Lo puso en gallego”.
La idea de rastrear esos lazos se la dio, sin querer, el bibliotecario de Neda, un pueblecito cercano al puerto de El Ferrol, de apenas 10 mil habitantes, que organizó un congreso para celebrar los 40 años de la publicación de Rayuela “y me invitó a dar una conferencia. El bibliotecario de Neda es uruguayo, de El Cerro, y está convencido de que la Maga era de El Cerro, como él”. Para entonces “yo ya sabía que Aurora era de origen gallego y que Lorenzo Varela y Luis Seoane le habían publicado el cuento ‘Bruja’ en Correo Literario y ‘Lejana’ en Cabalgata. Sabía también que había estado en Galicia. Igual, leí todo en la perspectiva de encontrar un vínculo con los porteros, los choferes, la enfermera de día, la señorita Cora, el rechazo inicial y el amor final. Esa fue la primera aproximación, muy ligera por cierto”.
Fernández Naval convino con el bibliotecario que la charla sería breve; con 45 minutos ya estaban bien. De todas formas, viajó a París para entrevistar a Aurora Bernárdez. Ella no se hizo rogar y le aportó certezas. “Me dijo que Julio era muy preciso, si hablaba de los gallegos pensaba en la gente de Galicia y cuando la llamaba ‘gallega’ o ‘galleguita’, era por su origen.”
Chisco Fernández Naval se mueve con soltura en el universo de Cortázar, sobre todo porque está poblado por los intelectuales exiliados tras la Guerra Civil: el pintor Luis Seoane, los poetas Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado y el poeta y narrador Rafael Dieste. “Se suele hablar –precisa– del mundo del exilio español. Sin embargo, ellos eran algo más que exiliados españoles, eran exiliados gallegos.”
Una excepción flagrante era la de Francisco Luis Bernárdez, el hermano de Aurora, un franquista civilizado cuyo don de gentes le permitía ser centro de innumerables tertulias. Con todo, la relación de Cortázar con los expatriados está mediada por la amistad con Fredi Guthman, Luis Baudizzone o Perla Rotzait. “En los ‘40 y los ‘50 los grandes amigos de Cortázar son esos. Pero tú tiras del hilo de Guthman y te aparece Arturo Cuadrado, tiras de Baudizzone y hallas a Rafael Dieste, tiras de los Rotzait y encuentras a Luis Seoane. El escultor chileno Lorenzo Domínguez también lo acercó a esos grupos que se reunían en el Tortoni. El departamento de los Dieste, un piso 12 en la calle Lavalle 376, donde había un piano Pléyel y cuadros de Colmeiro y de Seoane, fue la vivienda donde Cortázar escribió El examen. El paisaje portuario que se veía desde sus ventanas está descripto en el inicio de Los premios. Y en ese mismo piso escribió, esencialmente, Imagen de John Keats.”
Pese a tantos puntos comunes, supone que Cortázar no debe nada a esos personajes. Es más, está convencido de que “nadie le debe nada a nadie”.
Es obvio que Fernández Naval es gallego de los pies a la cabeza. Se emociona al repetir que Cortázar afirmaba que sus paisanos “respiran por el idioma” y Leopoldo Marechal los caracterizaba como “una raza lírica”. “Los gallegos son una nación, un pueblo, un territorio, exilio, migración, una cultura diferente de otras culturas y sobre todo una manera particular de ver el mundo a través de una lengua. Es una comunidad lingüística de 3 millones y de casi 300 millones si se cuenta a los portugueses y los brasileros.” Lo curioso es que él comenzó a hablarlo recién en la adolescencia, al descubrir que la subestimación del “galego” tenía una rotunda matriz clasista. “El catalán es una lengua asociada a la cultura, porque era la lengua de la burguesía. El gallego no. Por el contrario, era considerado inculto porque era la forma de expresión de un pueblo de campesinos y marineros. Hacia el final del franquismo casi todo el mundo en Galicia era analfabeto, pero lo hablaba el 88, 89 por ciento. Hoy sólo el 70 por ciento lo maneja, pero tenemos alfabetización completa y si nos faltan palabras, si necesitamos palabras nuevas, el portugués nos sirve de ayuda.”

