2 may 2009



El lobisón

Manolo Rivas.

El País 2-5-2009


Se ha echado más gente a la calle este Primero de Mayo. Y es una buena señal. Porque una de las paradojas de esta crisis es que los que más sufren son los que más callan. Apenas se escuchan las "voces bajas" de la Historia. Cuanta más necesidad, cuanta más pobreza, más silencio. Las palabras son las primeras víctimas de esta crisis. Las filas de parados se distinguen de otras colas porque guardan un silencio caligráfico de braille. En esas coordenadas se mascan las palabras como hacen en la altitud boliviana con las hojas de coca. En grandes empresas, los trabajadores no sólo enfrían los discursos sino que acuerdan congelar los salarios. En contraste, retumban por doquier los lamentos jeremíacos de los más ricos, los plañidos de sus "expertos" y las profecías incendiarias de sus mecheros políticos. En Madrid, en lugar de extinguir Cultura, ¿por qué no acuerdan un recorte salarial de todos los cargos, comenzando por la presidenta? ¿Qué culpa tiene la cultura? Sabemos que esta crisis ha sido el resultado de una gran fechoría. Pero mientras en la América de Obama, los depredadores andan todavía cabizbajos, aquí llevan la voz cantante. Es un discurso de obscena auto-contradicción instantánea. Más reducción de impuestos, pero más inyecciones directas. Más "reforma del mercado laboral", es decir, más eufemismo para reimplantar la servidumbre. Más iniciativa gubernamental, pero más privatizaciones. La literatura best-seller no es la mejor en calidad, pero tiene el don del síntoma. Vuelve la moda de historias de hombres lobo. En la política española, huele a churrasco de cordero electoral en la izquierda, y en la derecha se oye con gusto el aullar de los lobisones sin complejos. Así se explica la pose última de Aznar. Nuestro lobisón preferido tiene la fórmula salvadora. Privatizar, como antes lo hizo con las joyas de la Corona. Todavía nos queda algo. La RENFE, la Zarzuela y el Museo del Prado.
Foto Joseph Fonti. Marrocos.

1 may 2009


SUSO DE TORO

Asasinos do soño

El País, 01/05/2009

A nosa lingua, esta cousa antiga, o remol daquel lume que ardeu ben vivo no tempo dos reis e dos trovadores e que lle deu a palabra a millóns de persoas nesta costa peninsular e nas costas do Brasil e África. A nosa lingua, estas palabras que foron libres na República, que foron bravas contra o franquismo, que foron mansas e alimenticias como o forno do pan da casa dos avós. A nosa lingua, que nos fai "Nós", chegou a nós pola nosa debilidade.
Non foi a resistencia do pobo galego, non foron os dirixentes da nación galega -que nunca tivemos-, o galego chegou a nós históricamente vivo debido ao atraso da Galiza. Foi o abandono no que viviu unha Galiza encerrada dentro da España, que tiña as súas comunicacións por mar sometidas ás necesidades da Coroa española, que ficou separada do seu sur, Portugal, e incomunicada coa meseta sen ferrocarril axeitado e sen estradas dignas. O galego chegounos como un resto histórico que perviviu nas clases sociais iletradas e que fixo soñar aos intelectuais rexeneracionistas cun país propio e digno. A realidade histórica a mediados do século XX eran xa catro provincias, o soño chamábase "Galicia" ou "Galiza". Ese soño recreouse, unha vez máis, e chegou á miña xeración a través daqueles libros escasos e ventureiros, que andaban como unha cousa estraña por algún curruncho dalgunhas librarías. A existencia daqueles libros obrigou a plantexarnos un problema ético aos mociños que queriamos ser escritores: tiñamos que ser leais a esa esperanza tan desesperada, a ese compromiso que insistía e insistía en existir. A nosa escrita debía ser en galego. E por iso estamos agora aquí.
A vida vaise vivindo, tamén polo país pasan os anos, os períodos. O galego xa non é lingua de pobres e iletrados, eses falan castelán. E de quen é lingua realmente? Tras a morte de Franco a sorte histórica do galego estaba nas mans da democracia, que para nós é o autogoberno galego, a autonomía. Tiñan de ser os gobernos galegos quen garantisen a existencia da lingua. Xa vimos o que foron os anos na Xunta da dereita, un paternalismo que encubriu a morte lenta. A pasada Xunta bipartita foi o que foi, a frustración da esperanza, e agora chegou a hora da verdade, veu o matador do galego. Acabaron as cerimonias, acabouse o paternalismo, o matachín é práctico e pragmático, vén coa cuadrilla acabar de vez coa lingua galega. Morra o conto, di. Nin Galiza nin Galicia, catro provincias abóndanlle. Para a nosa desesperación. Fannos desesperados novamente, entregar a vida a un soño é gañar a desesperación.
Pintura de Ángel Gonzalo.Ilusión.









Onte No Liceo de Ourense.



Os amigos na presentación do libro de "Chisco" Fdez Naval PARA SEGUIR BAIALANDO .
(Fotos Pepe Trebolle)

30 abr 2009

Fregas.
Bieito Iglesias.

El Correo Galllego30-04-2009

Dubido que os virus estivesen no plano da Creación Divina, de facto a Biblia non os menciona nin sequera no episodio da Arca de Noé, pero sospeitamos que eses diminutos oportunistas libraron do Diluvio Universal a bordo de cabalo ou égoa (o virus da febre tifoidea), da parella de coellos (o da mixomatose), do can e da cadela (o que provoca moquillo), do boi e da vaca e do porco e da marrá (os da peste bovina e porcina) e dos paxaros (o da gripe aviar). Por un imperdoable descoido da Providencia, estes axentes patóxenos sumamente rebeldes teñen causado pragas de hepatite, de influenza e de poliomelite, matando ou deixando tolleitos a millóns de persoas. Por moi boas razóns particulares (por culpa deles pillei a polio, as papeiras e as bexigas loucas), eu téñoos debaixo dun dente, son os seres que máis odio neste mundo despois dos xogadores do Real Madrid.
Un gromo epidémico acaba de atacar México, o andazo propagouse aos Estados Unidos e ameaza con esparexerse por toda a Ecúmena aproveitando as facilidades da globalización. Trátase esta vez da gripe porcina, actualmente curable grazas aos inventos médicos e a que parte da poboación mundial está ben mantida e coas defensas altas. Noutros tempos, por exemplo entre 1918 e 1920, a gripe española vendimou vinte millóns de doentes. Lembro un gripazo que arrebollou na cama a meu pai alá polos primeiros sesenta, mergullándoo nun soño febricitado e delirante que puña medo. Eu achegábame á beira do leito para falarlle e recibía murmurios incomprensibles por toda resposta. Pensei que morría, aínda que aos meus cinco anos o concepto de morte non difería moito dunha viaxe a Suíza. Salvouno unha avoa menciñeira, a base de pranchos de vinagre na testa e fregas con augardente queimada no lombo. Antes do turismo e dos esconxuros de Fraga, a ninguén se lle ocorría beber alcohol queimado. Tomábase con tódolos graus pola mañá, para desorballar.
Imaxe:Estatua ao porco en Lalin, do escultor Rial Goiás.



A AXENDA :(by Trebi)
PARA SEGUIR BAILANDO.
Xoves 30, ás 8:20, no Liceo de Auria.
Presentación do libro editado por E. Xerais de Francisco X. Fernández Naval
Participarán no envento:
  • Ánxeles Cuña.

  • Xavier Paz.

  • Manuel Bragado.

  • Francisco X. Fernández Naval.

(Aquí - vencello para acceder a entrevista do xornalista Camilo Franco)

29 abr 2009








No seu propio blog, o columnista a carta cabal, Javier Ortiz, déixanos recado, o seu obituario.

Unha semblanza del, a bitácora de Nacho Escolar.

Que a terra lle sexa levadeira.



As latas de sardiñas e os zocos de Lito.
Alfonso Vázquez Monxardín.
LR-28-04-2009


