CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL: 1957
O artigo completo(Na imaxe superior, parte do Grupo Galaxia nos Ancares: Domingo García Sabell, Francisco Fernández del Riego, Celestino Fernández de la Vega, Ánxel Fole e Ramón Piñeiro)
Nace en Buenos Aires Follas Novas, librería e distribuidora do libro galego, da man de X.Neira Vilas e Anisia Miranda. E o Teatro Popular Galego de Blanco Amor. E a Editorial Citania. E libros como “Non agardei por ninguén”, de R. de Valenzuela; “Mito e realidade da Terra Nai”, de Xoán Rof Carballo; “A roseira da soidade”, de Antón Zapata García; a “Antoloxía Poesía Galega” de Galaxia, século XIX (Del Riego). O “Merlín” en castelán e a primeira parte de “Los gozos y las sombras” de Torrente. E “Literatura gallega actual” de Xavier Costa Clavell.
E nace tamén a colección Illa Nova en Galaxia. E publícase “Do sulco” de Xoana Torres, e “Voce na néboa”, de Ferrín, e o “Auto do taberneiro” de Manuel María.
Inaugúrase o monumento a Rosalía de Castro no Espolón de Padrón, realizado por José María Mateos, discípulo de Asorey.
Nacían Os Tamara e o Conservatorio de Música en Ourense, e Música en Compostela. Rodábanse tres películas en Galicia, entre elas “Camarote de lujo” de Rafael Gil (sobre un relato de Fernánde Flórez, e “Orgullo y pasión” de Stanley Kramer, que traía a Galicia a Cary Grant, Sofía Loren e Frank Sinatra.
Nacen, entre outros, Manuel Rivas, Bieito Iglesias, Ramón Caride, Ramiro Fonte, Antón Reixa, Alberto Avendaño, Gonzalo Navaza, Pilar Pallarés, Joâo Guisan, Xavier Queipo, Luísa Villalta, Francisco Leiro, Antón Patiño, Nancho Novo, Xosé M. Olveira "Pico", Xosé M. Piñeiro, Alberte Ansede, Xosé M. Pazos, Caetano Díaz, Paulino Pereira, etc. (vaia fornada de luxo!!).

.jpg)
.jpg)