1 jun 2007
Clicar no magnífico video localizado na Euska Telebista.
(Tarda un pouquiño en cargar, se non se visualizase ben; subiríamolo a You Tube.
Non obstante, este é o seu enderezo :
http://www.eitb.com/vayasemanita/asx.asp?fichero=gc/video/runing_canpana_20070426_190kbps.asf)
Un deses estendidos tópicos alleos defínenos como dubitativos nunha escaleira, sen ter claro se subimos ou baixamos. Nós sabémolo ben, aínda que por cortesía e costume paremos un momento ao cruzarnos co outro –ese que non sabe cara a onde imos- para facer un descansiño e botar unha parrafada.
Pois a grande escaleira da Galicia electoral está arestora medio ás escuras e chea de candidatos, analistas e partidos tropezando uns cos outros... E neste trafego, non se rompeu ningún garrafón de votos, aínda que moitos están mediados, medio cheos ou medio baleiros, segundo se queiran ver.
O BNG sabe ben que se pode subir costa abaixo. É o que fixo nas anteriores autonómicas onde baixou de 18 a 14 deputados, pero ao tocar poder Anxo Quintana soubo vender a imaxe da vitoria de forma eficaz. E agora coa importante baixada nas cidades que van para arriba –sobre todo onde gobernou, Ferrol, Vigo e Pontevedra- pois resulta que sobe xa que ha participar no goberno das sete grandes. Pola contra, na vella Galicia rural, esa que vai para abaixo, e que se dicía do voto cativo, sobe en número de votos e influencia.
E o PP baixa subindo. En boa parte da Galicia urbana e dinámica –Vigo, Pontevedra, Ourense, Santiago- sobe en votos ata ser indiscutiblemente a primeira forza ou segunda en Coruña, Lugo e Ferrol... pero ao non micar poder, baixa. Pola conta, na vella Galicia rural en decadencia, tamén decaen os seus votos. Agora é máis visible ca nunca que nese rural vótase á persoa revestida de certos atributos supostos (traballador, eficaz, amigo da xente, servicial e boa persoa...) e non dunhas siglas, que, sábeno vostedes coma min, son o de menos. A alcaldesa do PP pasada ás listas do BNG no Bolo sacou a mesma maioría absoluta que noutro “envoltorio”. Se o Manolo Prado, profesor de galego e alcalde de Beariz onde saca para o PP 9 de 9 se pasase ao Partido Humanista, os votos irían canda el. Pódeno ter por seguro. E se Paco García se pasase ao PP, Allariz volvería ter alcalde popular en vez de nacional popular.
Eu ao PSOE felicítoo pero non lle arrendo a ganancia. Depende nas sete cidades do BNG para facer gobernos estables de progreso. E o BNG desacougado por ir costa abaixo na Galicia costa arriba, cisma óllase no espello... ¿Acabarase convertendo nunha especie de IU de Galicia, con vocación de muleta esquerda para os goberno do PSOE? ¿Como se sacode esa manta que o afoga? ¿E sen ela conxelaríase? Difícil cuestión.
O que vexo claro é que o PG debería saír correndo pola escaleira de incendios e entregarlle a sigla ao Museo do Pobo Galego ou á Consellería de Cultura para pechar un intento desafortunado. A disolución sería un acto de dignidade que todos lle apreciariamos moi positivamente e falariamos del ben.. como dos mortos nos enterros.

Andoliña 1 xuño (Imaxe: detalle de P. Delvaux)
Durante quince días tiveron todas as atencións. Todos estabamos pendentes deles. Hoxe ninguén lles fai caso nin mira cara a eles: falo dos carteis, as bandeirolas, os valdos publicitarios, xa medio consumidas pola climatoloxía. As súas mensaxes periclitaron: venden un produto xa caducado. Só agardan polos empregados das compañías publicitarias que os taparán para sempre con novos anuncios.
‘Faremos máis’ dicían os socialistas e de momento fixeron máis votos que nunca. ‘Pensado para ti’ engadían os do Bloque, pero quizais o electorado pensaba noutras cousas e os resultados non foron os agardados. ‘Confianza é futuro’ rezaba o confuso lema do Partido Popular: a confianza dun amplo sector do electorado, urbano sobre todo, parece defraudada. O futuro é por definición indescifrable.
E o slogan do Partido Galeguista. Encabezado en Auria por un tránsfuga dos socialistas (o PG foi nesta campaña o partido dos tránsfugas, de tódalas cores). ‘Depende de ti’, dicía o cartel do PG e para os malpensados quería dicir que a futura alcaldía dependería só do voto deste posible concelleiro. Pero o electorado tomouno ó pé da letra: negándolles, a el e a Soto en Vigo, o acceso á Casa do Concello.
31 may 2007
Na web de El País está colgado o video cos malos tratos que sufriu unha moza detida por parte de varios Mossos de Barcelona. No video, gravado con cámara oculta por Asuntos Internos, vese a agresión que fan dúas policías mulleres sobre a detida. Outro video amosa o estado en que quedou esta, cheo de hematomas por todo o corpo.
Que pasa cos Mossos de Barcelona? Suceden estas cousas aínda na nosa democracia? A policía agresora está detida, pero non é un caso solto. Na mesma comisaría hai varios policías máis suspendidos de emprego polas mesmas razóns. Imaxes nada estimulantes, dende logo. Que pasa nas outras comisarías de España? Se os agredidos son, p.ex., inmigrantes, sen avogados nin persoas que atendan os seus dereitos, a policía ten carta branca para facer o que queira...?