Pois cheguei ás Galerías Pacífico da Rúa Florida de Bos Aires, alanquei ao segundo piso e, horror, non estaba xa a lata de sardiñas Miau que os obreiros da construción tiraran había cen anos. Pregunteille ás azafatas e dixéronme que retiraran a exposición había tres anos e non sabían onde ían as cousas. Quedábame xa só como obxecto tótem, os zocos do Lito, sobre a cheminea da súa casa. Non sei como se chamaba o seu avó, pero polo que fixo, polo que fixeron todos, sabemos a caste de xente que son. Unha historia entrañable. Escoiten.Un día da primavera de 1950 nunha aldea ao pé do nacemento do Miño un avó de enrugas na cara polos anos e no corazón pola vida, fita no fondo dos ollos do neto de dous anos que ten no colo e sorrille tristeiro. Vai marchar o cativo coa nai e os irmáns a Bos Aires, onde o pai xa atopara acomodo para empezar a nova vida que precisaban. Cando están coas despedidas, o avó, calado, descalza o neto; sácalle os minúsculos zoquiños de madeira que lle fixera había uns meses cunha navalla, unha gubia e o mimo das mans curtidas. Dille á filla: ‘Alá non che lle van cumprir, é outro mundo. Os zoquiños quedan aquí, na casa, ‘para cando veña o Lito buscalos’, e repite para si, cun nó na gorxa ‘para cando veña o Lito buscalos...’.E foi pasando o tempo acá e alá. A familia apertouse como unha piña e traballou xunta e como galegos; de sol a sol, de lúa a lúa. O neno medrou no barrio da grande cidade. Estudou e traballou. E o tempo foi pasando. Así que as cousas foron mellor veu a Galicia un seu tío -emigraran varios- e trouxo o encargo de levarlle os zoquiños daquel neno que xa non o era. O avó avellentado foi inflexible...: ‘Os zocos son do Lito e ten que vir o Lito por eles. A ninguén máis llos dou’.Poucos meses despois, o petrucio sentiu que a morte viña, pediulle unha tregua, chamou o fillo maior dos que quedaran na casa e fíxolle a encarga: ‘Aí che quedan os zocos do Lito. A ninguén llos deas que non sexa a el. Ten que vir el buscalos’. E morreu seguro de que viría por eles algún día e de que nas vetas do bido da sola sabería ler as liñas da historia da familia, as privacións que os levaran a América, a dor no corazón que sentira ao velos marchar, os nacementos, as mortes, pero tamén as alegrías e as festas, o recendo dos toxos e a lentura da terra, e tamén, o sorriso que lle botara pouco antes de marchar...A palabra do avó foi cumprida sempre. Cada vez que viña un ‘americano’ a resposta era a mesma: se non é o Lito, os zoquiños non saen da casa. E un día, era 1978, Lito, con trinta anos, xa casado, cun fillo e outro ás portas, de repente, escoitou nos adentros unha chamada que non soubo descifrar e correu cara a Galicia. Achegouse veloz a Fomiñá e o seu tío, xa vello, deulle aqueles zoquiños que o agardaban desde o fondo dos tempos. A emoción non lle impediu deixar de entender o significado do xesto do vello e ler nas esvaídas liñas do bido, a vella historia da caste que arestora lle contaba o avó. Lito namorouse da terra, dos montes, das xentes, do verde, da fala, destoutra forma de ser nosa... sen deixar de amar nunca a terra arxentina que todo lle deu. Sobre todo a Elsa, unha encantadora muller con sangue indíxena da cordilleira e sorriso de anxo.Agora penso que cando me convidou por primeira vez a un asado na súa marabillosa casa de Hurlingham, non me quería ensinar a piscina, nin o xardín, nin o quincho, nin sequera os seus fillos. Quería ver se reparaba nuns zoquiños que estaban sobre a cheminea do salón. Ao lle preguntar que facían alí, contoume esta historia con bágoas nos ollos. Cando mos deixou coller nas miñas mans, souben que xa eramos amigos. Vinos de novo hai uns días e souben que o bater minúsculo deses zoquiños sobre a cheminea é infinitamente máis auténtico e forte que o rumor dos aristocráticos piñeiros de Pondal.

28 abr 2009


Camilo Nogueira e o sacrificio.
Alfonso Vázquez Monxardín.
Galicia Hoxe 28-04-2009.
Coñecín a dous Camilo Nogueira. Un era camareiro na cafetería Alaska no Parque de San Lázaro de Ourense e outro ao político que coa fundación do Partido Obreiro Galego abriu a esquerda autóctona de Galicia aos aires da modernidade e aceptación do sistema político democrático. Camilo grazas a moitas cousas, á súa forma de ser e ó seu éxito profesional en Sodiga, sabía que había un mundo enteiro por descubrir máis alá da Lavacolla e tiña unha profunda sensibilidade galega, de esquerdas e europeísta. O Sr. Nogueira Román, ex enxeñeiro de Citroën, lémbreno, foi o político máis activo dos primeiros parlamentos autonómicos e grazas ao seu impulso lográronse fitos históricos. Ducias de leis e concreción de inciativas como a traída dos restos de Castelao en 1984. Ou sexa, como era imperativo ético e histórico, durante a nosa primeira lexislatura; nada máis que Galicia tivese algo de poder de seu. Tres anos despois da aprobación do Estatuto; tres anos despois tamén do 23-F; ao ano seguinte da aprobación da Lei de Normalización Lingüística e cando xa estaba implantado o ensino do galego en todos os niveis. Claro que tamén eran os tempos en que o nacionalismo maioritario, léase a UPG e adherencias, aínda non entendía nin aceptaba claramente o sistema democrático -ata 1987 seguiu a alianza estratéxica con HB-, as súas normas, e nin sequera o resultado das eleccións ou das decisións do Parlamento. Así, aquel violento boicot contra a traída dos restos de Castelao a Galicia estivo adobiado de constantes insultos ao Sr. Nogueira.
Como Camilo Nogueira é boa xente cando os seus insultadores daquel día asumiron, en reviravolta pero sen autocrítica, as súas posturas (simplemente xurar a Constitución, condenar a violencia e tratar de ampliar o marco legal para Galicia desde a lei) por ser boa xente digo, foi capaz de traballar con eles de novo. Así conseguiu escano no Parlamento Europeo e desenvolveu a frenética actividade que todos lembramos ante a indiferenza dunha parte importante dunha forza política pexada de arcaico antieuropeísmo.
E agora pídenlle as familias que controlan o choio o sacrificio de renunciar a ocupar un par de meses escano no Parlamento Europeo por mor dun misterioso trato feito cunhas forzas políticas das que agora se desligan para unirse a outras máis radicais. ¿Mellor ninguén en Bruxelas que Camilo Nogueira? Alá eles. Así lles vai.

Na foto, obra da autoría de Camilo Nogueira, pai.

Fincas muy mejorables.
Antón Bahamonde.27-02-2009
El País.
En uno de sus post en El voto con botas -un blog imprescindible-, Fermín Bouza daba cuenta de cómo en las encuestas del CIS previas a las últimas elecciones se anunciaba ya la derrota del bipartito. A la pregunta "Después de las próximas elecciones, ¿cree usted que sería deseable un cambio de gobierno en Galicia?", casi la mitad de los votantes del BNG y la cuarta parte de los del PSdeG respondían afirmativamente. Esa cifra da la magnitud de la desafección de los votantes de izquierda y nacionalistas con el gobierno de coalición. Porque esos votantes se autoubicaban a sí mismos a la izquierda: es decir, su descontento no iba en el sentido de que se hubiesen escorado a la derecha sino en el desasosiego por lo insuficiente del cambio.
O artigo ao completo.

A ilustración Tierras labradas de Ortega Muñoz.

26 abr 2009





Seguro que esta a máis dun lle fai pensar no de acender un cigarro... é curioso que dúas cousas que frecuentemente estean tan relacionadas entre si (xa sabeís o cigarrito despois de...) en realidade sexan tan incompatibles :[Trebi.


Fumadores

Javier G. Méndez
Xornal de Galicia, 2009-04-22.

Mientras escribo estas líneas, tengo delante un paralelepípedo con una seriar advertencia de las autoridades sanitarias en una de sus caras: "fumar puede matar". Enciendo un cigarrillo y otro más, mientras pienso, como Serrat, que un día de estos he de plantearme muy seriamente dejar de fumar, aunque todavía no me entre esa tos al levantarme. Pero luego el humo se esparce por la habitación como una bandera contra la hipocresía; me quema en el interior a lo bonzo; se esparce por el medio ambiente, como una de aquellas señales indias que veíamos en las películas del oeste, ¿recuerdas?, y me entra el absurdo orgullo de pertenecer a la raza perseguida, discriminada, bombardeada por malos augurios escritos y ordeñada a impuestos, a la que llaman despreciativamente fumadores.
Trinidad Jiménez, la nueva ministra de la cosa, ya ha avisado de que nos vamos a enterar de lo que vale un peine, macho, como si no se estuviesen enterando ya nuestros bolsillos, atracados vilmente por la haciendas públicas. Ha anunciado una nueva línea otoño/invierno de cajetillas, tétricos y diminutos ataúdes disuasorios en los que van a aparecer panorámicas de nuestros pulmones ahumados, como si fuesen talmente salmones de esos noruegos, oye, y retratos de colegas en estados terminales, entubados hasta las orejas, a ver si de una puñetera vez nos entra el acojono.
Lo curioso de esta obsesión de los Papás Estado por sacarnos del vicio, culo, nenes, es que todas sus medidas de buenos samaritanos llevan siempre añadidas una subida de impuestos indirectos. O sea, esto del tabaco, es el único negocio, en el que por cierto participa el estado, en el que va disminuyendo lentamente el consumo pero se mantienen siempre los beneficios. La misma cantidad de euros que hoy puedan dejar en las arcas públicas cien fumadores, cien suicidas potenciales, vamos, la dejan mañana los noventa que todavía sigan echando humo. Que baja todavía un poco más la demanda, pues subo todavía un poco más el precio de la dosis, a ver si me entiendes, de tal forma que esa red de "camellos" del estado, estancos, locales con maquinas expendedoras, sitios así, sigan recaudando lo mismo para el cártel.
Si el precio del tabaco fuese un elemento disuasorio, de buena fe, descendería proporcionalmente al número de ex fumadores.