30 may 2007

No berce. Chega a Xeración E logo!
Até 15.000 embarazadas galegas recibirán material en galego para "que non se produza en Galicia unha ruptura da transmisión da lingua".
Falarlle galego a un fillo é axudalo a entender mellor a realidade que o rodea", afirmou a secretaria xeral de Política Lingüística na presentación dunha campaña destinada a recuperar a transmisión da lingua de pais a fillos. Máis de 15.000 mulleres embarazadas, futuras nais, recibirán unha serie de materiais que, unindo información variada, consellos psicosanitarios e un convite cordial a lles falar aos meniños na lingua propia de Galicia –lingua materna ou paterna–, resultan finalmente de grande atractivo e de grande utilidade para as persoas, como dixo Marisol López, que teñen na súa man que non se produza en Galicia unha fractura na transmisión da lingua. Velaí, "os bebés, que determinarán a fortaleza do galego do mañá, e as nais e os pais, que son os axentes principais na transmisión inicial da lingua". Como di o director xeral adxunto de Educación da Unesco, "a linguaxe e a identidade atópanse vinculados ao termo "lingua materna", e unha comunidade expresa parte da súa identidade a través do seu idioma de instrución, en tanto que unha sociedade sa toma decisións que producen comunidades harmónicas e persoas con confianza en si mesmas. Non hai moito soubemos, por un estudo realizado pola Comisión Europea, que o idioma galego é a lingua materna de preto de 1,8 millóns de persoas e tamén sabemos, por outros estudos realizados, que na actualidade existe unha grave fractura na cadea de transmisión da lingua galega de pais a fillos. Benvida, pois, porque é todo un acerto, en fondo e forma, esta nova campaña de Política Lingüística. E non está de máis lembrar aquí a tan ben acaída frase de Castelao sobre o particular: "O desprezo da lingua materna significa un renunciamento de dereitos e provén dunha anestesia da dignidade colectiva". Falarlle galego a un fillo ou a unha filla é un acto de dignidade consciente, e é tamén un acto de sensibilidade e de tenrura, porque se lles está transmitindo a lingua propia do pobo galego. Nada máis e nada menos. Todo un acto profundo de amor e de beleza.
(Feira do Libro de Ourense, 30 maio 2007. En rigorosa exclusiva, ofrézolles o inicio do meu Pregón de hoxe na Feira do Libro, dividido en sete partes. O conxunto do discurso está completo abaixo, en comentarios).
Chaman á porta. Érgome para abrir, aínda medio adurmiñado, porque hoxe non durmín demasiado ben. Deiteime onte pensando que tiña que dar o pregón da Feira do Libro en Ourense e aínda non sei moi ben como enfocalo. Pero, ben, abro a porta e encóntrome cunha faciana coñecida: un home baixiño, de ollos moi firmes e nariz prominente, que bocexa un lixeiro sorriso:
- Ola, Marcos, non te preocupes. Vístete rápido que temos cousas que facer Ourense adiante. (Co mesmo aspecto que gastaba hai cinco anos, quizais un chisquiño máis delgado, teño diante miña a Carlos Casares).
Un pouco bastante apampado, arránxome ordenando as ideas, e baixo con Carlos Casares ata a rúa.
- Imos ata o Liceo, que alí empezaremos O Divino Roteiro. Se Dante tivo o seu Virxilio e Curros o seu Añón, ti non vas ser menos. Eu vouche facer de guieiro polos escenarios dos nosos egrexios nas letras, eles tamén queren saber de vós, dos que seguides no mundo dos vivos, e agora terás ocasión de recoñecelos, supoño que che gustará.
- Si, por suposto. Respondín abraiado, non sabía moi ben qué era o que sucedía, pero si sabía que indo con Carlos nada malo me podía suceder.
Aparcamos baixo da Alameda e en dous minutos estabamos entrando no Liceo, movendo as portas xiratorias que dan achego ó patio de columnas. Había moita xente tomando café e charlando animosamente.
- Xa ves que o Liceo tamén está moi concurrido na nosa dimensión, dixo Carlos. E logo como non ía haber un Liceo no noso Parnaso? Mira, fíxate naquel daquel recuncho, coas súas coidadas barbas e lentes de escritor romántico. Agora xa fixo as paces co Bispo Cesáreo, que ten praza aquí á beira, pero non perdeu o seu carácter enérxico e teimudo: agora non fai máis que compoñer versos contra Bush e a guerra de Iraq. Debeulle quedar unha certa teima contra os ianquis dos seus anos da guerra de Cuba, xa sabes, nunca porfiou neles, lembra os seus versos do poema “En corso”: Un cargamento de yankees,/ valvos...¡unha inmortalidá!.
Senta con el o vello poeta cego, son bos amigos agora Curros e Lamas Carvajal, esquecidas as liortas do pasado, e o Valentín está a gozar da “vida”, perdón pola palabra tan impropia, pero aquí non hai cegos e o Valentín aproveita para gozar daquilo que no seu tempo lle negou a natureza. Ponse moi contento cando vos acordades del e veu hai uns días ver a placa que lle puxestes na casa que foi redacción de O Tío Marcos d´a Portela.
- Ben merecida, dende logo, engadín eu. Temos a Lamas Carvajal polo pai do xornalismo en galego.
- Así foi e así é. Tanto que agora anda enleado coas novas tecnoloxías e ten un blog propio no outro mundo, porque, si, tamén hai unha Rede de redes na nosa dimensión e imaxínate a riqueza dos debates: podes discutir con xentes de todos os tempos e falar cun Afonso X ou cun Paio Gomes Charinho. É unha virtualidade ben enriquecedora, sen dúbida. E Lamas é o máis constante, nunca deixa o seu portátil e está empeñado en deixar constancia de todo o que ocorre no mundo dos mortos: o noso gran cronista oficial do Trasmundo, sen dúbida.
- Mira o grupo agrándase, seguro que os coñeces de vista a case todos, engadiu Carlos. E fixeime que se achegaban a aquela mesa Arturo Vázquez Núñez, Alberto García Fereiro, Castor Elices, José García Mosquera, Juan A.Saco y Arce, Benito Fernández Alonso e moitos outros, os homes de El Trabajo e de El Miño, dos faladoiros de finais do século XIX e de tantas aventuras culturais.
Almorzamos no Liceo, Carlos pediu algúns pasteis (sempre tan goloso) e vin como se emocionaba arredor dos espazos que el enriqueceu tantas veces coa súa palabra. Buscaba os vellos amigos das tertulias e sorría ó encontralos sen que lle puidesen saudar nin dirixir a palabra. Subimos un momentiño ó segundo piso, porque eu lle quería ensinar algunhas coleccións de vellos xornais encadernados e alí encontramos unha nova tertulia na que compartían inquedanzas Heraclio Pérez Placer, Marcelo Macías e Francisco Álvarez de Nóvoa. Falaban das cousas do seu tempo, das que daba conta La Ilustración Gallega y Asturiana, co mesmo entusiasmo que cando vivos ou máis: debatían sobre a infalibilidade do Papa ou sobre as virtudes do anunciado ferrocarril, cando chegase por fin a estas perdidas terras galegas.
Antes de marchar do Liceo, o autor de Ilustrísima fíxome un novo aceno: aló no fondo, arrimado á barra da cafetería, pousaba un home de vestimenta un pouco estrafalaria.
- É el, de verdade? Preguntei.
- Si, e fixémonos moi amigos, xa podes imaxinar que foi polo primeiro que preguntei ó chegar aló. E quedou encantado porque eu sabía máis cousa del que ninguén, de feito moitas xa as esquecera: velaí o mesmo Xoán da Cova, cos seus inventos, embustes e disparates, que ademais segue igual de simpático que noutrora: perfeccionou o seu trampitán e quere reclamar o seu ensino como segunda lingua oficial naqueles lares. Cando saia do Liceo hache de ir tomar unha copa ó Trampitán, á Praza Maior, que boa gracia lle fai ter unha taberna co nome da súa lingua; para el é como unha vinganza contra tantas burlas que recibiu de vivo. Venceu, finalmente, máis de cen anos do seu paso polo mundo.
(... segue en comentarios)

Pan por Pan 30 maio. Imaxe de Magritte.
Son estes días propicios ó dobre discurso: para dicir en público o contrario do que se pensa en privado. Vímolo antonte no debate postelectoral da TVG: Alfonso Rueda insistindo, ata o inverosímil, nunha victoria que deixa ó PP gobernando só sobre o 24 por cento dos cidadáns galegos. José Luís Baltar foi máis valente e guiouse polo sentido común: recoñeceu dende xa que os resultados do seu partido son moi negativos. Agora deberían pensar quizais nas causas desta situación: os estrategas do PPG ou a quen lle corresponda. Eu creo que algo teñen que ver co tono permanente de crispación promovido dende Madrid: ten algún sentido traer a Mayor Oreja a Galicia para dicir que “España se rompe”? Iso non lles favoreceu en nada ós “populares” galegos. Poderían ter unha voz propia, autónoma, sen interferencias enturbadoras: e creo que o electorado o agradecería.
29 may 2007

E foi unha ledicia tamén ver o Liceo ourensán cheo de xente nun acto literario coma este: de seguro axudou a concesión a Gamoneda dun recente Premio Cervantes, pero aínda así amósase que cando se programan actos culturais relevantes, o público responde, en Ourense e en calquera cidade ou vila galega. O poeta, cos seus moitos anos enriba, tivo aínda paciencia para atender os moitos admiradores que lle pedíamos a sinatura dalgún libros: non só asinaba senón que con cada un de nós botaba un pequeno parrafeo de complicidade. Deixou un ronsel de agradecidos lectores dende a súa sinxela bonhomía.
28 may 2007