D. Ramón en Buenos Aires


El Correo Gallego, 26.04.2009
XOSÉ NEIRA VILAS

Xullo de 1959. Inverno austral. Otero Pedrayo arriba ó Prata invitado polo Centro Galego de Buenos Aires para as Xornadas do Día de Galicia. Estivera na cidade doce anos antes, e publicara logo Por os vieiros da saudade. Alí coincidira con Castelao, compañeiro de inquedanzas. Un ano despois é reposto na súa cátedra en Compostela e dita unha emotiva conferencia sobre a emigración. Agora voltaba a Buenos Aires, con Fita, a súa muller. Eu víñame escribindo con el. E o noso primeiro encontro poducíase na 'Galicia ideal'. Foron días nos que Anisia e mais eu nos beneficiamos co seu maxisterio e coa súa erudita e amena conversa. Viamonos case a diario no hotel da Diagonal Sur no que se aloxaban. Poucos meses antes triunfara a Revolución cubana e el sabía do ancestro galego de Fidel. Falábanos do "desastre" de 1898, e da obra de Martí, e da valentía de Maceo, de quen lle tiña falado seu pai. Viámonos tamén nas conferencias que ofreceu no ámbito galego e fóra del (Museo Mitre, xornal La Prensa, Sociedad de Escritores...). A través da organización Follas Novas rendémoslle unha honenaxe, na que xunto con nós interviron Dieste, Ramón de Valenzuela, Xosé Blanco Amor, Suárez Picallo, Alonso Ríos e Molinari. Léronse adhesións de sociedades galegas de toda América, e do grupo Brais Pinto de Madrid e de personalidades como Cabanillas, Del Riego, Gómez Román, García Sabell, Carballo Calero, Piñeiro, Fole e outros. Montamos unha exposición da súa obra no Centro Lucense.
Días despois visitounos na sede de Follas Novas, onde foi recibido por un grupo de mozos. Chegou con Fita e con Virxinia Castelao. Dedicou exemplares dos seus libros e deixou escritas fermosas palabras nas que fala de Compostela, das cantigas populares, e do que significaba a emigración para a cultura galega.
Cúmprense 50 anos daquela visita e seguimos recordando aqueles seus días porteños.


BNG, un xiro mirandés
Galicia Hoxe, 26.04.2009
MANOEL SANTOS

O acordo do BNG de concorrer ás misteriosas europeas do 7 de xuño na coalición Europa dos Pobos, composta entre outros por partidos soberanistas de esquerdas, como Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) e Eusko Alkartasuna (EA), non é intranscendente. Tampouco a escolla de Ana Miranda para a cabeceira da listaxe en Galiza -segundo posto na circunscrición estatal.
Deste xeito o BNG logra, quer de xeito intencionado quer indirecto, catro cousas fundamentais. Primeiro, ter algunha posibilidade de acadar representación no Parlamento, por canto a outra opción -PNV, CIU, CC- só ofertaba o cuarto posto na candidatura. Europa dos Pobos ten asegurada unha acta e se cadra dúas, mais de obter unha o posto sería por quendas. A importancia dun escano na UE non é menor, tanto dende o punto de vista organizativo, pois para formacións miúdas coma o BNG, Europa supón unha fonte de recursos económicos e estratéxicos nada desprezábel; como dende o punto de vista político, xaora que garante loitar en primeira liña por cuestións fundamentais para o país -pesca, agro, ambiente, lingua, construción naval- e, por que non dicilo, tamén formar futuros cadros políticos. Ana Miranda, que chegou a Bruxelas con Camilo Nogueira no 1999, é boa mostra disto.
En segundo lugar, o BNG cae onde ten que caer por ideoloxía fundacional. Como ERC e EA, forma parte da Alianza Libre Europea (ALE), partido político con 42 organizacións en cuxo grupo parlamentar (Os Verdes/ALE) se integraría a hipotética deputada. Amais, a vicepresidenta da ALE é a propia Ana Miranda. O feito devólvelle ao BNG a coherencia ideolóxica sobre o papel, especialmente se temos en conta o que a ALE defende: dereitos humanos e dos pobos, desenvolvemento sustentábel, abolición da enerxía nuclear e potenciación das alternativas, reorientación da Europa do neoliberalismo, a competencia e o centralismo, participación das nacións sen estado nas negociacións sobre temas da súa competencia, diversidade lingüística e cultural?
A terceira cuestión é máis importante do que parece. O xiro á esquerda, malia que tardío e sospeitoso por ser logo dunha desfeita electoral, alivia un chisco as dúbidas e desencantos dunha militancia que nos últimos tempos tivo moi difícil defender diante da sociedade galega algunhas decisións e derivas gobernativas do cumio da pirámide nacionalista.
E en cuarto lugar, a escolla de Ana Miranda achega un aire fresco imprescindíbel para quen está preto da asfixia. É nova, con moita experiencia nas labirínticas institucións europeas, coñece coma ninguén a Galiza exterior, ten unha sensibilidade para cos movementos sociais -é asidua dos foros sociais- que debería ser obrigatoria no BNG, excelentes relacións con outras nacións sen estado e, malia que resulte estraño por estratexia electoral, é pouco coñecida no país, o que hogano no BNG é case unha virtude. Máis alá dos resultados que obteña, é xente da súa xeración e preparación a que ten que ir collendo o temón dun BNG que nunca parece renovarse de verdade.

25 abr 2009



Cabo vírgenes

Afonso Vázquez-Monxardín

La Región, 25-04-2009

Se cadra foi polo que oíra contar dunha patria desaparecida varias veces e repartida por outros máis poderosos a bocados. Se cadra foi polo espírito aventureiro que levara aos seus avós polacos a vivir en Entrerríos en vez de quedar ao calor dos seus conveciños en Buenos Aires.

Se cadra foi simplemente por ambición por iso era vocacionalmente buscador de ouro ou porque estaba tolo. Si, dicían os seus veciños que estaba un pouco tolo. O caso é que un día despois de sentir na radio os problemas fronteirizos con Chile, o das illas do sur de Tierra de Fuego, a cuestión dos xelos patagónicos, despois de buscar eses sitios no mapa e estudalos con atención... chegou el só á conclusión de que Chile ía mover os marcos fronteirizos empezando polo sur para aproveitarse daquelas soídades inmensas. Así, cambiando de noite os fitos, pouco a pouco arrimaríanse a Río Gallegos, despois caería Santa Cruz, logo Comodoro, Trelew... Sempre oíra que Chile non era de fiar.

Non o pensou máis. Apañou catro cousas e montou no tren. Foi dando tumbos -non tiña un peso- e ao cabo de dous meses chegou á entrada do estreito de Magallanes, sobre o Atlántico, á mesmiña punta do cabo Vírgenes. Alí preguntou por Chile. O fareiro solitario indicoulle co dedo o último marco.

Pensou inmediatamente que xa o correran e que o fareiro era cómplice. Para vixiar que non o moveran, decidiu quedar ao pé do cilindro de pedra. Pouco e pouco montou unha cabana desastrada. Ao principio o fareiro pensou que non rexía. Depois estivo seguro e un pouco por piedade outro pouco por un aquel de curiosidade, foille cedendo materiais. Os militares indicáronlle que se retirara cen metros do marco. El, obediente, así fixo. Ao principio espreitaba de noite. Pouco e pouco foi alongando as vixilias ata que decidiu que abondaba como comprobar polas mañás. Axiña empezou a buscar ouro bateando auga de regatos ou escaravellando na terra dos cantís entre lobos, elefantes mariños e pingüíns, acobillándose como podía dun vento que xeaba a alma. Cando se lle acabaron as provisións, deu en cazar lebres, despois armadillos, algún guanaco. Despois curtiu peles que lles vendía aos militares do posto. Un día houbo unha morte. Un mapuche chileno apareceu acoitelado onda a soidade da súa cabana.

Os militares, apercibidos polo fareiro, collérono e levárono ao cárcere de Río Gallegos.

Xuraba que fora atacado de noite na caba na. Que o marco non tiña nada que ver.

Ao cabo do mes chegaron informes de Punta Arenas. Sobre o chilote había orde de busca e captura: era un perigoso criminal fuxido do penal de Puerto Natales. Soltárono. Voltou ao cabo xurando non saír de alí na vida. Pasou aínda trinta e sete anos vixiando o marco e sobrevivindo tamén coas cousiñas que vendía aos que se achegaban: cachos de ferros retortos e botellas rotas, madeiras talladas de naufraxios e contando historias soñadas a quen quixese oílas... Un día xa vello e canso, sentiu que lle estralaban os ósos dos cadrís e caía ao chan. Soubo que a cousa era a fin. Vira moitas ovellas, moitos guanacos, moitas maras vellas ás que lle acontecía o mesmo. Sen os ósos dos cadrís tiña a arquitectura da vida fundida.

Nada se podía agardar. De alí non ía saír.

Arrastrouse sobre os cóbados suando no frío ata o estremo da cabana. Apañou unha coitela de desbastar coiro. Sen pensar máis, cun sorriso de alivio, pasouna premendo con forza e suavidade sobre a xugular e notou ao tempo un chorro quente sobre o pescozo e axiña que se lle varría a vista e se enchía todo de luz. Moita luz. Tanta como vira xunta en toda a súa vida nas néboas daquela terra estraña e fría.

PARABÉNS (algo serodios) AO AMIGO MONXARDÍN

Afonso Vázquez-Monxardín gana el premio ‘Carracedo’ por sus
artículos escritos en La Región


LR - 21-04-2009

Afonso Vázquez-Monxardín resultó ganador de la última edición del premio ‘Xosé Aurelio Carracedo’ de periodismo por una colección de artículos publicados en el periódico durante 2008. Juan Andrés Hervella se hizo con el segundo premio.
Tras una reunión del jurado mantenida en la mañana salieron a la luz los nombres de los ganadores de la presente edición del premio ‘Xosé Aurelio Carracedo’ de periodismo, promovido
por la Diputación de Ourense y dotado con 5.000 euros.
El primer premio fue para el profesor Afonso Vázquez-Monxardín por una colección de artículos
publicados en La Región a lo largo del pasado año. La decisión fue adoptada por unanimidad de los miembros del jurado, que valoraron de manera positiva la variedad de los artículos presentados al certamen, su calidad léxica, el tono desenfadado que el autor da a los mismo, el elevado nivel cultural de los comentarios y su conciencia crítica e, incluso, provocadora en algunas ocasiones.
El jurado estuvo presidido por el diputado de Cultura, José Luis Valladares, e integrado como vocales por Felipe Ferreiro, Mariluz Villar, Luz López Crespo y Xosé Lois González.