Luis Sepúlveda. O escritor chileno, residente agora en Xixón, Luis Sepúlveda, é un tipo simpático, con ese acento doce e pausado do falar latinoamericano. Demostrouno na charla que deu en Ourense, organizada polo Club Internacional de Prensa (e que tiven a honra de presentar), en defensa dos “idiotas latinoamericanos”, isto é, os escritores críticos co neoliberalismo devoto do deus Mercado. Contounos alí como se fixo escritor. Tiña un amigo no colexio, “el gordito”, que vendía e revendía cousas (acabou sendo Ministro de Economía no goberno Lagos). E estaban apampados cunha profesora nova, a señora Camacho, que gastaba minisaias e xeitos sedutores. O gordito pediulle a Luis que escribira unha noveliña “picante” sobre a profesora para venderlla ós compañeiros. E Sepúlveda escribiu “Las noches locas de la Señora Camacho”, que foi un bestseller no colexio do neno escritor. Cando foron descubertos, o rapaz pasou polo despacho de dirección, pero o castigo foi suave: o director mandouno a colaborar cos seus escritos nunha emisora de radio. E así naceu o escritor de “Un viejo que leía novelas de amor”.
Tamén nos deu Luis Sepúlveda a súa visión sobre a realidade política e económica chilena de hoxe, amosando o seu apoio crítico á presidenta Bachellet: admirada porque ela mesma sufriu a tortura pinochetista (o seu pai foi vítima da ditadura), pero dende unha posición crítica polas grandes presións que sofre no exercicio do goberno, coas mans atadas por unha Constitución que necesita ser renovada. Falou tamén das loitas do pobo mapuche, que el mesmo apoiou moi activamente, contra unha serie de planes industriais que supuñan na práctica un desastre ecolóxico de dimensións xigantescas no seu territorio. Novas que non son de onte: esta mesma semana a prensa informaba da loita do pobo mapuche contra a multinacional Benetton por usurparlles terras das que foron desaloxados os seus avós mediante documentos falsos.
27 may 2007
Abro un novo fío para valorar os resultados electorais. O tema ben nos interesa: máis de 300 comentarios en menos de quince días. É chegada a hora (dende as 20 h.) de avaliar os resultados e teñen aquí este foro para facelo e compartir opinións, se así o desexan.
Carta ó meu novo alcalde
Andoliña 29 maio
As eleccións municipais en Galicia consolidan o camiño iniciado nas pasadas autonómicas a favor do cambio político no noso país. Este camiño faise amodiño, de vagar, como se fan as cousas por estes lares. Pero é unha realidade indiscutible: velaí a desaparición do PP no mapa urbano, a perda da Deputación de Lugo, mesmo a baixa de case cen concelleiros nos feudos ourensáns de José Luis Baltar.
Na miña cidade, Ourense, o PP perde o poder despois de moitos anos. Gobernarán, como é lóxico, o Partido Socialista e o BNG en coalición. O medre socialista foi sorprendente, sobre todo porque os nacionalistas estaban antes mellor situados e tiñan moitas esperanzas na candidatura de Alexandre Sánchez Vidal. Pero gobernarán xuntos.
Se entre Francisco Rodríguez e Álex S. Vidal son quen de facer unha xestión honesta e imaxinativa. Se crean novas zonas verdes, amplos parques tan necesarios e espazos de lecer e sociabilidade, sobre todo nos barrios. Se atenden a falta de vivenda protexida e impulsan o emprego xuvenil, poñendo en valor as riquezas naturais da cidade, sobre todo termais. Se apostan pola cultura e polo noso idioma, de seguro terán máis votos, ámbolos dous partidos, dentro de catro anos.

A nova do ano foron os conflitos estudantís na Universidade de Santiago (Maio do 68) e o nacemento do grupo Voces Ceibes e da Nova Canción Galega. Tralo recital de Raimon en Compostela (maio 67), un novo concerto celebrado o 26 de abril de 1968, na Facultade de Medicina, daba saída definitiva á NCG: actuaron alí Benedicto, Xavier González del Valle, Guillermo Rojo, Xerardo Moscoso e Vicente Araguas, con letras propias ou dos escritores Alfredo Conde, Celso Emilio Ferreiro, Lois Diéguez, ademais de textos de poemas cataláns e doutras culturas traducidos por Xosé L. Franco Grande, Carlos Casares e Salvador García-Bodaño, etc. En maio, nunha xuntanza no Hotel Compostela, nacía oficialmente o grupo Voces Ceibes, nome proposto por Xavier e onde estaban presentes tamén Benedicto, X. Moscoso, A. Conde, Margariña Valderrama e Vicente Araguas (este último foi quen historiou este proceso en Voces Ceibes, Xerais 1991).

Outros nomes asociados logo á NCG foron Miro Casabella, Andrés Lapique do Barro (a quen se lle prohibe algún concerto), Xoán Rubia, Suso Vaamonde, Jei Noguerol, Luís Emilio Batallán, entre outros. En decembro de 1968 houbo outro concerto, no Cine Capitol de Santiago, presentado por Manuel María e para esa ocasión fixo un fermoso cartel Reimundo Patiño. Ó longo dese ano houbo máis de 13 concertos programados: na A.Cultural de Vigo, no grupo Rumbo de Ourense, en O Facho da Coruña, en O Galo de Santiago, Pontevedra, etc.
Algúns destes encontros foron prohibidos e os seus protagonistas multados, como testemuña o informe da policía que Xan Fraga vén de publicar na revista Grial (n.173): poemas como ‘Vencermos nós’, ‘Loitemos’ ou ‘Carta a Fuco Buxán’ eran aplaudidos e cantados por grupos de mozos (arredor de 300 en cada actuación). Benedicto era multado con mil pesetas por cantar "No al Vietnam" en Pontevedra. Os primeiros discos apareceron da man do selo Edigsa, con Galaxia, e da recén creada Xistral: entre eles Poemas ditos coa súa voz, de Manuel María, e Miro canta as súas cancións, de Miro Casabella. No mundo literario foi tamén ano de bos libros. Aínda que se publicou máis tarde, desa data é o poema ‘Vietnam canto’, de Uxío Novoneyra, que marcou a toda unha xeración. E o polémico libro de Celso Emilio Ferreiro, Viaxe á país dos ananos, que foi recortado pola censura (non se autorizaron os poemas ‘Anaina polo Che’, ‘Proieuto final’ e ‘Contribución ao Plan de Desenrolo’) e provocou un gran debate no que non faltaron voces críticas co poemario (Luís Seoane ou Fernández Ferreiro, por exemplo). No mesmo ano, en Caracas, Celso Emilio editaba as súas Cantigas de escarnio e maldicir, unha das pezas claves da súa poesía satírica. (...)

DA MIÑA NACENCIA COMO LECTOR (1)
(Imaxe: Tetis implorando a Zeus, por Ingres. Museo de Aix-en-Provence)
Lin dende pequeno, con entusiasmo de converso a unha nova relixión, e as miñas lembranzas do neno que fun lendo son pracenteiras e ben fermosas. Como a todos os nenos léronme contos e contáronme historias: difícil relembrar cales eran, pero recordo unha preferencia grande, dende moi noviño, polos contos de terror. Poucos anos despois, unha fermosa colección de contos, que viñan ordenados por nacionalidades (Cuentos Rusos, etc.), creo que de Anaya.
Moi neniño aínda, cando baixaba á casa do tío Exmelin ou cando mos deixaba levar, devoraba os tebeos de todo tipo que el mercaba, comics e historietas (“Hazañas Bélicas”, todos os tebeos tradicionais da época, tamén lembro moi vagamente un personaxe cunha Zarpa metálica ou algo así). E na casa dos meus avós de Ourense, a miña avoa gardaba, dos anos de mocidade da miña tía Olguita, a colección da revista “Chicas”, ben encadernada en tomos. Linos e relinos vinte veces cada un e quizais aí naceu a miña paixón polo cine: copiaba e debuxaba todos os días as caricaturas que viñas coas críticas das estreas do cine clásico: Gary Cooper, Spencer Tracy, Katharine Hepburn, James Dean, Liz Taylor, etc.
Estou falando aínda dun neno moi pequeno, antes do ingreso. O meu pai, que tiña un taller de xoiería na Avda. da Habana, usaba para o seu traballo un “Diccionario Gráfico de Artes y Oficios Artisticos”, Lapoulidt, publicado en Barcelona, J.Montesó editor (gardo aínda un tomo): debullei aqueles catro tomos con paixón gargantuesca, canto aprendín alí da arte, da historia, da mitoloxía, ata da haxiografía (vidas de santos, advocacións das virxes,etc.). E debuxaba todos os deseños, case sen excepción, e clasificaba, e ordenaba (una teima miña de vello). O meu pai usábaos para sacar deles modelos de letras e deseños para gravar nas medallas ou nos arranxos artísticos de pulseiras e xoias varias. As imaxes dese Diccionario irán comigo ata o final dos meus días.
Na miña casa, ata daquela, non había moitos libros. Supoño que os primeiros que entraron foron para favorecer a nosa educación, a miña, a do meu irmán maior e os dous que viñeron detrás. Os meus pais subscribíronse ó “Monitor” de Salvat, a unha Enciclopedia de Ciencias Naturais e, anos despois (1973), á “Gran Enciclopedia Gallega”, que usaba eu case en monopolio e non me avergoña dicir que cheguei a subliñar en moitas ocasións: obra todo o discutible que se queira, pero na que moitos aprendemos moito.
Os meus pais, como digo, facilitaron a nosa educación mercándonos os libros que pedíamos. Moi neno aínda mercáronme unha magnífica Enciclopedia de Fauna, que aínda gardo, en varios tomos, e outra extensa, en oito tomos, de Mitoloxías do mundo, ademais de “Mitología Clásica Ilustrada”, de Otto Seemann (Barcelona, Ed. Vergara): esta aínda está a man, aínda que só sexa pola calidade das reproducións artísticas e o moito que aprendín nela. A primeira edición española é de 1958, cando nacín: mercáronme a quinta edición, 1968, cando eu tiña 10 anos. Rapaz ensoñador e fantasioso, vivía eu máis no mundo de Zeus, Venus e Hércules que na propia realidade. Cando ía á aldea de Ervedelo, ás matanzas ou ás vendimas, o neno ía cos pais e toda a familia a traballar: pouco traballaría, digo eu, pero non calaba un segundo. “Ai, carallo, este vergallán, cantas cousas el sabe...!”, dicía o avó Benxamín, que en paz descanse. E as mulleres rían da miña verborrea infinita e de todos aqueles personaxes mitolóxicos tan raros e ó tempo tan literarios. (Seguiremos con este fío: na seguinte entrega, os meus primeiros libros de carácter estritamente literario).