24 abr 2009



AS UVAS NA SOLAINA CONTINÚA.


Ourense, 24 de abril de 2009

É vontade do común amigo Marcos Valcárcel que o blog As Uvas na Solaina siga adiante como foro de reflexión, debate e lecer. Ese é o seu xeito de agradecer as innumerables mostras de cariño, admiración e alento que, neste e noutros foros, lle teñen prodigado tantos e tantas amigos e amigas, quer sexan contertulios habituais ou ocasionais, quer sexan lectores.

Un grupo de amigos temos a difícil e, ao tempo, grata encomenda de tentar suplir parte do seu labor. De seguro que con máis intención que acerto, pois é imposible substituír a súa sensata, amable e ecuánime voz.

Así pois, poranse, cando se poida, ligames con textos da prensa, tal como Marcos viña facendo, e ás veces algún comentario ou artigo orixinal. Todo coa intención de que o debate continúe, de que este recuncho da vella Auria sexa un lugar de encontro, de complicidades compartidas, de discusións frutíferas, de desavinzas pacíficas, de sorrisos abertos. En nome de Marcos Valcárcel, benzóns para todos, amigos e amigas.

11 mar 2009

A lexislatura nefasta
XOSÉ MANUEL SARILLE ESCRITOR E PROFESOR
ECG. 10-3-09


Aí teñen aos socialistas de Galicia. Feitos un sinvivir porque o Bloque non lles deixou lucir o talento nestes catro anos. Abatidos por non saber transmitir ao público os logros acadados polo goberno bipartito; debe tratarse dunha revelación profética a transmisión esa. Di o Conselleiro de traballo que non conseguiron chegar aos electores para explicarlles o positivo da xestión e a continuación enumera unha serie de conquistas, que todas xuntas veñen tendo a solidez aproximada da auga. Despois, intuíndo que algo fallou cos votantes de sempre, afirma que deberon amosar máis a ideoloxía de esquerdas. Pois non, porque non se trataba de soltar palabraría ideoloxista, senón de afrontar con siso e con valentía as reformas que Galicia necesita e que agora ninguén vai levar a cabo.
Máis pinturero está aínda Méndez Romeu, Conselleiro de presidencia. Convencido tal vez de que emulou ao Conde de Floridablanca coas súas reformas administrativas, atrévese a botarlle a culpa de todo ao socio de goberno, como se a perda de votos non fose idéntica nos dous partidos, como se o PSdG non xestionase a sanidade sen resultado ningún, a educación, o medio ambiente. E agora quere entrar a matar nas coalicións municipais.
O semiótico italiano Gillo Dorflles explica que para ser un profesional consolidado de calquera cousa é preciso dominar os ritos da profesión. O taxista de Roma pode conducir ben ou mal, pero ha de saber sacar o brazo pola xanela e soltar no momento axeitado unha frase cargada de futuro que deixe secos aos camiñantes. O lexionario será valente ou covarde, pero levará o pelo do peito por fóra dos botóns da camisa e o aire de desafío no ricto.
O político galego (isto non o di Dorfles) pode ser malo ou pésimo, pero actuará tamén como se as eventualidades fosen o principal. Dirá que non souberon transmitir, que o do lado era un desastre, que a campaña foi porca. E certamente, eses son factores que normalmente importan moito. Por iso os nosos falan desas razóns como se en Galicia tamén fosen fundamentais. Mais aquí hai unha cuestión previa que eles non nomean, porque ninguén se ataca a si mesmo.
A estatua do Alpinche
Afonso Vázquez-Monxardín, La Región 11-3-09

Se un entra no Google Earth e mira as imaxes de Ourense subidas con ese invento español de tantísima rendibilidade que e o ‘Panoramio’ -unha aplicacion que permite visitar unha cidade a través das fotos enviadas ao ciberespazo por outros turistas- encóntrase con que o que máis chama a atención de nós é a estatua do coche que está onde a Subdelegación de Goberno, no Parque. O visitante ve, olla, para, sorrí, pon cara estrañada e tira de cámara de fotos. Nunca, seguro, viu nada parecido no mundo mundial. Os nenos, como está baixa e xa non hai ‘gris’ na porta da Subdelegacion, suben ao teito sen medo; os adolescentes agáchanse para saír na foto sen tapar ese coche; moitos botan confianzudos o brazo polo ombreiro de Lalao Reverter ou do Antonio Colemán. Pero, perdóenme eles, a estrela, o que fai ao grupo inédito é ese coche que Lalao quixo bautizar ‘Realpor’ -acrónimo de Reverter, Alpine, Porche- pero que o inxenuo popular ourensán, picando a republicano, simplificou en ‘Alpinche’, mestura de Alpine e Porche. Porque iso é o que era.Os nenos daquela e os que xa non o eran tanto, lembramos como se construíu no verán de 1971 cando Lalao Reverter fixo o trasplante do motor dun Porche 911 que destrozara Pavón, á carrocería dun Alpine que el comprara. A matrícula era OR-31516, que a tíña eu ben posta nun coche ‘tuneado’ -daquela non existía a palabra- do meu scalextrix. Axiña o ‘monstruo’, demasiado motor para tan pouca carrocería, colleu as cores laranxa butano e banda branquiazul, tal que a bandeira arxentina. Durou cinco anos ata que Beny Fernández o espetou xusto ao comezar o Rally do Sherry, en Jerez de la Frontera.
O coche máis mítico que saiu de Ourense na súa historia. Pois si señor. Está ben que teña unha estatua. E por suposto que con Lalao Reverter. Que para algo participou 12 veces no Rally de Montecarlo e gañou varias ducias, por Galicia e España adiante. E sobre todo por ser o introdutor decidido da paixón polo automobilismo que daquela houbo na cidade ao redor do Rally e da Escudería. Si señor. ¿E o Antonio Colemán? Pois tamén. ¿Por que non? Non todas van ser de homes de letras. Foi un digno organizador e sucesor de Lalao á fronte da Escudería.Con todo, o conxunto garda un par de misterios. Haberá que lle preguntar un ao escultor Ramón Conde, e outro deixalo no aire. Si, lembramos que o Antonio era mellor mozo que o Lalao... ¿pero non se lle iría a man un pouco na diferencia? E o segundo, ¿que diría o Lalao de verse de ‘copiloto’ dun Colemán que nunca conduciu? Cando se esfiañe o fío da memoria vai parecer o que nunca foi.
Nas ondas de Galicia
MARCOS VALCÁRCEL, andoliña 7-3-09


Chégame o último libro de Modesto Hermida, galego da aldea de Vales, das terras de Cea. Titúlase Nas ondas de Galicia. Noticias, opinións, estampas e personaxes (Ir Indo) e leva un limiar de Alonso Montero. O volume recolle duascentas alocucións lidas polo seu autor no Diario Cultural da Radio Galega entre 1990 e 1996.
Convertidas en texto escrito para rescatalas da fugacidade radiofónica, estas crónicas culturais poden lerse a xeito de dietario de novidades culturais: a nova da aparición dun libro, dun suplemento cultural en galego, dun festival musical, dun premio a un escritor, etc. A lingua e a literatura son os temas dominantes e albíscase ben a querenza do escritor polos autores do século XIX, perspectiva que tan ben coñece como director da colección Narrativa Recuperada, do Centro Ramón Piñeiro, e tamén a súa admiración por personalidades como Cunqueiro, Carlos Casares ou Basilio Losada, entre outras.
Escribe co corazón aberto Modesto Hermida, sempre co compromiso fiel coa galeguidade de noso e buscando aquelas lecturas en positivo da evolución da nosa cultura. Xornaleiro da nosa cultura, chamouse a si mesmo nalgures: oxalá houbese moitos coma el.
Os nomes das rúas
andoliña 11-3-09


Tiven a sorte de nacer nunha cidade que mantivo bastante definidos os seus sinais de identidade dende vello: a Auria romana, medieval ou decimonónica perdura nos seus monumentos e no perfil urbano das súas zonas máis antigas. Tamén no seu nomenclátor urbano que mestura os diferentes nomes de rúas, de etapas ben diferentes. Temos a sorte os ourensáns de gardar o celme da cidade en nomes como rúa da Liberdade, da Primavera ou do Olvido, ás veces de fortes acenos románticos: por certo Afonso Vázquez-Monxardín, autor dun rigoroso estudo sobre o rueiro ourensán, debería publicalo xa en libro en canto teña un pouco de vagar dos seus moitos quefaceres.
Recibín un pequeno folleto titulado Apuntamentos sobre a evolución urbana de Celanova, así como sobre os nomes das súas rúas (1840-2008), traballo que non ten desperdicio de Antonio Piñeiro, un dos mellores coñecedores da vila de Curros. Neste volume dáse conta detallada das dificultades que xa dende mediados do XIX tiña bautizar as novas rúas da vila. A dedicada a dona Emilia Pardo Bazán, en vida da escritora, xerou polémica cos republicanos, mentres que a de Curros Enríquez tivo que agardar ata un ano despois da súa morte.

6 mar 2009





UN RESPIRO

Despois desta semaniña, eu cando menos necesitaba un respiro ...

Filhos da Madrugada!