26 may 2007

Andoliña 26 maio (Imaxe: La pudizia velata, Nápoles)
Que decide o voto da xente? A ideoloxía dos partidos ou o carisma dos candidatos? A estratexia atinada ou non das campañas ou a opinión pública e publicada dende os medios de comunicación? Ou o poder do peto do pantalón? Ninguén o sabe realmente. Presentáronos múltiples modelos de cidades ideais, ó gusto de cadaquén, pero iso tampouco garante ningún éxito: houbo promesas semellantes xa noutras campañas anteriores. Supoño que o quid da cuestión está na palabra credibilidade: oxalá puidésemos esculcar no fondo dos ollos de cada candidato e descubrir así a súa máis auténtica personalidade.
Pero non pasa nada. O mundo segue. Como dicía onte o amigo Monxardín, o luns todos gañarán, todos terán algún argumento para demostrar que as cousas non lles foron tan mal. Todos contentos.
25 may 2007
Tempos piadosos... Na ceremonia da que lles falei no post anterior, os rapaces fixeron unha especie de parodia dun concurso televisivo con fotos antigas de alumnos (dos dous cursos de Bacharelato que remataban) e dos seus profesores. Os que concursaban acertaron esta, pero tiveron que darlle unha pista: "Un profesor que conta moitas anécdotas, ás veces moi divertidas, outras veces para roncar" (máis ou menos, en clave irónica).
(Discurso no IES A Carballeira, 25 maio)
Nos catro ou cinco últimos anos facemos no meu Instituto a tradicional ceremonia de despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato. Na mesma hai espazo para discursos dos alumnos/as, do director e dos profesores que lles imparten clase: ata agora tocoume a min sempre e aceptei gustoso. Transcribo agora aquí o que onte mesmo dei lectura e que agradou bastante ós meus compañeiros: quizais non sexa o discurso convencional para a ocasión, tomeime o encargo con bastante liberdade. Como é longo, vai en portada só o inicio: se lles gusta, o resto está accesible nos comentarios.
Onte pola tarde estiven a ver, nese aparato tan marabilloso como prostituído que chamamos televisión, un documental sobre a natureza nos tempos da conquista do Oeste. Nunha das súas primeiras imaxes contemplamos un xigantesco bisonte americano, tombado no chan, a bafexar con toda a súa forza como se estivese asistindo a un dos momentos cruciais do seu existir. E así era, pero non era a súa agonía, senón o nacemento da vida: aos poucos segundos viamos caer daquela tonelada de músculos e peles unha bolsa chea de sangue da que, case de inmediato, saía unha forma viscosa pero recoñecible que, ao pouco, tentaba xa poñerse de pé e empezar a súa andaina polas grandes chairas norteamericanas. Así se inicia a vida, de certo, e non é moi diferente o xeito de nacer de calquera dos bichos que nos movemos por riba do planeta, máis ou menos racionais...
Aínda que, cómpre matizar. Un bisontiño, unha cría dun cervo, un bebé león pode xa, en canto ve alborexar a inmensa luz do sol, poñerse de pé e gozar de certa autonomía por si mesmo. Moitas especies en poucas semanas abandonan mesmo o ubre da nai e dedícanse de inmediato á loita na eterna, cíclica, constante, conquista pola vida. Os seres humanos do noso tempo nacemos rodeados de lámpadas, batas brancas, tecnoloxía avanzada, aparatos de medición de todo tipo: nada debe fallar. Pero facémolo así, porque somos inmensamente febles, sen dúbida, cando nacemos, máis inseguros, máis incertos, máis vulnerables, que a maioría dos nosos compañeiros do mundo animal. E iso tamén debe querer dicir algo: iniciamos unha viaxe, pero non será en solitario. Será unha viaxe acompañada desde os comezos, na que sempre teremos alguén sobre quen reclamar un apoio, un brazo solidario, unha palabra de alento. Vivir, para a especie humana, é inevitablemente un Convivir. Non pagaría a pena se así non fose: ao “último home vivo”, así se titulaba unha vella película de ciencia-ficción apocalíptica, só lle quedaría suicidarse para burlar a anguria do sensentido.
Nacemos, pois, non por propia vontade, pero si cun roteiro camiñado antes por outros, se queredes cun certo destino se a palabra non vos parece moi pretensiosa. O psiquiatra Víctor Frankl, que coñeceu os infernos de Auschwitz e Dachau, dicía que, como no xadrez, na vida non existe a xogada perfecta: “non deberíamos buscar un sentido abstracto á vida, pois cada un ten nela a súa propia misión que cumprir; cada un debe levar a cabo un cometido concreto. Xa que logo nin pode ser reemprazado na súa función, nin a súa vida pode repetirse; a súa tarefa é única como única é a súa oportunidade para instrumentala”. Debería, pois, defenderse unha auténtica biodiversidade (ese concepto que de seguro ben vos explicou Emilia Otero) a favor das persoas; como dicía o gran Antonio Machado, por boca de Juan de Mairena: “Ninguén é máis que ninguén, porque, por moito que valla un home (ou unha muller, podemos engadir), nunca terá valor máis alto que ser un home”, isto é, un ser único, irrepetible, dotado da vontade para facer o máis marabilloso ou o máis execrable. Por iso é tan importante saber cara onde imos: “quen ten algo por qué vivir é capaz de soportar calquera cómo”, de novo en palabras de Víctor Frankl.
(Segue... ... )