No Coliseu - Venham.Mais.Cinco

éche o que hai, lópez, galicia hoxe 4-3-09
Cousas veremos, M.A. Fernán Vello, g.h. 6-3-09

Na pell de brau -"a terra ancha de España", tal como entendía Maria Aurèlia Capmany o emblemático título de Salvador Espriu- o acontecer diario reserva sempre sorpresas de toda caste e condición, dende o vulgar ao grotesco, dende o desvairado ao prodixioso. ¿Que opinan vostedes, por exemplo, do caso do ex ministro de Xustiza, señor Bermejo, expedientado e multado pola Junta de Andalucía por cazar -furtivo el- sen licenza? Mais sigamos. Porque a pel de touro dá para moito e o pasmo é un río que non deixa de levar auga. Como saben vostedes, o alcalde de Zaragoza, o socialista Juan Alberto Belloch -ministro que foi de Xustiza no sétimo Goberno de Felipe González-, aprobou a creación dunha rúa dedicada a José María Escrivá de Balaguer, santo católico que foi fundador do Opus Dei. O Concello de Zaragoza ten aínda pendente a retirada de 43 nomes de rúas relacionados co franquismo -eis a Lei de Memoria Histórica-, mais o socialista Belloch -¿lembran vostedes o de Bono coa monxiña Maravillas?- quixo premiar, segundo as súas propias palabras, un dos aragoneses "máis coñecidos no mundo, creador de trece universidades e máis de cen centros escolares de formación". Xa ven vostedes. Pura lóxica escolástica.
E pasemos ao País Vasco. Resulta altamente curioso que Patxi López, candidato a lehendakari do PSE-PSOE, fale e actúe con toda naturalidade nestes últimos días -vese o home investido lehendakari-, como se xa tivese o apoio do Partido Popular de Basagoiti, co cal, por certo, aínda non falou, cando menos oficialmente. Tendo o PSE 24 escanos e o PNV 30, chama a atención que, fronte a un contundente triunfo dos nacionalistas vascos, ande o socialista Patxi López celebrando, por adiantado, un pacto contra natura entre o PSE, Partido Popular e o tamén triunfal UPyD de Rosa Díez. ¿U-la ética política neste caso? ¿Trátase de gobernar como for, chegando a acordos con quen sexa, e contra a maioría social de Euskadi? Cousas veremos. Mais no ruedo ibérico, outra boa definición, pode pasar, e pasa, de todo.
Galicia vai contar menos
MARCOS VALCÁRCEL

andoliña 6-3-09, dedicada a ms.

Creo que Galicia vai contar menos a partir de agora. Oxalá me equivoque. Porque a posta en escena da vitoria do PP lembra aquela portada de Teima cando gañara a UCD no 77: sobre o fondo do cadro da Rendición de Breda, a UCD galega entregáballe as chaves a Adolfo Suárez coa frase "Galicia é súa, señor". Todos vimos na televisión unha cerimonia semellante e agora era Rajoy quen recollía as chaves do país na sede madrileña do PP. Dende Madrid esa era a gran noticia.
O que me custa entender é a xigantesca sorpresa dos derrotados. Tan mal informados estaban? Un amigo colgou na miña solaina os resultados dunha enquisa do CIS, comentada no blog do sociólogo Fermín Bouza, El voto con Botas. Ante a pregunta: "Cre vostede que sería desexable un cambio de goberno en Galicia?", as respostas eran claras. Dos que votaran PP no 2005, un 87.7% quería un cambio de goberno. Dos que votaran PSOE, un 25%. Dos que votaran BNG, un 46.9 por cento, e non sabe un 8.7%. Dos que non votaran en 2005 por teren menos de 18 anos, un 53.9 por cento. As porcentaxes dos que non votaran por outros motivos ou votaran en branco rondaban o 50 por cento. Aí teñen os moitos votos perdidos da esquerda e do nacionalismo nesta batalla.

5 mar 2009

La opinión 4-3-09
Catedrático de Sociología
Fermín Bouza: ´Hay un 25% de gallegos que son más radicales que el BNG´

"No me explico cómo no se puso más empeño, incluso desde fuera del Gobierno, en hacer una buena campaña. Hubiesen ganado"

-Usted, en su blog, le reprocha al Gobierno de Touriño 'la frivolidad imperdonable de perder', cuando podían ganar.

-Es como cuando tienes un buen juego de cartas. Podían haber ganado, a pesar de sus problemas y de sus errores, y si no ganaron fue porque lo hicieron muy mal en la recta final. Todo el planteamiento de la campaña fue nefasto, mientras que el del PP fue efectivo. El PP, como la derecha en general, sabe desde hace siglos ganar y para ganarles hay que hacerlo muy bien. No me explico cómo no se puso más entusiasmo, incluso desde fuera del Gobierno, en hacerlo bien, porque si la campaña se hubiera hecho bien, hubiese ganado .
-¿Su fallo fue hacer una campaña presidencialista y no responder a las insidias del PP?
-Esas dos cosas son muy importantes. No desmentir los infundios -porque fueron verdaderos infundios del PP, a través del ABC, sobre todo, y de La Voz de Galicia-, no intervenir en una campaña negativa deja al que la hace el poder fáctico sobre el discurso del público. La única forma de combatir una campaña negativa es defendiéndose de las imputaciones y contraatacando y, si es necesario, con la misma negatividad. La campaña negativa está hecha para envenenar y tú no puedes salirte de ese marco. Y ellos hicieron una campaña limpia, tranquila? En Madrid, que es un observatorio fantástico, no ha salido nada que yo pueda decir que son acusaciones del Bloque y del Partido Socialista hacia el PP. Y mira que hicieron cosas en Galicia; si empezamos a tirar de ficheros fíjate la campaña sucia que se puede hacer contra el Partido Popular. No la hicieron y la han pagado.

ENTREVISTA COMPLETA
paixón oculta do escritor
Xenaro García Suárez propón o achegamento entre "letras" e "ciencias"
O autor presenta hoxe en Santiago un ensaio no que analiza a relación entre creación literaria e matemáticas
M. DOPICO . SANTIAGO. galicia hoxe 5-3-09

O ensaio de Xenaro García Suárez foi editado por Laiovento Ao longo da historia, as matemáticas e o que adoitamos entender por cultura camiñaron por vieiros diverxentes, de xeito que na actualidade persoas que se consideran cultas amosan un enorme descoñecemento en materia de matemáticas, mentres que outras formadas en ciencias a miúdo desprezan as letras e viven de costas a elas.
Achegar algúns elementos que puidesen servir de alicerce á reconciliación entre as "ciencias" e as "letras", a través de análise da relación entre as matemáticas e a literatura, é o obxectivo do libro Dos signos de Stendhal aos imaxinarios de Musil, do doutor en Filosofía e catedrático de matemáticas en Ensino Medio Xenaro García Suárez.

(Dedicado a Xoán da Coba)

Miradas Alleas (e VI)
MARCOS VALCÁRCEL
andoliña 4-3-09

Comentei na pasada semana os diferentes volumes da serie Miradas Alleas, publicada pola Xunta de Galicia. Faltaba dar conta do libro Borges dende o labirinto galego, encargado ó profesor Claudio Rodríguez Fer, autor de diversos traballos sobre o escritor arxentino, que foi sempre unha referencia viva tamén na literatura do lugués.Co mesmo título do libro publícase unha conferencia de Rodríguez Fer do ano 1999 cun seguimento detallado das conexións galegas de Borges: a súa ascendencia portuguesa, a súa presenza en Alfar e a da súa irmá Norah Borges nas revistas de vangarda galegas, a súa admiración por Rosalía, as súas relacións con Eugenio Montes, Blanco Amor, Seoane, Dieste, Francisco Luís Bernárdez, Valente, etc. Inclúense palabras de gabanza para Primitivo Rodríguez Sanjurjo, que segue totalmente esquecido, e detalles da súa visita a Compostela en 1964, acompañado de María Esther Vázquez, onde tivo como anfitrión a Ramón Piñeiro.

Un segundo ensaio do mesmo autor, Borges: escepticismo e fantasía, afonda nas claves da súa literatura. Algunhas delas, como o escepticismo esencial e o cultivo do xénero fantástico, achegan o mundo borgeano a riscos ben definidos da nosa personalidade cultural.
Os 300.000
BIEITO IGLESIAS ESCRITOR E PROFESOR, ECG. 5-3-09

Albert Boadella, canso de que no Principado trunfe sempre o catalanismo, pasou a morar alén dos Pireneus (sospeito que reside máis en Madrid que no Midi) e escribiu unha nota de despedida titulada "Adiós a Cataluña". Algúns amigos meus, que me chamaron consternados o domingo á noite, tamén andan a escribir o seu "Abur a Galiza", aínda que por motivos de índole profisional ou familiar non pasen a vivir de momento no norte de Portugal. Quedaron mancados non tanto polo resultado electoral como por unha campaña mediática que chegou a cultivar pérolas nacaradas: "Este país non pode ser refén de 300.000 nacionalistas". Querse dicir que o Bloque, na súa versión máis descafeinada (tanto que causou a decepción das súas bases), mobilizou os anticorpos dunha sociedade que non tolera veleidades galeguistas. Os apestados, que xa somos menos desde o reconto de papeletas, quizais debamos coller o andante. Apenas se notaría, despois de todo aquí os votantes desaparecen en masa nun cuadrienio sen que ninguén repare na falta. En 2005 había censadas 2.616.081 persoas e antonte tiñan direito a voto 2.311.584. Faltan trescentos mil, que non pereceron coa peste negra nin protagonizaron un éxodo repentino a outras partes de España; imaxino que foron expurgados do censo de residentes ausentes porque xa estaban mortos, como mortas están as máis das estrelas que divisamos no firmamento. Este dato explica o suposto incremento da participación, que non foi tal, de facto houbo incluso menos votos desta volta, aínda que aumentase a porcentaxe porque borraron os electores fantasmas.

A redución do censo é un recordatorio do declinio demográfico. Hai certa lóxica poética no feito de que os galegos se extingan canda as palabras da tribo e como as cotrolas que cantaban (co-to-lí, co-to-lí) sobrevoando as restrebas nas tardiñas veraneiras de antes.

3 mar 2009


Pedagoxía política
aFONSO Monxardín, g.h.-3-3-09. Debuxo de R. Patiño.

Un día, hai para aí vinte anos ou así, comezaba eu unha visita ao Parlamento británico cando unha vella desas de gafas picudas e plástico na cabeza para a chuvia se achegou onda un bedel e pediulle que lle fose chamar o deputado do seu distrito, que non sei que lle tiña que dicir. Entrementres nós subimos ao poleiro a tempo de ver como o subalterno entraba e libraba dun crispado discurso do reverendo Ian Presley a un deputado daqueles que estaban apertadiños nun escano e que parecía a espera do médico en día de feira en vila pequena. Aos dez minutos xa nós cheos de espectáculo, baixamos. E alí estaba a boa da señora rifando co seu representante, aceando co dedo índice, mentres el aturaba impasible, sentados ambos nun banquiño á entrada da sala.
Como anglófilo confeso pareceume preciosa e entrañable esa proximidade entre a rúa e o poder. Proximidade si, pero iso non quere dicir darlle a razón sempre á xente, demagoxicamente, pois ás veces a opinión pública convértese só nun perigo público. Como cando se mesturan sangue e sentimentos. Digamos o caso do asasinato da parella de gays de Vigo onde a opinión pública en forma de xurado público absolveu o inabsolvible. É preciso xulgar desde a lei e non desde os sentimentos, ideas e prexuízos. Para iso lles pagamos a profesionais. Non quero eu esa responsabilidade. E nos últimos tempos vexo os nosos políticos coxeando do pé de querer congratularse sempre coa xente que máis sae ou berra nos medios de comunicación.
Falemos claro. Coa dor das persoas debemos ser solidarios e punto. Pois temos a seguranza de que o puro sufrimento non é fonte inmaculada de sabedoría. Así, os pais das nenas asasinadas en episodios macabros non teñen por que ser recibidos polos presidentes de nacións. Esas persoas despois desas experiencias traumáticas desexan, loxica e humanamente aínda que non o digan, vinganza. Queren cambiar leis movidos só pola dor e esgazamento íntimo e non por coñecementos forenses. E non señores. Non pode ser. Que falen, que se desafoguen cos amigos, coa familia, -ou cos deputados provinciais se queren-, pero os presidentes dos estados non deben de andar ás cousas das dores íntimas e de circos mediáticos.
Hai que educar á opinión pública para facela máis responsable, máis esixente co poder, e non darlle a razón sempre e tratar de gobernar en función de Salsa Rosa.
Pasou o que pasou
andoliña 3-3-09
MARCOS VALCÁRCEL

É certo que esta foi a campaña máis sucia da historia da democracia en Galicia. É evidente que a dereita mediática, en Madrid e na Coruña, queimou as naves para chegar a isto. Pero o goberno bipartito non perdeu a Xunta por isto. Ou non só por isto, se prefiren.
Os máximos responsables socialistas e nacionalistas teñen que reflexionar. E escoitar máis a sociedade civil. Unhas cantas voces avisaron nos últimos tempos do desencanto de boa parte das bases sociais socialistas e nacionalistas, do impacto da crise económica fronte a unha administración demasiado distante, da incomprensión para a maioría dos votantes dunha xestión dual a costas do socio de goberno. "Mellor que mande un só, total todos van chupar", dicíame convencido un rapaz de menos de trinta anos. Ulo foi o voto xuvenil?
O peor do conto, para a xente de esquerda, é ter que aturar o nivel de interpretacións dos tertulianos das televisións. Onte mesmo, Fernando Ónega dicía que o PP en Galicia é algo así como un Partido Galeguista. Non sei se se refire ó mesmo partido que hai dúas semanas apoiaba cos seus cargos políticos unha manifestación contra a normalización do galego. Eu é que xa non lles entendo nada...
Canseira postelectoral
Afonso Vázquez-Monxardín, La Región 3-3-09

Quedeilles canso. Ir iría aos mitins pero daríame vergoña que me viran aplaudindo en todos e pareceríame descortesía estar alí, de estafermo, sen mover as mans, cando tanto se esforzaban uns e outros polo voto... pero tamén, aplaudirlles a todos, xa me dirán, parecería cousa dun cataventos e non é cousa. Mellor pois, non ir a ningún. Tampouco quedei canso por ir votar. Sempre é agradable saber que un ten na man un cacho do rabo da tixola. Non me gusta moito pero xa estou afeito a que che ripen o sobre da man para metéreno eles na urna... e iso que estou case seguro que certaría coa ragandixa, se me deixasen. Non me fartaron tampouco os debates da tele. Nin sequera me cansei do abouxe das megafonías pois xa non se estilan e todos podemos vivir cómodos nas casas sen que nos veñan furgar nas orellas con consignas.
Pero quedei canso de tanto esforzo ‘potencial’. Estes pedíronme que lles dese máis forza; eses lembráronme que miña forza movía o país; e aqueles lembrábanme que chegara o momento de esforzarse. Mi madriña! E como sempre, os lemas dos partidos maioritarios, radicalmente intercambiables. As vellas consignas ‘políticas’ tipo ‘A crise que a pague o capital’ ou ‘Orde e autoridade ante todo’ ou ‘Galicia ceibe, poder popular’, xa non venden. Cheiran a radical. A aceptación centrada do sistema por parte dos tres grandes fai que os xestores de propaganda política sexan tan intercambiables como os seus lemas. Vexamos. O de ‘dálle máis forza’, valía, claro, para calquera partido e incluso para unha nova marca de gasolina enriquecida, para un club de fútbol en busca de socios, para animar un boxeador en horas baixas, para a declaración da renda en favor da Igrexa Católica ou para motoserras Ojea. O de ‘a túa forza move o país’ é só constatación de que vivimos nun réxime democrático. ¡Claro que é nosa forza colectiva a que move o país! e logo quen ía ser? Tamén vale como anuncio de Caixa Galicia, de Mombús, do Banco Pastor, de Pescanova, do Citroën C-5 ou de xamóns Louriño. E de ‘Chegou o momento’, que lles vou dicir? Lembroume un camión que pon no parasol ‘Chegou o Antonio’. Pois si. Chegou o momento de: cambiar, seguir traballando, casar, divorciarse, pintar a casa, comprar un can, dos bombóns ferrero-roché; dos xelados de polo... Vale para case todo. Por iso, con lemas neutrais a xente vota con percepcións de medio percorrido, non por campañas puntuais. En fin, xa o dixera Pondal: ‘Os tempos son chegados dos bardos da idades que as nosas vaguedades cumprido fin terán’. Pois xa foi a cousa. Non lles sei como quedou pois estou escribindo en sábado. Que sexa para ben. Moitas felicidades aos gañadores e a traballar que ben cómpre e hai moito no que.

2 mar 2009

O DÍA DESPOIS



pOIS acertaron (acertamos) os que dicían que viña o lobo. Que podía volver a caverna, escribiu alguén…
Máis abaixo xa deron vostedes algunhas opinións sobre a derrota do bipartito. Tamén me parecen atinadas as de A. Baamonde e as de Suso de Toro.



Por desgraza, tamén pode ter razón Brétemas cando certifica a derrota da esquerda para toda unha xeración …

Fírgoas da cultura auriense
Marcos Valcárcel, lA región 2-3-09
Sociabilidade. O percorrido das pasadas semanas pola miña formación escolar quedaría incompleto sen facer referencia ó que se chama educación informal, aquela recibida, no meu caso entre 1968 e 1975, noutros espazos de sociabilidade cultural. Velaí o caso da Alianza Francesa, con sede no Progreso, enriba do quiosco do Clemente, nas épocas do Dr. Bravo Mateos. Alí ía a clases sendo eu neno e alí lembro ver eu documentais sobre a pintura francesas e cine galo en versión orixinal; a Alianza tamén organizaba moitas exposicións e concursos de debuxo e pintura, tamén para nenos e nos que participei. Eran os tempos ademais dos grandes torneos de xadrez no Liceo, con mestres internacionais dos países do Este: arredor dos dez anos houbo concursos de xadrez nos Maristas que eu seguía con paixón. Polas noites soñaba na cama coas xogadas das partidas, tal era entón a miña obsesión.
Misa en galego. Ás nove da mañá, na capela do Santo Cristo. Eu ía co meu pai e o meu irmán maior. A primeira misa en galego permitida era máis que unha misa. A fermosa capeliña barroca da Catedral convertíase nun templo da galeguidade. Nunca esquecerei a inmensa figura de Otero Pedrayo seguindo os oficios e de moitos outros galeguistas históricos. Rezabamos en galego e cantaba a Coral de Ruada. Máis dunha vez, eu moi novo, deixábanme subir ó carón do órgano que tocaba o fillo do mestre Vide. A capela refulxía a esas alturas e eu pasmaba mirando as Sibilas. Rematada a misa facíase, nas portas da Catedral, un breve faladoiro, cos Puga, Guitián, Monxardín, Anxo Martínez, Leuter, etc.
O meu tío Exmelin cantaba na Coral de Ruada, nos tempos do mestre e poeta Manolo de Dios, e iso permitíame ir a moitos dos seus concertos ou á fermosa Festa dos Amigos no inicio do verán.
Artistas. Tamén os domingos era bo día para acudir ás exposicións de arte. Era un costume tradicional en casa porque o meu irmán maior Félix tamén era pintor. Daquela era o Museo Arqueolóxico o centro das principais mostras e alí expuñan dende clásicos vivos como Prego de Oliver ata os artistiñas, xa ben recoñecidos, e tamén moitos novos artistas que empezaban: se a memoria non me engana, nomes como Iñaqui Basallo, Xosé Cid, Antón Pulido, Baldomero Moreiras, etc. A través do meu irmán puiden coñecer o estudo dalgúns destes artistas e familiarizarme cos seus xeitos de entender a arte.
A Agupación Cultural Auriense tivo un papel decisivo nesa educación informal e diso escribirei máis de vagar. Agora só quero lembrar que un dos meus primeiros contactos coa Auriense foi unha Festa da Árbore, no inicio da primavera, celebrada na parroquia de Velle. Escribo só de memoria. Tería que consultar o meu arquivo (agora non podo), pero de seguro andaban por alí Otero Pedrayo, Ferro Couselo, Xoaquín Lorenzo e quizais Manuel Blanco Guerra.