Cando chegou, eu xa tiña 31 anos e andaba en plena campaña electoral, nas autonómicas do 89, a fondo co PSG-EG. Pasou polo hospital case toda a candidatura de compañeiros a felicitarnos, a María e a min. Aquela cousa pequeniña e encantadora, que nin sequera deu a lata polas noites, acabou por converterse nunha moza de case 18 anos que onte rematou o Bacharelato. E como vostedes, ademais de amigos, son case da familia, tómome a liberdade de contarlles que onte ás dúas e media da madrugada (viña da cea e festa de despedida) Eire me contaba, eu aínda medio dormido, que sacara unha media no segundo curso de 9,7 (seis 10 e tres 9) e matrícula de honra. En fin, que a rapaza merece todos os parabéns e na casa hoxe estamos todos moi contentos. Se todo vai ben, dentro duns meses andará por Compostela a empezar os seus estudos de xornalismo (Si, é evidente: ímonos facendo vellos…).
24 may 2007

Sufrín un ataque de envexa porque estar informado non te volve máis feliz. De que me serviu a min saber (por artigo de Alfredo Conde neste diario) da armadilla que lle prepararon ao meu amigo Marcos Valcárcel? Serviu para pórme de malas, pois Marcos foi atraído a unha emisora co achaque de falar de historia cando o que pretendían era encalatralo para que rifase cun adepto do xugo e as frechas. A noticia circula no ciberespazo: "Comunista se niega a debatir con falangista". O meu amigo aturou falanxistas no bacharelato (sádicos profesores de ximnasia e de Formación del Espíritu Nacional), aos seus anos xa está ben libre de ter que rebaixarse en espectáculos circenses de mouros e cristiáns. Por certo que a etiqueta de "comunista" non o retrata con precisión. É galeguista, de esquerdas, historiador rigoroso, orador ameno nas palestras, columnista brillante e boa persoa. Tamén é un tipo máis calmo que O home tranquilo filmado por John Ford. Aínda por riba a súa muller, María, parécese a Maureen O´Hara.

Andoliña 24 maio (Imaxe: Dona en camisa, A. Derain)
Desta campaña electoral, a diferenza doutras anteriores, deduzo dúas novidades. A primeira, a riqueza de medios que exhiben todos os grandes partidos: os dous que cogobernan no bipartito e o principal da oposición. Todos seguen unhas estratexias xerais que se cualificarían non hai moitos anos como un exceso de electoralismo: ata a contratación, mesmo no BNG, de figurantes mozos para un mitin.
A miña segunda conclusión é que os políticos queren ser xente do común. Verán. Escoitei hoxe na radio este eslogan: “Vota PP, o partido que máis se parece ós galegos”. Creo que vai na liña de flotación daquel “Galego coma ti” que tantos éxitos lle dera noutros tempos a Fraga Iribarne. E os nacionalistas, cando menos en Ourense, o mesmo: levan días a dicir que o seu candidato, Álex, é o máis parecido á xente normal da cidade. Xa o dixo Quintana e repíteo a cotío o propio candidato. E velaí a música deste mesmo grupo: “Xente que camiña...”: por certo, a mellor banda sonora da campaña, da man de Berrogüeto.
Que sucede? Vense os políticos como marcianos doutra galaxia para insistir tanto en que son xente normal? Ou teñen medo do menosprezo que as enquisas reflicten sobre a clase política en xeral?