1 mar 2009


Retrato dunha época
Marcos Valcárcel, lA rEGIÓN 1-3-09

Ó pintor Xosé Conde Corbal debemos non só a mellor descrición en imaxes do noso patrimonio e do Ourense monumental, no volume ‘El Orense perdurable’, de Vicente Risco, senón tamén unha serie de retratos individuais e colectivos que, ensarillados entre si, dan boa conta da historia cultural contemporánea. O tempo urbano, pousado e estantío, quedou inmortalizado nos seus óleos, debuxos e gravados. Velaí esta peza súa, unha das máis coñecidas, porque está colgada na casa de María Andrea. Precisamente representa o exterior dese edificio e a Praza do Eirociño e, no primeiro plano, o faladoiro cultural auriense dos anos 50 e 60, de gran pluralidade ideolóxica.
De esquerda á dereita, participan nese conciliábulo de escritores, artistas e xornalistas, Xesús Taboada Chivite, Xoaquín Lorenzo, Xesús Ferro Couselo, Vicente Risco, o propio pintor e o xornalista Ánxel Huete.
Na primeira fila e na mesma orde, o escritor e humorista Gimeno, Leuter González Salgado, Ernesto Gómez del Valle, Antón Tovar, Arturo Baltar, Acisclo Manzano, Xosé Luís de Dios, Xaime Quesada e o crítico Luís Trabazo.

28 feb 2009

Xornada de reflexión
Quintana, seguro de si mesmo: "O PP quere destruírme, pero cando difaman o BNG avanza", di

galicia hoxe 28-2-09

"Cada vez que menten, o BNG crece. Cada vez que difaman, o BNG avanza", advertiu o cabeza de cartel nacionalistas, quen pediu ata o voto "da xente honesta de Galicia" que votou ó PPdeG e que "está escandalizada e arrepiada pola campaña de suciedade". "Pídolles o voto a todos os cidadáns de ben, ós nacionalistas e ós que non o son, ós que falan galego e ós que non", continuou e sentenciou que apela ó voto dos que "levan Galicia no corazón e que queren unha forza política propia que faga que se respecte" o país. Quintana advertiu de que Galicia "non pode ser un país falto de democracia", para o que receitou "votar BNG" mañá e garantiu que os nacionalistas están "dipostos a traballar nos momentos difíciles ó lado da xente, como sempre se caracterizou".
Xa pola noite, no último acto e co pavillón olívico ateigado de xente, Quintana sentenciou que "non chegamos ata aquí para parar" e chamoulle ó voto masivo. Parafraseando a Basilio Álvarez, o "cura amigo dos traballadores", reclamou "máis carbón" para que a "locomotora da liberdade e da democracia" arrancada hai tres anos e medio "siga camiñando".
"O 1 de marzo vai ser o auténtico Waterloo do señor Rajoy porque aquí empezou a derrota de Aznar tras o "Prestige", e aquí vai ser tamén o enterro de Rajoy"

"Quen di que en Galiza se persegue o español é un marciano"
E Beiras reapareceu no mitin derradeiro
O ex portavoz nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras, que se mantivo á marxe durante toda esta campaña electoral, decidiu onte sumarse a ela para despexar calquera tipo de dúbida sobre o seu apoio ó Bloque nestas eleccións galegas. Beiras estivo no último mitin do día maratoniano de Quintana, en Vigo.
CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ
Darwin en Galicia

en galicia hoxe 28-2-09

Miradas Alleas (V)
andoliña 28-2-09
debuxo de MASKA

En abril do 2002 recibín un convite insistente de González Tosar para asistir á entrega dos IV Premios Rosalía de Castro e á cea posterior en Fonseca. O amigo Luís subliñaba: vai estar Ernesto Sabato, que naquela hora superaba xa os noventa anos. Gárdolle moito respecto ó mestre arxentino non só polas súas novelas, senón tamén por breves ensaios recollidos en volumes como Páginas de E.S. seleccionadas por el autor, da editorial Celtia. Non me puiden negar e aló fun con Afonso Monxardín para participar naquela xornada emocionada arredor dun home fráxil e fatigado, que choraba ó escoitar a música das gaitas.
Na serie Miradas Alleas, Sabato está representado polo volume Palabras para Galicia, que recolle varios textos galegos do autor, sempre coa presenza rosaliana na cabeceira e a lembranza dos emigrantes galegos. González Tosar describe con precisión aquelas xornadas do escritor en Compostela e Padrón. Víctor Freixanes evoca un encontro co mestre na súa casa de Santos Lugares e o espectáculo dun teatro arxentino a rebordar aplaudíndolle durante quince minutos.
Lorenzo Varela, grande amigo de Sabato, é coprotagonista do libro, cun estudo de Gregorio Ferreiro e os Cadernos do Tortoni (2006).

27 feb 2009

E NON PODERÍA PASAR QUE ... ?
a campaña suxa do PP, sobre todo contra o BNG, anime a moitos votantes galeguistas, desencantados e que pensaban quedar na casa, a acudir a votar por fin o domingo?
De momento, a campaña pepeira está a darlles unha visibilidade ós nacionalistas, aínda que sexa á contra, que lle negaban os grandes medios.
Así o pensa Quintana e quizais acerte nisto.
pasquín do pp
repartido onte en Celanova

6QUERES QUEOAR SEN AS TUAS FINCAS?
BANCO DE TERRAS DE GALICIA
SE GOBERNA 0 BNG EO PSOE PODENCHE QUITAR AS TUAS TERRAS
E DARLLAS A OUTROS COA EXCUSA DE QUE NON AS TRABALLAS.
SE GOBERNA 0 BNG E 0 PSOE NON PODES VENDER E MERCAR
AS TUAS FINCAS L1BREMENTE.

(...)
Quen foi falar!
BIEITO IGLESIAS, ECG. 26-2-09

O Partido Popular e os seus abouxadores altavoces mediáticos insisten en dous argumentos descualificantes: os socialistas son señoritos peraltas que gastan o demo en cadeiras e autos oficiais; e os nacionalistas son caciques que converteron as consellerías ao seu mando en axencias de colocación dos correlixionarios. Sobre os gastos suntuarios -se é certo que os houbo- levan razón en denuncialos; mágoa que non acordasen antes, cando derretían o orzamento en Mausoleos da Cultura e auditorios nos que (unha vez que se esbarrúen polo desuso) axiña cantarán os grilos. No tocante ao enchufismo dou fe de que os populares contrataban a dedo porque fun testemuña desas prácticas, tamén non poño a man no lume polos novos gobernantes sabendo que todos pertencemos á humanidade caída no Edén. Ignoro se contrataron a 60 veciños de Cartelle ou a 6, como sostén Suárez Canal. Sería ben que estas "noticias" se acompañasen de nomes e apelidos para saírmos de dúbidas. En calquera caso, se estivese no lugar dos cargos do BNG, extremaría o rigor no acceso á función pública. Poría exames que incluísen a recensión (en perfecto galego) de tantiños libros: Ada ou o ardor, Luz de agosto, O oficio de vivir, Xente ao lonxe? Suspenderían todos cantos descoñecesen as obras de Nabokov, Faulkner, Pavese ou Blanco Amor. Logo pediríalles aos aspirantes a funcionario sinopses de certos filmes. O anxo azul, Confidencias, O terceiro home, A sala de baile, Sen perdón, etc. Por último avaliaríase un comentario ecfrástico sobre determinados cadros e esculturas: Alegoría sacra de Bellini, A tempestade de Giorgione, O gálata morrente do Museo Capitolino?. A saber cantos naturais de Cartelle pasaban a proba. Quizais quedásemos sen funcionarios, pero ninguén lanzaría acusacións de clientelismo.
Estou de broma, porque acabo de ler no Diario de Jules Renard que "O humor é a hixiene moral e cotiá do espiríto"
Realismo suxo de campaña
MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO, galicia hoxe 27-2-09

Xa saben vostedes que o realismo suxo é un movemento de creación literaria que propón nos seus textos unha certa sobriedade e parquidade no relativo sobretodo ao elemento descritivo, véndose a linguaxe enfiada dun xeito moi directo e descarnado, coloquial, rozando mesmo ás veces, como un efecto de expresividade artística, o indecente, o violento e o badoco ou indelicado. E velaí, por exemplo, o escritor cubano Pedro J. Gutiérrez, que non dubida en titular un dos seus contos Yo, revolcador de mierda, ou o mestre Charles Bukowski, autor de obras tituladas Fuck Machine ou Erections, Ejaculations, Exhibitions and general tales of ordinary madness. Pois ben, salvándomos adecuadamente as distancias e sobretodo por parte dalgúns dos seus protagonistas, a campaña electoral que hoxe remata moi ben poderiamos situala dentro da estética do realismo suxo. E do realismo suxo, por suposto, de baixa ou ínfima calidade; con expresións directas, si, mais ateigado dunha violencia expresiva baseada no infundio, na patraña, na argallada, no engano e na mentira. Con razón dixo Quintana, sen irmos máis lonxe, que o líder do PPdeG "está a facer a campaña máis suxa e rastreira que se recorda na historia política deste país". E até o presidente Touriño, que cualificou ao aspirante do PPdeG de "aprendiz de brujo", acaba de pedirlles aos cidadáns galegos que lle dean as costas a Feijóo pola súa "campaña suxa", xa que "quen non pode facer unha campaña limpa non pode gobernar de forma limpa Galicia". Xulguen vostedes mesmos. Porque o certo é que esta campaña electoral que hoxe remata pasará á historia, sen dúbida, polo seu realismo suxo de trazos extraordinariamente túzaros e grotescos, onde se baixou mesmo á difamación e onde os insultos á intelixencia dos electores brillaron coma nunca. E pobres os cidadáns galegos, que se ven sometidos a visitas de políticos de fóra, que falan dos problemas de fóra e que só pensan en si mesmos -mercaderes do voto- condenando a Galicia a ser unha simple e ás veces vulgar anécdota.

Miradas Alleas (IV)
MARCOS VALCÁRCEL
and0liña 27-2-09

No ano 1973, centenario do nacemento de Azorín, Xesús Alonso Montero publicou, na luguesa editorial Celta, unha colectánea de textos do escritor alacantino titulada Rosalía de Castro y otros motivos gallegos. Sobre esa base, revisada e ampliada, aparece agora Galicia (Paisajes, gentes, carácter, costumbres, escritores...), unha nova recolleita de textos azorinianos, preparada e introducida por Alonso Montero na serie Miradas Alleas, da Xunta de Galicia.
Só polos seus numerosos textos rosalianos, Azorín xa ten un lugar de honra nos galegófilos de orixe foránea. Ante o silencio ou o desprezo de tantas voces, Azorín reivindicou a nosa autora como un dos grandes poetas do seu tempo e amosou o seu respecto e admiración tamén por Manuel Murguía. No libro hai moito máis: a visión da paisaxe galega, dende os textos de Rosalía, dona Emilia Pardo Bazán e Valle Inclán; o seu entusiasmo pola música popular galega; palabras agarimosas para Lamas Carvajal; a súa exaltación da coroza, etc.
Moi oportuna esta volta sobre as páxinas de Azorín, ese filósofo do pequeno que mantén toda a elegancia da súa prosa, como ben subliñaron Vargas Llosa, Pere Gimferrer ou o noso Casares.

26 feb 2009


CAMILO NOGUEIRA
LUGAR DOS ROMANZINHOS
Desde o areal de Estorde
Escrito para o libro de homenaxe a Marcos Valcárcel


Desde o areal de Estorde onde Marcos, María e a súa filla Eire viven días do verán, par de Sardiñeiro, logo do estenso areal de Lagosteira avánzase cara a Fisterra e o mar aberto. Chegando ao Cabo contémplase a ría de Corcubión, o monte Pindo ao que convén subir para aquelar Galiza, a carón da Fervenza do Xallas en Ézaro, chegando as aguas xalleiras da planicie ondulada de Santa Comba, regando o secreto Mazaricos. Non se farta un de ollar a praia de Carnota, dividida pola Boca do Río, continuada por Lariño, antes do Louro e Muros, baixo o alto das Paxareiras e as terras debruzadas por Valadares e Suevos na ría da Noia do Tambre. Non lonxe a vista pode chegar ao Pico Sagro na terra de Santiago, e para alén os longos vales do Ulla e do Deza e desde a vista dos nevados picos do cordal oriental, cima de Ponferrada.
Desde o onde acababa o mundo vese a Curota dos cabalos no Barbanza, co Río Pedras desabando cara á Arousa da Illa e enxérgase no horizonte o milagre de Corrubedo coa praia do Vilar. A mirada préndesa na Sálvora de Vilagarcía, a Lanzada e a península do Grove, as Ons de Pontevedra e as Cíes entre a Costa de Soavela e Baiona, nos montes da Groba, terra dos petróglifos, nas alturas do condado de Toroño, riba dunha costa atlántica granítica, no meio Oia, como a da irlandesa Galway, entre o baixo Miño e a ría de Vigo e de San Simón. Desde o Monte da Alba e o Galiñeiro camiño de Tui, albíscase o cabo fisterrán. O curso miñoto xorde potente e calmo baixo o castro de Santa Tegra, alí como outra Ría Baixa. Vén o río do Ourense de Ramón Otero Pedrayo, depois de definir a Terra Chá e Lugo e antes de percorrer Arbo, Melgaço, Salvaterra, Monção, Tui, Valença, Tomiño, Vilanova de Cerveira, Caminha, A Guarda. Desde o Tegra a vista alóngáse a Moledo, Viana do Castelo, Vila do Conde. Viana é acariñada polo Limia de Xinzo, Entrimo e o Lindoso, bordeando polo Sur a Peneda de Castro Leboreiro, antes de Ponte da Barca e Ponte de Lima.
Tornando ao Cabo do mundo, mirando cara a Inglaterra, alén do Centolo e o San Guillerme, fronte ao Océano veñen a praia de Mar de Fóra e a Arnela. Camiñando polo areal de Rostro, envoltos pola natureza, no verán ou no inverno, con sol ou con chuva, co balbordo das ondas que baten sen parada, está Lires co río Castro e Nemiña, antes de Touriñán que discute a Fisterra a proximidade a América. Depois chega a Costa da Morte máis calada e asombrosa, Viseu, Moreira e Cuño antes de Muxía, Camariñas, o Cemiterio dos Ingleses, Trece subindo o areal até o cume do monte, Santa Mariña, o grande areal de Trava, Laxe, Ponteceso do Anllóns, Corme, as Torres de Mens e Ponta Nariga, Malpica e as solitarias Sisargas, para arribar á grandeza areosa de Razo e Baldaio en Carballo, perto de Caión, o mar ártabro coa Coruña da Torre, a ría de Ares do Eume e o cabo Prior onda Ferrol, antes de Cedeira e a Vixía Herbeira no alto cantil europeu do Ortegal, a ría de Cariño e Ortigueira, Estaca de Vares, O Barqueiro e desde o monte as Ribeiras do Sor, Vicedo, Viveiro e o Landro, Xove, Burela, Foz, San Martiño de Mondoñedo, as praias da Mariña e o Eo entre Ribadeo e A Veiga. Detrás ficaron As Pontes, Vilalba, Ferreira de Valadouro, Lourenzá, Mondoñedo, a Rañadoira, o Xistral.
O Cuiña ou o Mustallar nos Montes de Cervantes deixan adiviñar os cursos do Ancares e o Burbia baixando para Vilafranca do Bierzo, Pedrafita caendo o Navia antes de tornar por Becerreá camiño do mar, recollendo o Suarna de Fonsagrada e bordeando os Oscos, o Caurel e o destemido Lor, Trevinca co Tera abaixándose pola bacia glaciar en procura do Esla e dos arribes do Douro, Valdeorras e o Bibei do Sil, as Portelas e o Tuela baixando por Ermisende.
Fronte aos altos da Ribeira Sacra, entre Nogueira de Ramuín e mis os soutos de Santa Cristina, xorde Monforte e toda a Terra de Lemos cruzada polo Cabe desde o Incio das castiñeiras.
Desde Manzaneda o horizonte montañento das serras de Monte- sinhos, a Coroa, Larouco, o Xurés. O Arnoia de San Mamede, por Maceda, Baños de Molgas, Allariz, Celanova, achegándose ao Rio Pai.
De Ribadavia, cara ó Condado, a Serra do Suido enfrontando a Peneda, e collendo a vía do Ávia até o río virar á esquerda para a serra, ao Carballiño, o pazo de Trasalba, Oseira e desde alí as aguas do Bubal uníndose nos Peares.
Antes, en Monterrei, o Támega de Verín, Chaves e Amarante para deitarse no Douro de Lamego e Porto. É subindo cara ó norte, como na Ponte Romana todo é Minho.
Un mundo.
Extraído de vieiros.com, 26-2-09 (Galicia Hoxe)

Miradas Alleas (III)
andoliña 26-2-99
MARCOS VALCÁRCEL

Outro dos volumes da colección Miradas Alleas ocúpase de Julio Cortázar e Aurora Bernárdez, baixo o título Un (re)encontro con Galicia. Como é sabido, en decembro do 2005 Aurora Bernárdez, primeira muller do narrador arxentino, dooulle a Galicia un valioso fondo documental e audiovisual relacionado co escritor, que hoxe custodia o CGAI: o propio presidente da Xunta relembra no libro aquel suceso.
Sobre as relacións de Cortázar con Galicia xa escribiran Fernando Salgado e Francisco X. Fernández Naval. Neste volume fano Fernando Salgado, Nélida Piñón, Rocío San Claudio Santa Cruz e Camilo Franco, que entrevista a Francisco Porrúa, o editor galego do mestre arxentino. O volume está cheo de datos sobre o Cortázar destetado como escritor polos exiliados galegos, Seoane, Lorenzo Varela, Dieste e Arturo Cuadrado. Tamén sobre as súas viaxes a Galicia e as cartas que as describen: fermosísima esa imaxe en que o mestre di descubrir o misterio dos cancioneiros ó pé do pai Miño.
Todo o libro é ademais unha homenaxe ben merecida a Aurora Bernárdez, filla de masidaos e tan xenerosa co país. As imaxes publicadas fan do volume unha xoia para todos os cronopios do mundo